Skip to Content

CAMBIADORES E CUSTODIA

Infórmase de que non haberá servizo de cambiadores nin custodia xa que non se acadou o mínimo de dez usuari@s inscrit@s.

Quen precise algún destes servizos deberá inscribirse antes do 25 de cada mes, tendo en conta de que só se ofrecerán estes servizos no caso de haber mínimo dez usuari@s inscrit@s.

Máis info e prezos aquí.

Inscripcións: Arume 986 45 30 40 / 630 36 38 44 ou contactar no mail

info@arumeservicios.es

 

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE 2023-24

Velaquí toda a información para solicitar as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/2024. Preme na seguinte imaxe:

Se tes algunha dúbida, contacta co Departamento de orientación do colexio no enderezo: ramonparis@edu.xunta.com ou chamando ao teléfono do colexio: 981 25 71 54.

OLLO!

O prazo remata o día 20 de setembro. Pero non agardes ata o último día porque cumprimentar a solitude non pode facerse nun día.

CÓXEGAS SETEMBRO 2023

Do 1 ó 5 de setembro ás 23:59 está aberta a inscripción en CÓXEGAS, programa de actividades de luns a venres de 16h a 18h.

CÓXEGAS será do 11 setembro e rematará o 29 do mesmo mes, xa que en outubro comenzarán as actividades extraescolares ordinarias (Aínda non está aberto o prazo de inscripción).

Este ano CÓXEGAS custará 15€ e os beneficiarios da bolsa comedor terán un desconto do 50% (pagarán 7'5€).

Ademáis aboaranse unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes que cubrirá tódalos programas xestionados pola Federación de ANPAs no curso 23-24. 

O enlace para inscribirse é este: 

http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Contacto para dúbidas:

inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

ou nos teléfonos 649055939 – 698158503

COMEDOR/MADRUGADORES 2023-2024

 

Se necesitas o comedor/nadrugadores uns días fixos da semana o servizo debe contratarse antes do día 25 de cada mes, as persoas que se apunten fóra dese prazo pagarán (tanto becados como non becados) a tarifa de servizo esporádico polos días que vaian ó comedor os días do 25 ó 30/31 dese mes máis todo o mes seguinte.

INSCRICIÓN COMEDOR:

Para inscribirse farase a través da App Colechef. Terás que rexistrar @s nen@s na app cos datos persoais e os do centro: CEIP RAQUEL CAMACHO / ANPA LA ESPERANZA. CÓDIGO DE CENTRO: ESKRL0NF42. Instrucións detalladas AQUÍ.

INFORMACIÓN IMPORTANTE E PREZOS AQUÍ.

@s nen@s que teñan algunha dieta especial teñen que enviar un correo a info@arumeservicios.gal co certificado médico adxunto conforme ten esa alerxia ou intolerancia.

Os criterios de admisión aplicados son os memos que os cursos anteriores:

1) Conciliación: @s que necesiten praza no comedor por motivos laborais terán que subir os xustificantes laborales ACTUALIZADOS d@ nai e pai ao formulario de alta de soci@ do Anpa, conforme traballan nese horario e non lles é posible recoller @s nen@ do Colexio.

2) Orde de inscrición: iranse adxudicando as prazas na orde de inscrición na aplicación Colechef, previa inscrición como soci@ do Anpa.

Para calquera dúbida referente ó comedor podedes chamar ao teléfono de Arume 986 45 30 40 / 630 36 38 44 ou contactar no mail info@arumeservicios.gal.

Para dúbidas sobre a App Colechef contactar co número de teléfono 942420018 ou no mail soporteapp@colechef.com.

Recordamos que para darse de alta en calquera servizo que oferta Arume (comedor, madrugadores...) hai que ser soci@s da Anpa (formulario de alta).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut