Skip to Content

Monthly archive

SEMENTEIROS

4°C plantamos cabazas para esponxas.

   

O alumnado de 4°C plantamos pepitas de cabaza no mes de Xaneiro. Estas pepitas son especiais, delas sacaremos esponxa natural, que ten moitas utilidades.

Agora temos que regalas e esperar a que medren, xa vos iremos contando.

Deporte en Familia

Paseos fluviais gratuitos polo río Miño

Para gozar dunha experiencia en barco no río Miño, da súa contorna, paisaxes e vexetación os 4 concellos de Tui, Valença, Salvaterra do Miño e Monçao, poñen a disposición dos interesados, visitantes e turistas un pequeno barco turístico para facer un paseo en barco gratuito, de aproximadamente 1:00h para apreciar as fermosas vistas dos cascos históricos e das marxes do río Miño dende o río e gozar dunha nova experiencia na rexión. Estas excursións realízanse regularmente dúas veces ao día, a primeira ás 16:00 hora española e a segunda ás 17:30 horas. Os interesados ​​deberán apuntarse, a partir das 14h30, no quiosco informativo, situado a carón da embarcación, que poderá estar no embarcadeiro de Tui ou Salvaterra de Miño ou no Centro de Reservas do Tour Operador Hemisferios. Pincha na imaxe para dispoñer de máis información.

 

CELEBRANDO O NOSO DÍA, CELEBRANDO A NOSA LINGUA.

Chega o noso día, amiguiños, o Día das Letras Galegas!!

 

 Neste día aproveitamos para fomentar a nosa lingua, para aprender sobre a nosas tradicións. Para este ano, no que pouco a pouco xa podemos xuntarnos máis decidimos facer algo entre todos, voltando a colaborar como comunidade.

As familias, os mestres.......todos trouxeron diferentes materiais......algúns naturais e algúns incluso de refugallo para aportar o noso gran ao proxecto de centro. 

E nunca mellor dito, xa que gran a gran , pasiño a pasiño fixemos entre todos unha alfombra!!! Facer alfombras é unha tradición moi nosa que aínda que soe relacionarse coa festividade relixiosa de corpus, hai moitas outras celebracións relacionadas coa chegada da primaveira nas que se fan adornos con elementos da natureza; os maios, por exemplo.

Nesta ocasión fixemos o escudo de Tui.....que valentes somos...porque non é nada dodao.....aquí tedes o resultado....agardamos que vos guste...os nenos e nenas disfrutaron moito colaborando e aportando un chisco do seu traballo para lograr este todo.....

 
 
 E isto non é todo.......Guiño
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración, polo voso traballo; titores, alumnado, outros mestres que saíron e botaron unha boa man,....

A nosa Horta

No mes de maio preparamos a horta con flores.

A comezos do mes de maio, o equipo de horta comezou a preparar a horta para o verán. Organizando cultivos ecolóxicos de fresas, espinacas, acelgas con flores de temporada.

Grazas equipo por facer que a horta, estea cada día máis fermosa.

Aliméntate ben

Manzana gif 13 » GIF Images DownloadAs mazás do outono.

Coa chegada do outono, o alumnado de 5 anos comezou  investigar sobre as mazás e todo o que con elas e pode facer. Todo comezou cunha carta que recibiron na aula, que os convidaba sair ao patio recoller mazás, nas maceiras.

Rapidamente todos se apuntaron para ir recoller deliciosas mazás. A ver que podían traer para o aula.

Atoparon moitas e moi curiosas, grandes, pequenas, vermellas... xa tiñan traballo. Poderían clasificar as boas, as defectuosas, por cores, por tamaño, por tipo.

Tamén podían tocalas, saborealas, escoitar o seu ruido, cheiralas...experimentaron con todos os sentidos.

Coa ilusión, decidiron nas súas casas e coas súas familias, elaborar exquisitas receitas con mazá: pasteis, compota...

Descubriron que con elas podían facer manualidades, así que probaron a estampación.

Un traballo excelente e máis que completo. Noraboa!. 

Inauguración do Mercado "Cintas de cores"

O mércores día 2 de novembro de 2022, puxemos en marcha o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os productos ecolóxicos para a venta que procedían da horta da escola o do excedente de algunhas familias que colaboraron. (preme na imaxe para máis información)

Lecturas Deportivas

EL GRAN LIBRO DE LOS DEPORTES.

Geronimo Stilton Gif - GIFcen

Uxía 5ºB.

O gran libro dos deportes é unha aventura de Gerónimo Stilton, que asume a responsabilidade de organizar, os primeiros xogos da Illa dos ratos. Unha superhistoria deportiva que hoxe mércores 30 de novembro nos trae Uxía de 5ºB. 

Así que decide investigar sobre os deportes dos humáns, todos os que son Xogos Olímpicos. Fai un repaso polos distintos deportes, curiosidades, récrods, os mellores atletas, todo con fantásticas fotografías.

Pinchade na foto seguinte é atoparedes máis información.

 

Gerónimo Stilton " O Fantasma do metro".

Uxía 5ºB.

O pasado mércores 22 de marzo de 2023, Uxía de 5ºB presentounos como traballo do segundo trimestre: O Fantasma do metro, da colección libros de Gerónimo Stilton. Uxía é unha apaixoada de estas aventuras, que recomenda para tódolos lectores.

 

Unha fantástica historia, que se leva a cabo no metro de Ratonia e no que Gerónimo terá que intervir. animádevos a leela.

 

Stilton 12: el fantasma del metro: Geronimo Stilton 12 : Stilton, Geronimo:  Amazon.es: Libros

 

 

 

Gerónimo Stilton é unha colección que ten outras fantásticas lecturas, entre elas, destacar "Gran Rat Rally", para os que vos guste o mundo do motor como a Andrés, Richard...

Moitísimas grazas Uxía.

RECEITAS DE GRELOS DA NOSA HORTA

RECEITAS DE GRELOS

Curso 21-22

Os nenos e nenas de 5 anos de infantil fixeron moitas receitas elaboradas polas familias cos grelos que eles mesmos cultivaron na horta do cole.

Plataron os grelos en outubro e este mes xa estaban listos para comer. Levaron un puñado de grelos para a casa e con eles elaboraron, coa axuda das súas familias unhas exquisitas receitas, ao tempo que traballaron lectoescritura, xa que as receitas están escritas por eles.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo no que podedes ver as receitas.

 

 

 

PROGRAMA REVITALIZA

 VISITA AO COLE

Curso 21-22

 

Esta semana estamos a ter as visitas do programa Revitaliza.

A Deputación de Pontevedra ponse en marcha cun proxecto moi interesante para tratar o tema da xestión de residuos, impulso da compostaxe, reciclado... .

Para eso ofrece xogos, talleres e charlas aos coles. Neles os nenos/as aprenden u

n pouco máis sobre todos estes temas que tanto nos preocupan hoxe en día. 

Todos os cursos, dende infantil ata primaria escolleron unha actividade. Os primeiros en comezar foron os alumnos/as de 1º de primaria co "Xogo da miñoca".

 

Se premes na imaxe podes acceder ao programa.

 

 

 

 

21 de marzo tocoulle ao alumnado de 1º de primaria

 

 22 de marzo, o alumnado de 2º de primaria

 

 

 

 O Venres 25 de marzo os terceiros

 

 

 

o martes 29 de marzo tocoulle o turno aos cuartos

 

 

 

O mércores 30 de marzo foron os 5º

 

 

 Xoves 31 de marzo os nenos e nenas de infantil

 

 

 

 

 



by Dr. Radut