Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

FESTIVAL DE NADAL 2010

 

 O pasado mércores 22 de decembro, como en anos anteriores, celebramos o Festival de Nadal 2010 no Auditorio Municipal. Un Festival cheo de panxoliñas, obras de teatro, recitacións sobre fútbol fomentando os valores da tolerancia e o respeto; un menú navideño e outras moitas cousas.

Para ver as fotos deste evento preme no seguinte enlace:

FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL 2010

VIDEOS: FESTIVAL DE NADAL 2010

EDUCACIÓN INFANTIL: OBRA DE TEATRO "NO PORTAL DE BELÉN"

 1º CICLO EP: PANXOLIÑA "TAN, TAN"
 2º CICLO EP: PANXOLIÑA "DIN, DAN, DON" E "MENÚ NAVIDEÑO"
5º ED PRIMARIA: "DAVID Y EL REAL MADRID Y SIMONA Y EL F C BARCELONA" 
 3º CICLO EP:PANXOLIÑA "NAQUEL DESTELLADO PENDELLO"
 6º ED PRIMARIA: OBRA DE TEATRO "IMOS A BELÉN"

VISITA DE PAPA NOEL (ANPA)

 

 O pasado mércores 22 de decembro tivemos unha visita moi grata no noso cole. VISITOUNOS PAPA NOEL!!!! E ademais deunos agasallos aos nenos e nenas e aos profes. Deunos libros de contos, libros de pasatempos, mini dicionarios e algunha que outra lambetada. Moitas grazas Papa Noel pola visita e non te esquezas de volver a visitarnos para o vindeiro curso!!!

Para ver as fotos de Papa Noel no noso cole preme na seguinte imaxe.

Actividade realizada pola ANPA

BO NADAL!!!

 

 Desde o CEIP de Quiroga queremos desexar un Bo Nadal e unhas Felices Festas a toda a Comunidade Educativa e animandoos a que asistan ao Festival de Nadal 2010 que terá lugar o mércores 22 de decembro ás 11:00 horas no Auditorio Municipal.

Os nenos e nenas que van comer a casa sairán as 13 horas e os que comen no comedor sairan as 14 horas, non habendo clases pola tarde.

Recordar tamén que as clases non comezarán novamente ata o luns 10 de xaneiro, no seu horario habitual, ás 10 da mañá.

Ata aquela pasen unhas boas festas e BO NADAL!!!!!!!!!!

MURAIS DO NADAL

 

 Para ver as imaxes dos murais e tarxetas/postais relativas ao Nadal 2010 preme nesta imaxe

 

O ECO DO COLE

 

 Recorden, o luns 20 e o xoves 23 ás 17:30 horas poderan escoitar o noso programa de radio "O eco do cole" na emisora da Radio Municipal de Quiroga (FM- 107.3). Esperemos que lles guste.

Para escoitar este primeiro programa de radio debes descargalo desde Mediafire premendo no seguinte enlace:

O ECO DO COLE - 1º TRIMESTRE - CEIP DE QUIROGA

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL - TELECENTRO DA CASA DA CULTURA

 

 Un ano máis o alumnado de Educación Infantil e os mestres e mestras desta etapa poidemos asistir a unha videoconferencia con Papa Noel (Videoconferencia Quiroga - Laponia). Papa Noel preguntoulle ós nenos e nenas o seu nome, como se comportaran neste ano e que agasallos querían para Nadal e os nenos e nenas contastáronlle un a un dicindolle as súas peticións. Para ver as fotos deste evento preme no seguinte icono:

 

1ª EMISIÓN DO PROGRAMA DE RADIO - O ECO DO COLE

 

 

BO NADAL!!!

Desde o CEIP de Quiroga queremos desexar a toda a Comunidade Educativa que pasen unhas moi felices festas xunto a súa familia. Bo Nadal!!! 
...
...
Tal vez o mellor agasallo de Nadal sexa un gran sorriso
...
E recordade: O Festival de Nadal 2010 será no Auditorio Municipal o vindeiro mércores 22 de decembro. Esperamos a vosa asistencia a este evento.
FELICES FESTAS!!!!
Distribuir contido


by Dr. Radut