Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

Libros de texto

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a listaxe definitiva do Fondo de Libros así como a das axudas para a adquisición de material e libros de texto.

Os interesados/as poderán consultar o estado do seu expediente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/fondolibros accedendo á aplicación no menú "Cidadán", coa chave 365, ou ben, consultalo no taboleiro de novas que se atopa no interior do centro. 

A entrega dos libros, dos cheques de material e dos vales para a adquisición dos libros de texto será nas seguintes datas:

1º e 2º curso: martes, 5 de setembro

3º e 4º curso: mércores, 6 de setembro

5º e 6º curso: xoves, 7 de setembro

 

Excepcionalmente, no caso de ter varios fillos en diferentes cursos, poderán vir a recollelos xuntos en calquera das datas indicadas.

 

LISTAXE PROVISIONAL: FONDO LIBROS, AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias ,
Dende o día de hoxe, xa está publicada a listaxe provisional do Fondo de Libros así como a das axudas para a adquisición de material e libros de texto.
Os interesados/as poderán consultar o estado do seu expediente na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/fondolibros accedendo á aplicación no menú "Cidadán", coa chave 365, ou ben, consultalo no taboleiro de novas que se atopa no interior do centro.
As reclamacións serán admitidas ata o xoves día 6 de xullo ata as 12h

Distribuir contido

Back to top