CLASE DE MÚSICA PLURILINGÜE EN INGLÉS

(Video presentación)
Os cursos de E.P. 4º, 5º e 6º forman parte da sección bilingüe do centro na materia de EDUCACIÓN MUSICAL, despois de 3 anos de experiencia musical en Inglés, os resultados non poden ser máis positivos.
Contamos este ano coa axuda da Auxiliar de conversación Marisa Pagan, que provén de Philadelphia. Lembramos tamén aos dous auxiliares previos, que nos axudaron a acadar o nivel co que contamos actualmente e que melloramos ano a ano; Angel Contreras de New York e Martin Drake de Newark.

A materia de música está centralizada na súa web www.ceipcarrilmusic.com onde podemos atopar moitos recursos para o desenrolo diario da clase. Por suposto todo en inglés.
Lembramos tamén o CD de audio que gravaron todolos alumnos de Primaria do centro xunto con algunha profesora. Aquí vos deixamos o link http://www.ceipcarrilmusic.com/2013/08/cd-ceip-carril.html
Non esquecemos que o Galego é a nosa cultura, e o que nos diferencia dos demáis, temos ben presente que o debemos coidar, empregar diariamente e defender. Asemade, agora o inglés, vainos permitir abrir o noso coñecemento e interacción como lingua vehicular en viaxes, intercambios culturais, interacción con extranxeiros que visitan a nosa terra, videochamadas con outros compañeiros de outros centros, pax web culturais e educativas na rede, etc.
QUÉ PERSIGUE A MATERIA DE EDUCACIÓN MUSICAL?
-
Ao rematar a Ed. Primaria, cada alumno, debe ter uns coñecementos elementais de:
-
Canto
-
Ritmo
-
Linguaxe musical
-
Instrumentos musicais
-
Cultura musical
-
Expresarse mediante instrumentos musicais sinxelos
-
Entender os parámetros do son
-
A percepción musical, discriminación de elementos propios do son
-
Outros

CÁNTAS HORAS TEMOS DE MÚSICA EN PRIMARIA?
-
Temos só unha sesión semanal de 55 minutos en total, o que supón 28 horas anuales de clase, así en toda a primaria, un alumno que asista a todas as sesións, terá unha formación de aprox 168 horas.
-
Como vedes, non é moito que digamos, máis na clase, optimizamos o tempo para sacarlle o máximo proveito.
QUÉ FACEMOS NA CLASE DE MÚSICA?
-
Posto que só temos 55 minutos semanais, temos que estar moi concentrados, máis iso non quere dicir que non o pasemos ben.
-
Centramos o material en traballar os puntos de interés:
-
PRIMEIRO TRIMESTRE: Autumn (4 sesións), Halloween (3 sesións), Thanksgiving (3 sesións), Christmas (4 sesións).
-
SEGUNDO TRIMESTRE: Winter (2 sesións), Day of Peace (2 sesións), Carnival (4 sesións), Easter (3 sesións).
-
TERCEIRO TRIMESTRE: Spring (4 sesións), Summer(4 sesións). Ao final do curso damos un repaso a todo o aprendido (3 sesións).
-
Cada sesión ten unha parte de:
-
Canto: cantamos a canción da celebración que toca (se é setembro, pois unha sobre o outono, se é febreiro pois sobre Carnaval). Isto nos leva sobre 10 minutos, máis na próxima sesión continuamos, posto que cada celebración traballámola durante varias sesións (3 ou 4 clases)
-
Copiamos a partitura sobre a canción (sobre 10 minutos).
-
Tocamos a canción coa flauta ou cos instrumentos escolares (este apartado nos leva uns 10-15 minutos).
-
Escoitamos un “listening” sobre Outono, Carnaval, Christmas, etc. con música ou historias referentes á cultura de cada celebración (a este apartado adicámoslle entre 5-10 minutos).
-
Por último facemos unha ficha para traballar elementos da linguaxe musical, cultura musical, instrumentos, etc.(8-10 min).
-
Se nos sobra tempo nalgunha sesión, xogamos a algún xogo musical na clase, no ordenador do profe (saíndo de un en un a resolver os problemas musicais de “Aprende música con Pipo en Inglés”, ou similares, ou ben a xogos como “hangman”, ou “I've got....who's got....?”).
-
Cada 3 sesións, unha 4ª, dedicámola a ir á sala de ordenadores, onde traballamos na web de música.
- Para a materia de Música as novas tecnoloxías son de gran axuda, o que nos permite maximizar o tempo.
PORQUÉ É TAN IMPORTANTE A MATERIA DE EDUCACIÓN MUSICAL?
Pois a resposta é ben sinxela; probablemente algo que inflúe nas nosas vidas dunha forma moi profunda. Prácticamente está entre nós tódolos días. Curiosamente consumimos música a diario. O coñecer cómo funciona, nos permite expresarnos ou facernos parte dela en determinados momentos das nosas vidas.
Platón o gran filósofo grego, consideraba a música algo tan importante como a linguaxe mesma. Parte imprescindible da educación da cultura clásica.
Non podemos negar, que empregamos a música para os nosos momentos máis alegres e tamén para os máis tristes, e en ambos, a música sempre nos axuda dalgunha maneira ou outra, non é así? Conocendoa mellor, nos coñecemos mellor a nos mesmos. Quén non quere música na súa vida?
Material IPAI e IPAD co que contamos:
- Piano eléctrico, guitarra clásica, frauta doce, varias unidades de carillóns soprano e alto, xilófono soprano, xilófono contraltodades, xilófono baixo, metalófono soprano, metalófono contralto, metalofono baixo, güiro, maracas, pandeiros, pandeiretas, triángulo, crótalos, caixa chinesa, axouxeres, claves, etc
Material de aula:
Cadeiras con reposabrazos, encerado pautado, espuma insonorizante antireverberacions, fichas didácticas de instrumentos musicais, etc

RECURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS
No aula de música empregamos habitualmente as novas texnoloxías para acadar uns obxetivos acorde coa realidade educativa e os plantexamentos de futuro en Europa; ademáis do piano electrónico cómo elemento de acompañamento, empregamos:
- Ordenador con proxección para recursos interactivos no aula: xogos musicais para os mais pequenos; Kita y su banda, Pipo música, etc.
- Editores de partituras electrónicas por ordenador co programa DENEMO.
- Proxeccións de videos musicais; La flauta mágica (Mozart), El lago de los cisnes (Tchaikovsky), El anillo de los nibelungos (Wagner), etc.
- Recursos auditivos para discriminación de sons.
- Etc.

Jose M. Navia é o profe de música do CEIP de Carril desde o curso 2004/05
-
Titulado Superior (licenciado) en Linguaxe Musical, Transposición e acompanamento.
-
Titulado Superior en Flauta traveseira.
-
Titulado Profesional en Piano.
-
Diplomado en Maxisterio Musical nas especialidades de Xeografía e Historia e Educación Musical.
-
Titulado (diplomado) en Gravación de Audio e Masterización.
-
Postgrado pola Universidade de Valencia en Sistemas de Audio e Sonorización.
-
C1 ISE III Proficiency en Inglés por Trinity London.
|