Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

Fotos deste Nadal 2011:

I Programa de Televisión: TVR CEIP DE QUIROGA

Informamos a toda a Comunidade Educativa que o I Programa de Televisión e Radio CEIP Quiroga se emitirá o próximo venres 23 de decembro ás 20:20 horas e se repetirá o sábado 24 de decembro ás 15:00 horas aproximadamente. Todos aqueles que non poidan velo poderán descargalo ou velo directamente na nosa páxina web no mes de xaneiro.


Unha aperta de todo o EDLG e disfrutade do programa.

Os nenos e nenas de Infantil falan con Papa Noel

Os nenos e nenas de Educación Infantil falando con Papá Noel a través dunha videoconferencia e tamén salimos na Televisión Española en directo en "La mañana de la 1", reportaxe que podedes ver no seguinte reportaxe:


- TVE: La mañana de la 1: "Papá Noel a distancia"

Recursos Apalpador - CEIP de Quiroga

Este ano queremos que o noso alumnado coñeza a figura do Apalpador, un xigante carboeiro que vive nas serras do Courel e dos Ancares que baixa na noite do 31 de decembro para apalpar as barrigas aos nenos e nenas para ver se están ben mantidos e deixalles castañas e xoguetes de madeira feitos por él.

- Recursos para traballar co Apalpador (no blogue do EDLG)

- Video "O Apalpador":

 

20 ANOS DE EDLG, 20 EXPERIENCIAS

Este ano celébrase o vixésimo aniversario da creación, en todos os centros educativos de primaria e secundaria de Galicia, dos actuais equipos de dinamización da lingua galega. O amplo traballo realizado polos equipos durante estas dúas décadas permitiu alcanzar dous obxectivos fundamentais: por unha banda, promover unha imaxe positiva do galego e, por outra, favorecer a visibilización e o uso do idioma nas actividades do centro. Por este motivo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere celebrar os seus 20 anos de existencia, de ilusión e de esforzo compartido mediante dúas iniciativas. En primeiro lugar, unha exposición de revistas elaboradas polos equipos desde o inicio da súa andaina, que pode visitarse do 15 de decembro 2011 ao 15 de marzo de 2012 no Museo Pedagóxico de Galicia. En segundo lugar, a conmemoración deste aniversario complétase cunha mostra virtual de 20 experiencias dinamizadoras, entre as que se atopan diversas propostas actuais para todas as etapas educativas. A través destas dúas iniciativas convidámosvos a celebrar conxuntamente o aniversario dos equipos e a homenaxe ao seu traballo.


Entre estas experiencias está incluido o noso programa de radio "O eco do cole" preme no seguinte enlace:


A web da CRTVG incorpora novos xogos á súa sección infantil

A CRTVG continúa a estar comprometida nos seus contidos cos máis pequenos da casa. Ademais da importante presenza de programación infantil na tvG2, cómpre destacar a sección “Infantil” que inclúe a páxina web do ente público galego e á que desde agora se incorporan tres novos xogos relacionados coa serie de debuxos “Contos do Camiño”. “Crebacabezas”, “Choiva de Ladrillos” e o xogo do “Aforcado” son as novidades que xa están operativas na web (http://www.crtvg.es/infantil/xogos).

 “Crebacabezas” é un xogo de habilidade que convida a crear unha figura dun debuxo de fondo, utilizando os diferentes anacos situados á esquerda da pantalla. Precísase combinalos ata completar a imaxe, axudándose dun potente imán para trasladar as pezas. En “Choiva de ladrillos”, o porquiño máis vello quere facer unha casa. Como para construír un fogar resistente non se poden empregar nin paus nin pallas, precisará axuda para recoller ladrillos para poder levar a cabo o seu traballo e evitar así a entrada do lobo. O tradicional xogo do “Aforcado” vai permitirlle aos rapaces aprender os nomes dos animais. Contarase con sete oportunidades para acertar o nome.

 A sección “Infantil” na web da CRTVG púxose en marcha en xullo deste ano e estase a consolidar como un referente para o público infantil en galego. Ofrece a posibilidade de volver gozar de series xa emitidas na tvG2, como “Doraemon”, “Contos do Camiño” ou “A Tropa de Trapo”; libros recomendados pola asociación Gálix; cancións; audiocontos interpretados por voces coñecidas da radio e da televisión pública galega, definicións e xogos.

25 de novembro: Día Internacional de loita contra a violencia hacia a muller


O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a violencia hacia a muller no "Encuentro Femenino de Latinoamérica y del Caribe" celebrado en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981.


Neste encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero a nivel doméstico e o acoso sexual a nivel de estados incluindo a tortura e os abusos sufridos por prisioneiras políticas.


Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana.


Os seus cadáveres destrozados apareceron no fondo dun precipicio. para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.


No noso cole conmemoramos este día coa colaboración especial do CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Quiroga cunha sesión de contacontos por ciclos.  VER FOTOS


Os nenos e nenas de 4º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade tamén de visitar a exposición de cadros, murais e debuxos situados na Sala de Exposicións situada no baixo da Casa da Cultura.


VER FOTOS


A continuación podedes ver a modo de exemplo o conto de Educación Infantil:


 


 


Distribuir contido


by Dr. Radut