Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

HAPPY SAINT PATRICK´S DAY!

Para celebrar o día de San Patricio os nenos e nenas de segundo creamos unhas postais con forma de leprechaun uns duendes de orixe irlandesa que, segundo conta a lenda, teñen unha pota de ouro agochada no final do arco da vella! Agardamos que vos gusten!

BYE, BYE WINTER!

Para despedir o inverno, nas clases de plástica bilingüe en primeiro e segundo de primaria creamos unhas mittens (manoplas). Para iso, empregamos dous anacos de papel charol de cores diferentes e fómolos trenzando como se calcetaramos con la de verdade! Agardamos que vos gusten!

 

2 DE ABRIL: DIA MUNDIAL DO AUTISMO

Con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o

DÏA DA POESÍA: UN TERRITORIO DE POESÍA

BOAS NOTICIAS NO ANO DA COVID19 (SEMANA DA PRENSA)

A semana do 8 ao 12 de marzo os centros educativos conmemoramos a Semana da prensa. Coincidindo co aniversario do comezo dun dos anos máis difíciles que recordamos, o alumnado do CEIP de Quiroga fixo unha recompilación de boas noticias cheas de alegría e esperanza, porque este ano tamén houbo boas novas! Premede na seguinte imaxe para ver o xornal.

ROSALÍA´S POP ART

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Para homenaxeala os nenos e nenas de primeiro e segundo nas clases de plástica bilingüe coloreamos retratos seus con estilo "Pop art". Despois, compuxemos un mural con todos eles. Agardamos que vos guste!

 

WINTER SNOWGLOBE

Aquí tedes o resultado da proposta de plástica para primeiro e segundo da semana pasada. Grazas a todos por enviarnos desde a casa os vosos "Winter Snowglobe" (bólas de cristal invernais). Agardamos que o pasarades ben facéndoos! Quedaronvos xenial!

WINTER MANDALA

Durante o mes de xaneiro nas sesións de plástica bilingüe en primeiro e segundo de primaria, coloreamos winter mandala (mandalas de inverno). Para iso, empregamos winter colors (cores frías) e aproveitamos para repasar o seu nome en inglés (blue, grey, purple, green...). Agardamos que vos gusten!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut