Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

1º Ed. Primaria

Recollida de lixo pola nosa contorna

Primeira saída do trimestre!

Hoxe os máis pequenos de Primaria realizaron unha saída pola nosa contorna e foron ata a praia a recoller lixo. Traballaron ben duro e como premio, ata tiveron tempo para ir xogar ao parque. Bo traballos, peques!

Almorzos saudábeis

 O pasado 19 e 29 de xaneiro tivemos unha  actividade sobre os almorzos saudábeis  impartida  polos alumnos e alumnas do  obradoiro  de emprego  do concello de Vilagarcía.

 Aprendimos a importancia de almorzar ben  e,  sobre todo, de comer moita froita e non  abusar  da  bollería e os doces.

 Aquí van algunhas fotos da actividade............

 

 

 

 

 

 

Visita do pintor Paz Antón

 Nos primeiros días de decembro nos visitou o pintor  Paz Antón e explicounos o seu xeito de facer un  cadro.  

 Neste caso ensinounos como debuxar e pintar a Illa  de  Cortegada.

 Estas son as fotos desta actividade:

(picar na imaxe)

 

 

Saída a actividade do ciclo do pan

 A principios de novembro participamos nunha  actividade sobre a elaboración de masa para  facer  pan a partir das mazorcas de millo.

 En casa de Martín, a súa nai tiña todo  preparado  para debulla-lo millo, moelo, amasar, e finalmente  fritir para facer unhas boliñas de masa de pan de  millo que comemos sen deixar frangullas.

 Aquí van algunas fotos da actividade ........

(Picar na imaxe)

 

 

Samaín 2016

Como anos anteriores celebramos no colexio a festa do Samaín adornando a clase, disfrazándonos e comendo osos de santo. Eí van algunas fotos desta actividade nas aulas de 1º nivel:

 

 

Horto escolar (Curso 2015/16)

 

Chegou a primavera, e os alumnos e    alumnas de 1º saímos plantar leitugas no horto do noso colexio.

 

  - Se queredes botar unha ollada ao traballo        realizado, picar na seguinte imaxe............

 

 

Fotos 1º horto escolar 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top