Skip to Content

SAMAÍN 2023 NO COLEXIO

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> SAMAÍN 2023

Onte celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Por exemplo, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade e neste martes (que non era 13) tocaba disfrazarse. Bótalle un ollo as imaxes de enriba!

Durante toda a mañá, por clases, tamén fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante. preme aquí para velo!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CON PRAZAS

Informámosvos de que dende hoxe queda pechada a inscripción a Baile moderno e de que a actividade de robótica queda suspendida por falta de inscritos.

Aínda hai prazas en ballet e fútbol sala, máis info AQUÍ

SE NON A TES NO TEU MÓBIL, INSTÁLAA!


O CEIP Raquel Camacho, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, sérvese de abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AS UVAS DA PARRA DO RAQUEL CAMACHO 6º B EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> UVAS 6ºB EI

No comenzo do outono fomos ver se, os paxariños e outros bichiños, deixaran algunhas uvas na parra do noso colexio. E si, quedaban!!! Ummmmm!!!!Que boas!!!! Deixáronnos larafuzas, mans tintadas e algún que outro pantalón tamén!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut