Normas do comedor escolar
in
Normas de funcionamento e de convivencia do comedor escolar:
Marco lexislativo: Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.
- O alumnado debe respectar as Normas de funcionamento e de convivencia do comedor: aseo- saída da aula - entrada no comedor- condutas e hábitos durante a comida- recollida e saída.
- O incumprimento destas normas pode supoñer a baixa do Serviso de Comedor de forma temporal ou definitiva.
- Para calquera tema relacionado co comedor, deberán poñerse en contacto coa directora- responsable do comedor. Se non poden asistir, deberase comunicar no centro en horario de mañán e sempre antes das 10h.
NORMAS BÁSICAS DE CONVIVENCIA:
- O alumnado está obrigado a respectar aos compañeiros/as e ao persoal do comedor en todo momento, obedecendo e seguindo as súas indicacións.
- Será a coidadora a que controle o comportamento do alumnado que ten adxudicado e trasladará o caso á responsable de comedor cando se produza unha conducta non tolerada de forma reiterada.
- A directora ,ou na súa ausencia, outro membro do equipo directivo que a suplirá, supervisará e tomará nota das incidencias á familia.
ENTRADAS NO COMEDOR:
- O alumnado deixará as súas mochilas e demais pertenzas nos corredores segundo se lle indique.
- Deben ir ao baño e lavar as mans antes de entrar no comedor.
- O alumnado deberá entrar acompañado pola coidadora de xeito ordeado e sempre polas portas laterais ás 14:15h.
- Sentaranse correctamente no sitio que lle indiquen as coidadoras segundo criterios que faciliten o bo desenvolvemento do comedor.
DURANTE O SERVIZO DE COMEDOR:
- Por norma xeral, non poderán levantarse durante a comida e, ante unha necesidade, levantarán a man para que as coidadoras podan atendelos.
- Durante a comida, amosarán unha educación básica na mesa (postura correcta, uso axeitado dos utensilios, coidado e respecto do mobiliario e inxesta correcta dos alimentos).
- O alumnado será o responsable da reposición do material deteriorado por mal uso.
- O alumnado colaborará cun ambiente agradable, sen levantar a voz.
- Está prohibido xogar, tirar ou sacar a comida do comedor.
- O persoal do comedor coidará de que o alumnado tome dos tres pratos unha cantidade de alimento axeitada á súa idade, tendo en conta que o xantar é unha das principais comidas do día e a importancia na idade escolar para o seu desenvolvemento, prevención de enfermidades,etc.
- Poderán repetir a comida de calquera prato, sempre e cando teña rematado todo o do prato para evitar estragar os alimentos.
- Ao rematar, o alumnado permanecerá sentado no seu sitio, ata que a coidadora/responsable de comedor lle permita saír na súa compañía, de xeito ordenado e pola porta lateral que se lle indique, despois de deixar a cadeira colocada e a mesa ordenada.
SAÍDAS
- En primeiro lugar, sairá o alumnado transportado que se colocará en ringleiras (1 por cada autobús) no patio cuberto principal e sairán ordenadamente cando a directora llos entregue ás monitoras do 1º autobús; e así sucesivamente.
- A continuación sairá o alumnado NON transportado. As persoas autorizadas recollerán ao alumnado nas zonas de saída do comedor (alumnado de 4º,5º e 6º de infantil polo seu patio cuberto, 1º e 2º de Primaria; pola porta principal, e ao alumando de 3º,4º,5º e 6º de primaria polo portalón do patio). Só se permitirá ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria marchar só para casa, (con previa autorización firmada polos pais/nais/titores legais que deberá estar recollida na administración do centro).
- A custodia do alumnado de comedor remata ças 15:05h.
IMPORTANTE:
- Se unha nena/o, está tomando medicamentos, deberá organizar o horario de tomas para que non coincida co comedor.
- Se un neno/a ten que seguir unha dieta durante uns días, debe quedar na casa durante ese tempo.