Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO


 


 


 


316bee0faac53942b501e33f8491fee9 RECURSOS PARA O DÍA DO LIBRO para imprimir y descargar

8 DE ABRIL - DÍA DO POBO XITANO

O 8 de Abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano. No noso cole aproveitamos esta ocasión para coñecer aspectos culturais dos nosos compañeiros e compañeiras e participamos en distintas actividades dirixidas pola nosa Orientadora Rocío. Tivemos a sorte de contar cunha representación do colectivo xitano que viven no Concello de Quiroga e pasamos unha xornada moi divertida con eles. Cantaron e bailaron e contáronnos aspectos da súa cultura e tradición. A continuación poderedes ver as fotos premendo no icono do pobo xitano e un video sobre esta celebración.


      




O pobo xitano leva convivindo con nós máis de 500 anos, pero seguen a ser os grandes descoñecidos. Eles están en contacto permanente coa nosa cultura, aprenden sobre os nosos devanceiros celtas, romanos, etc. pero... qué sabemos nós da súa orixe? Máis ben pouco.
Aquí vos deixos información por se vos interesa ou é de utilidade:


 - HISTORIA DO POBO XITANO


 - VIDEOS SOBRE O POBO XITANO




POR QUE CELEBRAMOS O DÍA 8 DE ABRIL O DÍA DO POBO XITANO?
O 8 de abril os principais ríos do mundo levaron no seu leito miles de flores:


-O Ganges na India.
-O río da Prata en Arxentina
-O Miño en Lugo e en Romanía
-O Sena en Francia
-O río Jordán en Israel
-O río Ripoll en Barcelona
-Etc.

Esta ceremonia chámase CERIMONIA DO RÍO. Desta forma todos os xitanos e xitanas do mundo conmemoran o aniversario da súa saída de Punjab (India).
Así o 8 de abril miles e miles de xitanos e xitanas reúnense nas beiras dos principais ríos do mundo, de América a Australia e de Asia a Europa para lanzar ao auga flores e velas en recordo dos seus devanceiros que abandoaron a India buscando un futuro mellor e aqueles que tiveron que sufrir na súa propia pel u odio e os ataques por motivos racistas.
A ceremonia do Río reúne nun mesmo acontecemento a celebración do inicio do camiño e o recordo do todos aqueles que padeceron as dificultades deste longo traxecto.


No colexio fixemos unha simulación desta cerimonia pegando flores nun mural cun gran río. Cada un dos nenos e nenas pegou a súa flor simulando lanzala ao río. Despois cantamos a canción "El alma no tiene color" de Antonio Carmona. Se queredes descargala premede no seguinte enlace:


"EL ALMA NO TIENE COLOR"

SAÍDAS NO 2º TRIMESTRE:

EDUCACIÓN INFANTIL


Despois de ir a moer o trigo ao muíño fariñento de Soldón de Sequeiros os nenos e nenas de Educación Infantil, xunto cos seus mestres e mestras, tocounos amasar a fariña xunto coa auga, o sal, o formento e a levadura. E poidemos coller a tódolos nenos e nenas coas mans na masa, para velos so tedes que premer na seguinte imaxe:



1º CICLO ED PRIMARIA


Visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte de lemos e outros lugares de interese. Para ver as fotos premede na seguinte locomotora:



2º CICLO ED PRIMARIA


Os nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Primaria, xunto cos seus mestres Pepe Pol, Carmen Neira e Santiago Pérez, visitaron a cidade de Monforte de Lemos o venres 8 de abril de 2011. Para ver as fotos preme na imaxe de máis abaixo:



3º CICLO ED PRIMARIA:


Os nenos e nenas do 3º ciclo de Educación Primaria visitaron o pasado 7 de abril de 2011 a cidade de Ourense, xunto cos seus mestres e mestras, Ana Mª Núñez, Javier Gómez, Teresa Gallego e Rocío Méndez. Para ver as fotos preme na seguinte imaxe:



 

VISITA DE PEPE CARREIRO - AUTOR DE "OS BOLECHAS"

O pasado mércores visitounos no noso colexio o autor de "Os Bolechas", Pepe Carreiro, quen nos explicou como realiza os seus debuxos e aprendemos moito con él.


Esta actividade foi realizada na Biblioteca do centro e foi facilitada pola familia de Xabier Artime, alumno de 1º de Educación Primaria, a quen llelo agradecemos moito.


Para ver as fotos preme na portada do seguinte libro:


EDUCACIÓN INFANTIL:

Os nenos e nenas de Educación Infantil acompañados polos seus mestres: Mª José, Margarita. Ana Isabel, Vicente e a coidadora Marga, visitaron un muiño fariñento en Soldón de Sequeiros, propiedade de Luis Vicente Arias "Cañero" e pasámolo moi ben. Vimos como o trigo se convertía en fariña, como se separaba a fariña do salvado, etc. Para ver as fotos preme nesta imaxe:



Nesta semana tamén celebramos os aniverasrios dos nenos e nenas que cumprían anos neste segundo trimestre. Para ver as fotos preme no seguinte icono:


ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO 2011-2012:

Recordamos a toda a Comunidade Educativa que se atopa aberto o prazo para solicitar a admisión de novo alumnado para o curso 2011-2012.


Acudan ao CEIP de Quiroga en horario de 12 a 13 horas, de luns a venres.


 

HISTORIA DA MULLER EN GALICIA CONTADA POLAS NENAS DE QUIROGA

O día 8 de marzo conmemórase o día Internacional da Muller, no centro celebrámolo o 11 de marzo. O Departamento de Orientación e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaboraron un vídeo sobre a historia da muller galega ao longo do tempo, dende as mulleres druídas ata a actualidade. Para que fose posible, contamos coa colaboración das rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria que aportaron as súas voces para as diferentes mulleres.


VÍDEO HISTORIA DA MULLER GALEGA


 


Despois de ver o vídeo realizamos diferentes actividades:
- Educación Infantil e o 1º ciclo fixeron actividades elaboradas no centro co LIM sobre a historia da muller galega.

ACTIVIDADES LIM INFANTIL

ACTIVIDADES LIM 1º CILO

ACTIVIDADES LIM 2º E 3º CICLO

- De 3º a 6º de Primaria os alumnos e alumnas participaron nunha carreira de orientación polas instalacións do centro, na que os alumnos tiñan que ir atopando tarxetas con preguntas sobre o vídeo que tiñan que contestar para poder proseguir buscando tarxetas.

8 DE MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén coñecido como Día Internacional da Muller, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que celebran os grupos femininos en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de tódolos continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.



O mércores, día 2 de marzo, dúas integrantes do CIM (Centro de Información á Muller), Marisa e Lucía, levaron a cabo un obradoiro titulado "Mulleres do mundo na actualidade", que tratou de ofrecer unha visión da muller actual, facendo un percorrido pola biografía de diversas mulleres actuais destacadas nos máis variados ámbitos da sociedade. Se queres ver as fotos preme no seguinte enlace:


Distribuir contido


by Dr. Radut