Boas tardes
En primeiro lugar quero facervos chegar todo o meu ánimo e agarimo para estes días que temos por diante.
Lembrarvos que hai un documento de xogos colgado na web do cole, no apartado de Proxecto Deportivo de Centro, onde podedes coller ideas para exercitar aos nenos e nenas. É moi importante manterse activos e facer exercicio, xa que fará que nos sintamos mellor e máis positivos.