Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

II Programa TVR CEIP Quiroga

Os que non puidestes ver o programa na Televisión Municipal de Quiroga poderedes ver as distintas seccións na nosa páxina web. O programa está composto por tres seccións: o boletín informativo, o concurso "Un xogo de nenos" e o concurso "Quen quere ser millonario?":

- BOLETÍN INFORMATIVO:

 

- UN XOGO DE NENOS:

 

- QUEN QUERE SER MILLONARIO?

ACTIVIDADES NO MES DE XUÑO:

- CARREIRA SOLIDARIA E DÍA DO DEPORTE (21/06/2012)


- FESTIVAL FIN DE CURSO (22/06/2012)


FESTIVAL FIN DE CURSO 2011 - 2012:


- DISCURSO DA DIRECTORA:


 



- ORLA INFANTIL:



 


- ORLA PRIMARIA:



 


- GUIÑOL "A MOA":



 



- COREOGRAFÍA 6º:



 


O CEIP DE QUIROGA CO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O día mundial do medio ambiente é un evento anual que se leva a cabo o 5 de xuño. Estableceuno a Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 15 de decembro de 1972.
Este día é un dos principais veículos que as Nacións Unidas empregan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ó respecto. Os obxectivos son motivar ás persoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas disfruten dun futuro máis próspero e seguro. 

No CEIP de Quiroga conmemorámolo coas seguintes actividades:

- Visita ao pregamento de Campodola-Leixazós.

- Charla de Seprona para toda a etapa de Primaria.

- Visita a SOGAMA (Concello de Cerceda)

VISITA AO MIRADOR DE CAMPODOLA -- 3º CICLO EDUC PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º de Primaria visitaron o pregamento de Campodola, o que o presidente da Xunta inaugurou oficialmente en Quiroga a recén adquirida categoría de monumento natural do pregamento de Campodola-Leixazós, o oitavo paraxe natural ao que o Goberno galego concede este rango. O acto, co que a Xunta celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente, levouse a cabo no mirador xeológico.


Podedes ver algunhas fotos deste evento aquí.


 


LETRAS GALEGAS 2012:

O mércores 16 de maio celebramos no noso centro o tradicional festival para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano 2012 se lle adica ao escritor, político, abogado e xurista pontevedrés chamado Valentín Paz Andrade. Para ver as fotos deste festival premede na seguinte imaxe:



Para máis información sobre este escritor ou se queres realizar actividades sobre Valentín Paz Andrade preme aquí.

CONTACONTOS:

O xoves 3 de maio tivemos a ocasión de contar no noso centro cun contacontos espectacular da editorial Anaya, quen nos contou un relato no que mesturou dous contos diferentes: "A princesa Sabela" e "O souto escuro e perigoso", no que participaron moi activamente todos os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º curso de Educación Primaria. Podedes ver as fotos deste evento premendo na seguinte imaxe:

ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO NA PDI:

CAMPIÓNS, OE!!! CAMPIÓNS, OE!!!

SOMOS CAMPIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Os nenos e nenas de cuarto de Primaria do CEIP de Quiroga proclamáronse campións provinciais na categoría de benxamín mixto despois de xogar contra equipos tan importantes como o Emevé lucense na Casa do Deporte de Lugo o pasado sábado 21 de abril.


Nunha longa xira de partidos desde o mes de xaneiro  e con todos os resultados positivos o equipo foi in crescendo ata convertirse en campións provinciais grazas o seu esforzo, compromiso co deporte e a estimable colaboración e dedicación do mestre de Educación Física do noso centro, Óscar González, o seu adestrador.


Proximamente veremos fotos e videos sobre este evento e non queda máis que darlles os parabéns polos seus resultados inmellorables e animalos a que para o vindeiro curso se poida continuar participando neste programa deportivo.


Distribuir contido


by Dr. Radut