Chegamos ao 3º trimestre!
Moi boas, nenos e nenas do cole de Carril. Como estades? Esperemos que vós
e os vosos familiares vos atopedes moi ben. Nós (o profe Avilés e o profe
Alejandro) estamos ben e con gañas de volvervos a ver, pero de momento
imos ter que esperar, xa que está situación de corentena todavía non nos
permite ir a escola.
Xa que polo de agora debemos ser pacientes e ficar nos nosos fogares sen
poder saír, vos queremos transmitir que non baixedes a garda en canto as
vosas gañas por facer actividade física e de seguir movéndovos. Recordade
que pronto volverá a normalidade e poderemos volver a xogar no parque cos
nos@s amig@s, nadar na praia, xogar un partido de fútbol, baloncesto,........
Por iso canto máis en forma vos atopedes, máis preparad@s estaredes para
cando chegue ese momento e poder disfrutar dunha carreira, dun pilla-pilla
ou do que teñades gañas de realizar.
Dende Educación Física queremos axudarvos con este propósito
actualizando semanalmente o noso enlace da páxina web do cole con
diferentes propostas de xogos, bailes, exercicios, etc que poderedes
realizar na casa. Animámosvos a que as fagades e as disfrutedes.
Moito ánimo e noraboa por estalo facendo xenial!!
Todo sairá ben!
Primeiro mostrámosvos un enlace con moitas actividades interesantes
que se poden realizar na casa e así poder acabar co aburrimento:
101 xogos divertidos
Proposta de traballo para a 1ª semana
- Kids workout 3 (21 minutos para seguir en forma):
https://www.youtube.com/watch?v=FNFYZ2n90RI
- Sesión de Ioga para nen@s 2:
https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk
- Coreografía da canción "Os minions":
https://www.youtube.com/watch?v=FP0wgVhUC9w
Proposta de traballo para a 2ª semana
- Educación Física na casa (exercicios varios), anímate
a facelos:
https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc
- Sesión de Ioga para nen@s 3 (posturas dos animais
do mar):
https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY
- Zumba para nen@s coa canción "Rockabye":
https://www.youtube.com/watch?v=dkH1nZkkNbY
Proposta de traballo para a 3ª semana
- Esta semana cambiamos un pouco o que viñamos facendo
ata o de agora, primeiro os profes de Educación Física
envíanvos un saúdo nos seguintes videos:
- E despois propoñemos un xogo parecido á oca que chámase
"MUÉVETEF PERO EN CASA", onde podedes participar sós
ou en grupo (máis divertido se sodes varios), que vos vai a
propoñer moitos retos .......... ¡¡¡ÁNIMO!!!

|