Skip to Content

O CEIP DE QUIROGA CO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O día mundial do medio ambiente é un evento anual que se leva a cabo o 5 de xuño. Estableceuno a Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 15 de decembro de 1972.
Este día é un dos principais veículos que as Nacións Unidas empregan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio ambiente e promover a atención e acción política ó respecto. Os obxectivos son motivar ás persoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara temas ambientais e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas disfruten dun futuro máis próspero e seguro. 

No CEIP de Quiroga conmemorámolo coas seguintes actividades:

- Visita ao pregamento de Campodola-Leixazós.

- Charla de Seprona para toda a etapa de Primaria.

- Visita a SOGAMA (Concello de Cerceda)

Iniciar sesión



page | by Dr. Radut