Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

20 DE NOVEMBRO: DIA UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO/A

MAGOSTO 2012

O pasado día 9 de novembro celebramos no noso centro o Magosto con diversas actividades. Ademais de facer os cucuruchos e actividades na aula sobre este tema, a mestra de Educación Física, Vicky, coordinadora do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares; e o mestre de Infantil e coordinador do EDLG, Vicente, organizaron pola mañá diferentes xogos con castañas, que foron dirixidos por todos os mestres do centro; e pola tarde, coméronse as castañas e despois estivemos bailando co gran repertorio de cancións que nos trouxo o mestre de Música, Javier.


Para ver as fotos deste día preme aquí.

FOTOS DAS CABACIÑAS 2012:

Desde a seguinte imaxe podes acceder ás fotos da exposición de cabazas 2012:


RECURSOS PARA O SAMAIN 2012:

- Orixes do Samain e Halloween.


- Láminas para colorear.


- Xogo do Samaín.


- Cancion elexida no curso 2012-2013:


 "O Rock do samaín"


 


NO MES DE OUTUBRO ... NOVO HORARIO

Recorda que a partir do 1 de outubro comezan as clases con xornada partida:

Pola mañá:

- De 10 horas a 13:30 horas.

Recreo Infantil: 11:30h a 12:00h

Recreo Primaria: 12:00h a 12:30h

 

Pola tarde:

- De 15 horas a 16:30 horas.

Comedor:

- De 13:30 h a 15:00 h

BENVIDOS/AS AO CURSO 2012-2013!!!

Para os que accededes por primeira vez á nosa páxina web invitarvos a que visitedes os diferentes menús das dúas barras laterais onde podedes consultar numerosas informacións, tales como o Calendario escolar 2012-2013, impresos para imprimir, recursos educativos on line, saber o que comemos no comedor escolar e as diferentes actividades que facemos no noso cole.

 

BENVIDOS AO CURSO 2012 - 2013 A TODOS E TODAS!!!

FELICES VACACIÓNS A TODOS E TODAS!!!

Desde o CEIP de Quiroga queremos desexar a todos os membros da Comunidade Educativa, en especial ao noso alumnado, unhas felices vacacións de verán. Coa mesma queremos animarvos a todos e todas a ler un ratiño cada día e tamén disfrutar xogando cos vosos amigos e amigas, gozando nas diferentes festas e a visitar a praia e/ou a piscina. En definitiva, disfrutar das vacacións!!!

E recordade que as clases non comezan de novo ata o mércores 12 de setembro, para darlle benvida ao novo curso 2012-2013.

Un saudo a todos e todas e a disfrutar!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut