Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

ENTROIDO 2012

Durante a semana do 13 ao 17 de febreiro de 2012 conmemoramos o Entroido no CEIP de Quiroga dun xeito máis tradicional con consignas que nos mandaba traer unha momia que estaba no recibidor do noso cole. O venres 17 trouxemos todas as consignas xuntas (sombreiro, gravata, a parte de arriba dun pixama, dous zapatos diferentes) e estabas todos moi fermosos e moi simpáticos. Xa pola tarde tivemos unha festa de disfraces con cancións propias do Entroido. Podes ver as fotos deste evento premendo na seguinte imaxe:

CONSIGNAS DE ENTROIDO:

Neste curso 2011 - 2012 celebraremos o Entroido no CEIP de Quiroga dun xeito máis tradicional disfrazando cada día (de luns a xoves unha parte do noso corpo e o venres traeremos as catro consignas xuntas). Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos animar a toda a Comunidade Educativa a participar nas consignas de Entroido que serán as que seguen:


- LUNS: Un sombreiro.




- MARTES: Unha garavata



- MÉRCORES: A parte de arriba dun pixama



- XOVES: Dous zapatos diferentes



- VENRES: Todas as consignas anteriores.

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

Este curso 2011 - 2012 foron moi entretidas as actividades relacionadas co Día da Paz.


Elaboramos entre todo o centro pombas con mensaxes de paz que posteriormente colgamos en pólas dunha árbore á que chamamos "A árbore da Paz".


Entre todos os nenos e nenas e mestres e mestras formamos a palabra PAZ no patio do noso cole. Podes ver as fotos premendo na seguinte imaxe:



Tamén aprendemos unha canción de Juanes chamada "Paz, paz, paz".


 


EQUIPO DE VOLEIBOL CEIP DE QUIROGA

O pasado sábado 21 de xaneiro de 2012 os equipos de voleibol do CEIP de Quiroga, de 3º e 4º curso de Educación Primaria desprazáronse ata Monforte de Lemos para xogar o seu primeiro partido.


O equipo de 3º curso, non puido derrotar ao equipo do Ferroviario, e acabou perdendo por 2-0 a pesar de facer un moi bo partido.


O equipo de 4º curso, derrotou por 2-1 ao equipo dos Escolapios, nunha impresionante remontada final, despois de ir perdendo no 2º e no 3º set.


Podedes ver todas as fotos dos partidos nas nosas galerías no seguinte enlace: 


http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipquiroga/galeria/thumbnails.php?album=166



 



 





FIRMA DOS CONTRATO-PROGRAMA CO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN EN LUGO


Firma dos contrato-programa co Conselleiro de Educación en Lugo. O CEIP de Quiroga entre os 21 centros da provincia seleccionados.

I PROGRAMA DE TV CEIP DE QUIROGA

Aqui podedes ver o Primeiro Programa de Televisión feito no CEIP de Quiroga.

 



Proxecto ED Infantil "Los faraones"

Durante este segundo trimestre traballaremos en Educación Infantil nun proxecto titulado "Los faraones", onde veremos varias informacións de interese sobre Exipto e a súa cultura.


Nos enlaces de máis abaixo poderedes acceder a xogos on line sobre Exipto. Animádevos a xogar e a aprender moito!!!


- Yupis


- Juegos Egipto en abc


- El soldado egipcio


- Juegos Olimpiadas Egipto


- Juegosweb


 



I Programa de Televisión do CEIP de Quiroga

Primeiro programa de televisión feito no noso cole:

- Data de emisión: Venres 23 de decembro de 2011

- Hora: 20:20h aprox

- Canal televisivo: Televisión Municipal de Quiroga.

- Programación:

           - Boletín informativo: conmemoracións, saídas, deportes, etc

           - Paso a paso: elaboración dunha tarta de cumpreanos.

           - Sabías que? O Apalpador: reportaxe feita no noso centro sobre esta figura.

           - Érase unha vez...: Conto feito por Ana Isabel no obradoiro do magosto.

           - De cole en cole: reportaxe cedido por Telelugo. Visita dos nenos de 3º e 4º de Primaria aquí.

           - Panxoliña e despedida.

- Duración: 57 minutos aprox.

Distribuir contido


by Dr. Radut