Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

Non hai clases:

Desde o CEIP de Quiroga informamos a toda a Comunidade Educativa que os días 12 e 31 de outubro non haberá clases, a pesar de estar cubertos os dous días no menú entregado aos usuarios do comedor escolar.

- 12 de outubro: Día da Hispanidade.

- 31 de outubro: Día do Ensino (dado pola Consellería de Educación)

Valentín Paz Andrade

2012: Valentín Paz Andrade

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade .

 "Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. ."

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

Homenaxeado Ano 2012


Avogado, escritor e activista político, Valentín Paz Andrade naceu o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra). Faleceu o 19 de abril de 1987.

Estudiou Bacharelato en Pontevedra. Posteriormente estudiou Dereito en Santiago. Ó remata-los seus estudios dirixe o diario 'Galicia', no que tamén colaboran Castelao, Risco, Maside e Vilar Ponte. En 1924 Valentín é condenado a un mes de cárcere polo carácter dos seus artigos. En 1931 foi candidato a Deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes. Despois do alzamento militar contra a República é desterrado a Verín e a Serra de Queixa. Posteriormente é confinado a Villanueva de la Serena (Extremadura). En 1939 casou con Pilar Rodríguez de Prada. En 1942 empezou a dirixi-la revista Industrias Pesqueras e en 1950 viaxou a Bos Aires invitado polo Centro Galego. En 1964 foi nomeado membro da Real Academia Galega co discurso titulado A Galeguidade na obra de Guimaraes Rosa. Despois da morte de Franco, formou parte da 'Comisión dos 10' da oposición democrática (con Cañellas, Felipe González, Tierno Galván, etc). En 1977 foi elexido Senador por Pontevedra, dentro da Candidatura Democrática Galega.

Valentín Paz Andrade publicou numerosos artigos periodísticos. Como xurista amosou a súa preocupación pola realidade socio-económica de Galicia en obras como Pranto matricial, Galicia como tarea, Sementeira do vento, La marginación de Galicia, El capital como factor del desarrollo de Galicia, El sistema económico de la pesca en Galicia, Producción y fluctuación de las pesquerías, Los derechos sobre el espacio marítimo. A súa personalidade polifacética levouno tamén a publicar algunhas obras de poesía como Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves na sombra (1979) e ensaios como La Anunciación de Valle Inclán (1967), Transferencias etnológicas de Galicia en el Brasil Ulterior (1976), e A galecidade na obra de Guimaraes Rosa (1978). Paz Andrade amosa tamén a súa preocupación política en obras como O modelo federal para a constitución do Estado galego y Testimuñas e prespectivas de homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978). Ademais publicou a biografía máis importante que existe sobre Castelao titulada Castelao na luz e na sombra (1982).

 

 

- Vida e obra de Valentín Paz Andrade (Wikipedia)

- Homenaxe na CRTVG.

- Páxina oficial de Valentín Paz Andrade.

XA ESTAMOS DENTRO DO ESPAZO ABALAR:

 

87 

 

Publícase a listaxe dos novos centros que se incorporarán no vindeiro curso 2011/2012 á Rede Abalar. 

56 

 

   Resolución pola que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011/2012

56

 

  Listaxe de centros seleccionados para incorporarse á Rede Abalar no curso 2011/2012

O CEIP de Quiroga foi seleccionado para incorporarse no curso 2011 - 2012 á Rede Abalar. Isto significa que a aula de 5º curso de Educación Primaria estará dotada de diferente material informático, tecnolóxico e audiovisual:

- Un ordenador portátil para os mestres/as.

- Un miniportátil con pantalla de 10 pulgadas para cada alumno/a.

- Unha mesa-armario para gardar cada ordenador.

- Un proxector e un encerado dixital interactivo (EDI)

 

Traballarase con software libre, tales como o Linux Ubuntu, OppenOffice, Gimp,... Ler máis


Recursos para Educación Primaria:

            

Felices vacacións de verán!!!!

Desde o CEIP de Quiroga queremos desexarlle a toda a Comunidade Escolar que disfrute e goce desta época estival. Tempo de xogo, tempo de paraia, para estar cos amigos/as, pero sen esquecerse tampouco de ler moito, pintar, escribir e repasar eses contidos nos que máis "coxearon" ao longo do curso.

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!!!!

ACTOS DE FIN DE CURSO:

O pasado mércores 22 de xuño de 2011 foi o último día de clases para os nenos e nenas do noso centro. Neste día leváronse a cabo as seguintes actividades:


- Entrega de Orlas e Diplomas ao alumnado de 6º de Educación Infantil. (VER VIDEO)


- Entrega de Orlas e Diplomas ao alumnado de 6º de Educación Primaria. (VER VIDEO)


- Discurso da señora directora Ana Mª Núñez García.


- Entrega de diplomas ás mediadoras de 6º de Primaria por parte da orientadora Rocío Méndez.


- Entrega dun diploma ao colectivo de etnia xitana de Quiroga entregado pola orientadora a don Avelino.


- Baile de 5º curso de Educación Primaria: Danza Kuduro.


- Baile de 2º curso de Educación Primaria: Rocktiplica el seis.


- Actividades de animación e tempo libre organizadas pola ANPA.


VER FOTOS DO FESTIVAL

CARREIRA SOLIDARIA - DÍA DO DEPORTE 2011

O pasado venres 17 de xuño celebramos no noso centro o Día do Deporte e a Carreira Solidaria. Para ver as fotos deste evento preme aquí.

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DAS DROGAS, ALCOL E INTERNET:

Persoal da Garda Civil de Lugo informou ao alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria dos perigos do consumo de drogas, alcol e da Internet. Para ver as fotos preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut