Recursos para a Dislexia
Ola, ola!!
Se algo bo nos está a deixar esta crise sanitaria é a solidariedade da xente
que de xeito altruísta lánzanse a axudar
aos veciños máis maiores,
a fabricar máscaras, a repartir alimentos…
Son moitas as empresas e editoriais que tamén
estes días están a colaborar coa apertura de contidos
e recursos didácticos para que os nosos nenos e nenas
poidan aprender de maneira lúdica.
Hoxe, gustaríame presentarvos unha serie de recursos axeitados
para o traballo da dislexia.
As cifras estiman que aproximadamente un 10% dos nosos nenos e nenas
presentan dislexia pero que, lamentablemente aínda non o saben.
Pero…Que é a dislexia?
O actual manual diagnóstico DSM-V establece que é un
trastorno da aprendizaxe ligada á lectoescritura,
de carácter persistente e específico
que se da en nenos que cunha intelixencia
dentro da media e sen ningún tipo de alteración física,
psíquica ou sociocultural que o xustifique.
Un dos recursos máis empregados,
e que agora podemos probalo
de maneira gratuíta durante 15 días chámase:
Se premedes sobre a imaxe, enlazaravos cunha páxina web
onde teredes acceso a unha ferramenta validada cientificamente
para a mellora das habilidades de escritura e lectura a través de xogos.
O novidoso deste recurso é que tamén conta
cunha pequena proba de cribado (screening)
que che permitirá coñecer o risco de presentar
dificultades de lecto-escritura.
** Cómpre dicir que para recibir unha diagnose de
Dislexia, será necesario levar a cabo o proceso de
Avaliación Psicopedagóxica por parte do
Departamento de Orientación ;)**
Outro recurso sería o elaborado polas creadoras
da páxina web “Aulapt.org”, onde podedes atopar distintos xogos
para traballar a conciencia fonolóxica,
detección de erros, discriminación de fonemas…
Preme sobre a imaxe:
E se queres saber máis sobre esta dificultade de aprendizaxe….
Podes acceder a páxina web www.ladislexia.net
Onde ademais de información, atoparás recursos para imprimir específicos
para a dislexia.
Apertas mil!
#Euquedonacasa
#Todovaisairben