Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

CONVIVENCIA CEIPS DE PONTEVEDRA - CEIP DE QUIROGA:

CENTROS PARTICIPANTES NA CONVIVENCIA:


- CEIP SANTO ANDRÉ DE XEVE (PONTEVEDRA)


- CEIP PARADA - CAMPAÑÓ (PONTEVEDRA)


- CEIP SAN BENITO DE LÉREZ (PONTEVEDRA)


- CEIP DE QUIROGA (LUGO)


O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP de Quiroga visitou ao alumnado dos anteriores centros de Pontevedra os dias 24 e 25 de maio de 2011. Quedaron impresionados co Castelo de Soutomaior. Para ver as fotos da súa estancia en Pontevedra preme no seguinte enlace:


FOTOS EN PONTEVEDRA


Por outra banda, o alumnado de 5º de Educación Primaria destes centros pontevedreses visitaron Quiroga os días 8 e 9 de xuño de 2011. Visitaron a Devesa de Rogueira, Vieiros e A Seara o día 8 de xuño e, o dia 9, foron ver Montefurado e o Muiño de Aceite de Bendilló. Pra ver as fotos preme no seguinte enlace:


FOTOS EN QUIROGA


 

PROXECTO "AS CEGOÑAS" - EDUCACIÓN INFANTIL

Durante o 3º trimestre o alumnado de Educación Infantil, xunto cos seus mestres/as, están traballando nun proxecto que ten como tema central as cegoñas.



Ademais de traballar con fichas na aula, no encerado dixital ... tamén realizamos unha visita a ver as cegoñas que nos visitan en Quiroga e tamén elaboramos un conto chamado "As cegoñas de Santa Marina" en Powerpoint, narrado polo alumnado de 6º de Educación Infantil:


- Conto: As cegoñas de Santa Marina.


- Visita ás cegoñas en Quiroga.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2011 - 2012:

Lugar de presentación: Nos centros docentes onde estea matriculado o alumnado.


Prazo de presentación: Para Educación Primaria: do 1 ao 30 de xuño, ambos inclusive.


Solicitudes e documentación:


- Solicitude para imprimir (en PDF)


1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato pdf.



Unha vez cuberta a solicitude deberán presentala, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.


A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.


2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación a fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.



a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.



No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2009, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:




  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

  • Certificado ou volante de convivencia.

  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.


b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2009:




  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.


c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.


3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.


4. O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.


Contía das axudas:


- Familias monoparentais:


    . Renda per cápita famliar ata 6.000,00 Euros: 170 Euros.


    . Renda per cápita familiar desde 6000,01 ata 9000 Euros: 90 Euros.


- Resto das familias:


    . Renda per cápita famliar ata 5.400,00 Euros: 170 Euros.


    . Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000 Euros: 90 Euros.


Terase en conta a situación persoal e famliar en 31 de decembro de 2009 e o exercico fiscal 2009. Para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 455 e 465 da declaración.

VISITA DE PERSOAL DA GARDA CIVIL - SEPRONA:

O pasado venres, día 27 de maio, tivemos a sorte de contar no noso centro coa visita de persoal da Garda Civil - SEPRONA. Realizaron unha actividade didáctica co alumnado do noso centro mediante a presentación de temas medioambientais con viñetas e a ocasión de ver en directo os medios e recursos cos que contan para o seu traballo diario. Foi moi emocionante subir nas súas motos e nos seus coches e escoitar a sirena!!!


Para ver as fotos preme na seguinte imaxe:


 

FESTIVAL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Os nenos e nenas do CEIP de Quiroga fixeron distintas actuacións no Auditorio Municipal para conmemorar o Día das Letras Galegas que, como ben sabedes, neste ano 2011 se lle adican a Lois Pereiro. A continuación tedes dúas imaxes deste autor e premendo nelas poderedes ver as fotos e o video do Festival. Esperamos que vos guste!!!!


                                                                 


                       FOTOS                                                                 VIDEO

SIMULACRO NO CEIP DE QUIROGA

A Dirección do CEIP de Quiroga informa que nesta semana se realizará un simulacro no noso centro. Pídese ao alumnado que observe a cor do círculo da aula na que están nese momento e saian seguindo as frechas desa cor e saian en orde sen correr. A zona de concentración será a pista polideportiva.

2ª EMISIÓN DO PROGRAMA DE RADIO: O ECO DO COLE

O mércores 4 de maio e o venres 6 de maio emitirase o programa de radio feito polos nenos e nenas do CEIP de Quiroga. Pódese sintonizar na frecuencia da Radio Municipal de Quiroga (107.3)ás 17:30 horas. Esperamos que sexa do voso agrado. En vindeiros días será subido á páxina web do noso cole para poder ser descargado e escoitado por todos.


Distribuir contido


by Dr. Radut