Skip to Content
Teléfono: 982 82 82 37

PRESENTACIÓN DO CONTO: "DRAGÓNS NO COUREL"

O mércores 20 de novembro presentouse na Casa da Cultura do Concello de Quiroga o libro de Francesca López Da Silva "Dragóns no Courel" ao que asistiron os mestres/as e o alumnado de Educación Primaria. Para ver as fotos preme no seguinte enlace:

DRAGÓNS NO COUREL

Mascotas clasificadas para a Biblioteca:

As mascotas clasificadas para a posterior elección da mascota da biblioteca son as seguintes:





RESULTADOS DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012 - 2013

Maio, de educación, expóñense os resultados do centro en relación ás competencias avaliadas:

Realizada a proba de avaliación de diagnóstico en cumprimento do establecido na Lei orgánica 2/2006 do 3 de 

○Competencia en comunicación lingüística.

○Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

○Competencia matemática.

 

VER OS RESULTADOS DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

MAGOSTO 2013

Informamos a toda a Comunidade Educativa que o vindeiro xoves día 7 de novembro celebraremos o magosto no CEIP de Quiroga, polo que é preciso que os nenos e nenas do noso centro aporten nestes días unha cantidade de castañas “belizcadas” para que non estoupen ao asalas.

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

SAMAÍN 2013

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega animamos a todos os nenos e nenas a participar nas actividades para a conmemoración do Samaín:

- Contos para o Samaín: elaboración de contos de medo.

- Baleirado de cabazas e adornadas para a ocasión: a partir do luns 28 de outubro.

- Canción "Samaín" de Mamá Cabra.

 

FOTOS DO SAMAÍN NO CEIP DE QUIROGA

ACHÉGASE O SAMAIN

Xa quedan pouquiños días para que chegue o SAMAÍN  ( o HALLOWEEN para os ingleses), por iso deixo algunhas fichiñas sobre o tema. Aquí volas deixo por si alguén quere utilizalas. Son fichas que atopei en distintos sitios: no blog "DALE UN COLIÑO", naWEB DE NORBERTO, na páxina DLTK´s e outras son de elaboración propia feitas con debuxos tomados de internet.


E como non todo é traballar, aquí vos deixo estes entretidos xogos para que pasades un ratiño divertido:
 Empezaremos por tallar a nosa propia cabaza: 

E remataremos pintando uns bonitos debuxos:

 

No blog da Aula Virtual de Audición y lenguaje, atopamos esta adaptación feita por ela para educación infantil, do conto INDO PARA O SAMAÍN de Carlos e Sabela Labraña.
Tarxeta de Halloween terrorífica.




E se o que queredes é divertirvos un pouquiño, imos a xogar aos bolos coa meiga e os seus gatos.

VENDIMA NO CEIP DE QUIROGA

Os nenos e nenas de Educación Infantil xunto aos seus mestre/as e pais/nais representramos unha vendima tradicional no patio no cole cortando as uvas e pisándoas cos pés. Pasámolo xenial!!!

Desde o equipo docente de Infantil agradecer aos papás e mamás que participaron a súa colaboración nesta actividade.

CURSO 2013 - 2014:

As clases comezarán o mércores 11 de setembro ás 10 horas, seguindo o horario de xornada única dos meses de setembro e xuño, agás o alumnado de 4º de Educación Infantil que seguirán o horario establecido para o período de adaptación.

- De 10:00h a 14:30h.

- Comedor: 14:30h - 15:30h

 

A partires do mes de outubro e ata maio recordade que o horario de luns a xoves é de 10h a 13:30h e de 15:00h a 16:30h; e os venres é de 10h a 14:30h (ou ata as 15:30h - usuarios do comedor escolar)

Distribuir contido


by Dr. Radut