Skip to Content

CAMPIÓNS, OE!!! CAMPIÓNS, OE!!!

SOMOS CAMPIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Os nenos e nenas de cuarto de Primaria do CEIP de Quiroga proclamáronse campións provinciais na categoría de benxamín mixto despois de xogar contra equipos tan importantes como o Emevé lucense na Casa do Deporte de Lugo o pasado sábado 21 de abril.


Nunha longa xira de partidos desde o mes de xaneiro  e con todos os resultados positivos o equipo foi in crescendo ata convertirse en campións provinciais grazas o seu esforzo, compromiso co deporte e a estimable colaboración e dedicación do mestre de Educación Física do noso centro, Óscar González, o seu adestrador.


Proximamente veremos fotos e videos sobre este evento e non queda máis que darlles os parabéns polos seus resultados inmellorables e animalos a que para o vindeiro curso se poida continuar participando neste programa deportivo.


Iniciar sesión



page | by Dr. Radut