Skip to Content

Monthly archive

Deporte Escolar

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O pasado martes 24 de maio, tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Bádminton para    Categoría Benxamín ( 3º e 4º) e Infantil (Repetidores de 6º). Dita xornada foi no Pavillón do Ceip Randufe. 

 

Deporte en Tui

Promoción de Fútbol Sala.

 O pasado mércores 14 de setembro de 2022, tivemos a Xacobe do Club a Quinta de Tui Futsal e a Juan, Alba e os seus Futbol sala  e pasámolo xenial, xogando. Tamén nos convidaron a visitar os seus clubes para practicar este deporte durante todo o ano. Moitas, moitas grazas.

Deporte na Escola

Gifs Animados de Ping PongTenis de Mesa 22-23.Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

23  de novembro 2022

O pasado mércores día 23 de novembro de 2022, tivo lugar a 1ª xornada da competición escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, no Pav. do Ceip de Sobrada. nesta xornada participou numeroso alumnado de 3º, 4º, 5º a 6º. Unha tarde na que gozamos de moito tenis de mesa, coñecemos compañeiros de outros colexos e vivimos grandes momentos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de esta estupenda xornada.

 

Lecturas Deportivas

O Capitán Calzóns e as Aventuras de Superpañal.

Nerea 5ºB.

Nerea de 5ºB, o día 12 de decembro tivo para nós unha proposta divertida: " O Capitán Calzóns e as Aventuras de Superpañal.

Superpañal é un superhéroe que vive incríbles aventuras, as que lle encantaría que vos unírades. Premede na foto para saber máis.

7 el capitan calzoncillos y las aventuras de superpañal-dav pilkey-9788467579550

Entroido

Entroido

Con motivo do entroido que terá lugar a finais do mes de febreiro, animamos a todo o alumnado e as súas familias a decorar un anteface ou máscara, con elementos naturais, En Galicia temos unha gran riqueza de entroidos que queremos poñer en valor. O alumnado traerá as creacións ao colexio, antes do venres día 18 de febreiro, data na que se exporán no corredor central do colexio. A exposición rematará o venres 25 de febreiro, día no que o alumnado levará os seus traballos para casa.  Aquí deixamos ideas como recurso para ese gran traballo. Agradecer de antemán a colaboración e creatividade de todas as familias nas propostas de Voz Natura.

Modelos de antefaces e máscara con elementos naturais.

 

Aquí vos deixamos modelos de antefaces e máscaras que podedes imprimir.

Xa empezan a chegar as primeiras  creacións do noso alumnado e das súas familias, aquí vos deixamos para que vexades o bonitas que están.

Deporte en familia

 De fortaleza en fortaleza

 

O sábado 26 de marzo o club Andatui realizará unha actividade de ocio onde mesturaremos sendeirismo con turismo histórico, visitando catro fortalezas defensivas da fronteira máis antiga de Europa e situadas no tramo final do río Miño.

Nesta ruta, duns 22 quilómetros, visitaremos catro cidades amuralladas (Valença, Tui, Salvaterra de Miño e Monçao) que conforman dúas Eurocidades, dous países, tres linguas e todas elas unidas polo río Miño. 

Sairemos, en grupo e de xeito controlado, desde a Porta do Sol de Valença para rodear a fortaleza de Valença onde un guía nos falará da súa historia. A continuación, e seguindo o Camiño Portugués a Compostela, camiñaremos ata a praza da Catedral de Tui onde outro guía nos explicará a súa historia. Finalizada a explicación daremos saída libre polo sendeiro que vai ao carón do río Miño ata o parque A Canuda, en Salvaterra de Miño, onde xantaremos. Pola tarde faremos unha visita guiada a fortaleza de Salvaterra de Miño , rematada esta visita seguiremos camiño ata a fortaleza de Monçao onde tamén recibiremos explicacións da súa historia. Ao finalizar esta visita colleremos os buses que nos levarán ata o punto de partida en Valença.

No seguinte enlace atoparedes inforación detallada da actividade no Clubandatui.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

Categoría Alevín  

O pasado martes 10 de maio, tivo lugar a competición escolar de Bádminton. A 2ª xornada da Categoría Alevín ( 5º e 6º) foi no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos as imaxes da xornada.

Atoparedes as clasificacións e máis fotos da xornada en agrudebam.es

AgruDeBaM - Inicio | Facebook

 

O noso patio

As árbores do patio ensinan os seus gomos e follas.

Coa chegada de mellores temperaturas, as  árbores que plantamos no patio no mes de xaneiro, comezaron a gomar, xa teñen follas e algún froito. Están ben fermosas cos coidados do alumnado do noso cole.

Deporte en Tui

O papá de Kloe Garrido Campeón do mundo de Maratón de piragüísmo.

Hoxe martes 04 de outubro de 2022, a periodista deportiva Kloe Garrido, de 1º do noso cole, sorprendeunos cunha gran noticia. Ela estivo en Ponte de Lima onde o seu papá se proclamou campión do mundo de Maratón  a fin de semana pasada. Un recorte de xornal, facía que Kloe se sentira moi orgullosa do gran triunfo de Manu, aceptando publicalo na web do cole, para que todos o alumnado poida facer recoñecemento, do que isto supón.

Depois de moito esforzo, moita dedicación e máis ilusión, Manuel Garrido conseguiu facer historia proclamándose Campión do Mundo de Marathón, na modalidade C1 da categoría senior. Esta competición consiste en ir en piragüa una distancia marcada, pasando por unha zona onde deben transitar correndo a pé coa piragüa na man. 

A nosa enhoraboa a este gran deportista e papá, que nos leva ofrecido grandes momentos e ilusión polo piragüismo, sendo un referente para o alumnado do noso cole. Que o disfrutes que é máis que merecido Manu.

Moita gracias a Kloe por compartir con nós esta noticia tan interesante.

 Manu Garrido y Tono Campos, a la derecha, en el podio del Mundial de maratón. // FDV

A nosa noraboa ao Club Kaiak Tudense e a todos os participantes de esta gran proba en especial a tod@s @s tudenses.



by Dr. Radut