Skip to Content

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2011 - 2012:

Lugar de presentación: Nos centros docentes onde estea matriculado o alumnado.


Prazo de presentación: Para Educación Primaria: do 1 ao 30 de xuño, ambos inclusive.


Solicitudes e documentación:


- Solicitude para imprimir (en PDF)


1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato pdf.



Unha vez cuberta a solicitude deberán presentala, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.


A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.


2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación a fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.



a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.



No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2009, non coincide coa reflectida no libro terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:




  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

  • Certificado ou volante de convivencia.

  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.


b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2009:




  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,

  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.


c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.


3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.


4. O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.


Contía das axudas:


- Familias monoparentais:


    . Renda per cápita famliar ata 6.000,00 Euros: 170 Euros.


    . Renda per cápita familiar desde 6000,01 ata 9000 Euros: 90 Euros.


- Resto das familias:


    . Renda per cápita famliar ata 5.400,00 Euros: 170 Euros.


    . Renda per cápita familiar desde 5400,01 ata 9000 Euros: 90 Euros.


Terase en conta a situación persoal e famliar en 31 de decembro de 2009 e o exercico fiscal 2009. Para os efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 455 e 465 da declaración.

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut