Iniciar sesión: Acceso

cp innova cp inclúe e-dixgal Educación responsable EDLG Voz natura Plan dixital

Complementarias

Entroido 2024

O Cole de Carril hoxe vestiuse de cine para celebrar o Entroido!! 

Por aquí vos deixamos algunhas imaxes:

Álbum: Curso 2023-24 -> Entroido 24

8 DE MARZO

Co galo do 8M todo o centro traballou nun proxecto sobre "Mulleres de película". Investigamos sobre o papel da muller no cine, coñecemos a diferentes mulleres relacionadas con esta industria e elaboramos o noso propio mural con realidade aumentada para que todas as clases puideran velo. A maiores puidemos recibir a visita de diferentes actrices da contorna: Carla Rivas e Rebeca Solla (podedes ver as imaxes no blog da biblio ou nas nosas redes). Foi todo un pracer!

Os maiores de 5º e 6º foron os encargados de realizar un Escape Room guiado por Pancho e Flora (as mascotas da nosa biblio) por todas as clases e fixeron aos pequenos reflexionar sobre o papel da muller nas películas Disney.

*Fai clic na imaxe para acceder ao xogo:

 

Todas as clases foron implicadas na celebración desta data. Por aquí vos deixamos o Pasapalabra de Igualdade elaborado polo alumnado de 6º no que puxeron en práctica os seus coñecementos co Chroma así coma o novo vocabulario traballado ao longo deste curso:

DIA DE ROSALIA 2024

Desde o Equipo de Dinamización de Lingua Galega, celebramos a conmemoración do Día de Rosalía, 23 de febreiro, coa actividade "Rosalía Universal".

A idea foi facer unha compilación de fotografías de monumentos, rúas, centros educativos, bibliotecas... nas que se fai referencia á autora, comprobando así o alcance que teñen a súa figura e a súa obra.

A participación foi espectacular, tanto por parte do alumnado como do profesorado, o que agradecemos enormemente.

O resultado é, este marabilloso mural, no que así homenaxeamos a nosa autora máis universal. 

Ademais, para celebrar este propio día o alumnado de Ed. Infantil realizou esta pequena interpretación cos

seus debuxos da canción "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle. Por aquí vos deixamos o vídeo:

ENTROIDO DE PELICULA

O Cole de Carril hoxe vestiuse de cine para celebrar o Entroido!! 

Por aquí vos deixamos algunhas imaxes, fai clic nos documentos adxuntos para velas en maior tamaño:

  

   

  

 

 

                                       

 

Boa fin de semana!!!

CONCURSO TIC: PREMIAD@S

 

A profe Paula foi a encargada de entregar os premios aos gañadores do concurso TIC deste curso escolar dentro do proxecto viaxando pola cine.

Noraboa aos gañadores/as!!! 

DIA DA PAZ 2024

Resultados do mural colaborativo elaborado por todo o cole sobre a "PAZ NO CINE".

Cada clase escolleu a súa peli favorita para reflexionar sobre os seus valores ou frases típicas relacionadas coa paz.

Deixamosvos unha foto de como quedou:

 

A maiores, deixamosvos algunhas imaxes dos apadriñamentos lectores levados a cabo polo alumnado de 5º e 6º de Primaria cos máis peques do cole.

Contáronlle a historia de Wangari: a Primeria Muller africana en recibir o premio Nobel da Paz en 2004. 

Esperamos que vos gustara tanto coma a nós! FELIZ DÍA DA PAZ

   

O MELLOR COLE CON LUCES DO PLANETA!

 Queremos desexarvos Bo Nadal e unhas Felices Festas. Que este ano novo siga sendo de cine!

Lembrade que o día 8 de xaneiro, despois das vacacións, vos agardamos cos brazos abertos. 

XA CHEGOU O NADAL AO COLE!

Como ben sabedes, a inaguración das luces do cole foi todo un éxito!!

Moitísimas grazas ás familias que dedicáchedes un momentiño para pasarvos cos peques a velas pola tarde-noite. Temos moita sorte de contar coa vosa implicación. Deixámosvos por aquí un par de fotos para os que non as puidérades ver. Moitas grazas tamen a Gonzalo, pois foi el quen dedicou moitas horas a montar este espectáculo coa axuda dos profes e dos nen@s, e entre todos deixar o noso cole con este espírito tan bonito.

  

Deixámosvos tamen un vídeo da festa de fin de trimestre: Nadal Fest'24

Sesións de cine navideño, badaladas con gusanitos e moita festa!!!

Actividades complementarias e extraescolares

Durante este curso 2023/24 no centro vanse desenvolver unha serie de actividades complementarias e extraescolares:

  • Samaín/Halloween
  • Magosto
  • 25N
  • Nadal
  • Día da Paz
  • Entroido
  • 8M
  • Fin de Curso

"Viaxando polo cine" vai ser o eixe vertebrador en todas elas!

Distribuir contido

Back to top