Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

FESTIVAL FIN DE CURSO 2012 - 2013:

As actuacións que tiveron lugar o venres 21 de xuño de 2013 no Auditorio Municipal de Quiroga son as que seguen:

 

- VIDEO: HOMENAJE A MARÍA JOSÉ.

- VIDEO: ORLA INFANTIL 2013.

 

 

ACTUACIÓNS:

CARREIRA SOLIDARIA 2013

O xoves 20 de xuño de 2013 celebramos no noso centro a Carreira Solidaria co fin de recadar diñeiro para a Asociación Save the Cildren. Nesta ocasión irá dirixido aos nenos de Níxer.

Para ver as fotos deste evento preme aquí

A recaudación neste curso 2012 - 2013 foi de 434,84€.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

Os anexos que se xuntan poden descargarse ao ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)

PRAZOS:

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

- Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1. As instancias poderán obterse nos centros, nas Xefaturas Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e tamén se poderán descargar en formato pdf.

Unha vez cuberta a solicitude deberá presentarse, xunto coa documentación segundo se indica no artigo 3 da orde de convocatoria, debidamente asinada polo pai, a nai ou titor/a do alumnado. Todo isto sen prexuízo da sinatura por parte do resto dos membros da unidade familiar computables para os efectos de renda que sexan maiores de idade, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor.

A aplicación informática para a xestión das axudas tamén permitirá a xeración da solicitude unha vez introducidos os datos polo centro.  (Acceder á aplicación)

2. Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación co fin de que a persoa que a reciba  poida verificar a autenticidade da copia e devolva os orixinais.

Alumnado de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria.

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2011, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2011:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  • Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou
  • Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.


O alumnado de educación especial unicamente deberá presentar a solicitude de axuda, non sendo necesario xuntar documentación algunha.

O alumnado cunha minusvalidez igual ou superior ao 65%, só ten que presentar a  certificación emitida polo órgano competente do grao de minusvalidez, xunto coa solicitude da axuda.

Os menores que se atopen en situación de garda, tutela ou atención de día pola Xunta de Galicia non terán que acreditar os datos da unidade familiar nin do nivel de renda.

3.  A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

4.  O centro educativo poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

CUANTÍAS:

Educación primaria:

  • Familias monoparentais:
    • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.
  • Resto das familias:
    • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.
    • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €. 
    • O alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha minusvalidez igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos desta orde recibirá un importe de 250 €, con independencia da renda per cápita familiar.

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celebrase o Día do Medio Ambiente e desde o noso centro celebrámolo con distintas actividades, entre elas, a realización de dúas saídas:

- Educación Infantil: Visita ao viveiro "Os Trollos" de Bóveda.

- 2º e 3º ciclo de Educación Primaria: visita á base de Marroxo (Monforte de Lemos)

 

  

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

 

LETRAS GALEGAS 2013:

 

- FOTOS DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP DE QUIROGA.

 

ACTIVIDADES ON LINE:

- BIOGRAFÍA - ED INFANTIL.

OBRAS - ED INFANTIL.

BIOGRAFÍA - 1º CICLO ED PRIMARIA.

OBRAS - 1º CICLO ED PRIMARIA.

 

BIOGRAFÍA - 2º CICLO ED PRIMARIA.

OBRAS - 2º CICLO ED PRIMARIA.

 

BIOGRAFÍA - 3º CICLO ED PRIMARIA.

OBRAS - 3º CICLO ED PRIMARIA.

 

 

VIDEOS:

Telexornal sobre Roberto Vidal Bolaño.

Obra de Roberto Vidal Bolaño.

Representación da obra: Sen ir máis lonxe.

PÁXINA OFICIAL:

Roberto Vidal Bolaño

 

Roberto Vidal Bolaño

      Este ano a RAG (Real Academia Galega)  adícalle o Día das Letras Galegas ao escritor  Roberto Vidal Bolaño. Precísanse  moitas palabras máis para intentar definir a Vidal Bolaño: nacido en Santiago, iniciose na vida laboral como administrativo, foi  autor, actor, doblador, director de sala e director artístico, adicouse ao teatro en todos os seus aspectos ... Toda unha vida adicada a diversos oficios e aficcións. Un ano para homenaxear a Vidal Bolaño  non é abondo para explicar a traxectoria humana e profesional dun home de múltiples facetas cunha enorme necesidade de formación e ansia de enriquecemento artístico e cultural.

PROXECIÓN DA PELÍCULA "O APÓSTOLO"

O mércores 8 de maio de 2013 os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desprazáronse ata a Casa da Cultura do Concello de Quiroga para asistir a unha charla impartida polo director da película "O Apóstolo" na que nos explicaba os diferentes pasos para a cracción da mesma; así como o visionado da propia película. VER FOTOS

COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE!!! - Ed Infantil (07/05/2013)

O martes 7 de maio tivemos a sorte de contar no noso centro con técnicos e operarios do servizo de Medio Rural quenes nos explicaron a importancia de coidar o medio Ambiente e nos permitiron ver e experimentar cos seus coches, a moto-bomba, tiramos auga coa mangueira e moitas cousas máis. Pasámolo en grande!!!! Os nenos e nenas de Infantil dámoslle as grazas por visitarnos!!!

 

Podedes ver as fotos premendo nesta imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut