Skip to Content

Monthly archive

SEMENTEIROS

O alumnado de 1º sementamos nos bancais da horta.

   

O alumnado de 1º plantamos sementes de perexil, cenorias, apio, tirabeques, etc...ao final do mes de Xaneiro. Fixémolo nos bancais da horta, onde esperamos que medren para poder facer platos saudables deliciosos.

Deporte na Escola

      DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

 Curso 21-22

 

 Venres día 18 de Marzo de 2021

    O vindeiro venres,  día  18 de Marzo de 2021, terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levara a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes serán 5ºA e 5ºB.

      O alumnado de 5º sairá do colexio, en autobús, ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente a partires das 11:00h.

    Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade ( autorizada polas familias ao comezo de este curso 21-22 no Programa Xogade)  terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe deportiva do mesmo, gorra, mochila e merenda.

    Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

 

 

 

A Nosa Horta

Novas Plantas aromáticas no bancal de 3º.

O pasado mércores 11 de maio, o alumnado de 3ºB levou a horta plantas aromáticas, para completar as que xa plantaran meses anteriores. Desta tanda levaron Cilantro, Herba Luisa, etc... Agora unha vez plantadas serán os encargados de regar e coidar para ter condimentos culinarios.

Fai Clic ao Teu Bocata

Fai clic ao teu bocata

 

Esta semana tivemos os talleres de "fai clic ao teu bocata" onde os nenos e nenas de todo o colexio puideron aprender moitas cousas sobre as conservas, a alimentación saudable e distintas receitas para as súas próximas merendas. Ademais pasaron un bo rato de xogos e degustaron un rico bocadillo con leituga, tomate, sardiñas e queixo. 

Cociñamos Choripan

O alumnado de 4º de Primaria cociñou choripan co trigo, millo e plantas aromáticas que recolleron da nosa horta e que plantaran o curso anterior.

Encontraredes máis información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/voznatura

Deporte na Escola

 

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño

Curso 22-23

Venres día 9 de decembro de 2022

 O vindeiro venres día 9 de decembro de 2022  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºB, 4ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda.

 

23 DE FEBREIRO DE 2022.- DÍA DE ROSALÍA

Queredes ver qué fixemos no 2 este ano para celebrar o día de Rosalía??

Pois aqui tedes unha pequena mostra do gran traballo dos nosos alumnos. Temos de todo un pouco....:

En primeiro ciclo fixeron uns libriños sobre a nosa meirande autora. No segundo ciclo o alumnado fixo e decorou uns abanicos con diferentes cousas relacionadas con esta celebración. No terceiro ciclo os alumnos fixeron uns marcapáxinas de origami coa figura de Rosalía.

Todo o cole, dende infantil a sexto.....escollemos verbas en galego para rosalía coas que logo fixemos unhas nubes de palabras moi bonitas e coas que decoramos as escaleiras do noso centro.

E para rematar, todos fixeron carautas da autora que pintaron e ata incluso disfrazaron pola proximidade do entroido este ano.

Por ter, temos ata unha foliada para Rosalía composta e cantada polo alumnado de 3ºB. Aquí vos deixamos uns vídeos e fotos do que fixemos con tanta ilusión:

 

 

 

 

 

Deporte Escolar

           Xornada de Atletismo 

A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 21-22

     Venres día 1 de abril de 2021

    O vindeiro venres,  día  1 de abril de 2022, terá lugar nas instalación da A Macoca a xornada de atletismo en pista que se levara a cabo de 10:30 a 13:45h aproximadamente. Os cursos participantes serán 6ºA e 6ºB.

      O alumnado de 6º sairá do colexio, en autobús, ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente a partires das 10:30h.

    Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade ( autorizada polas familias ao comezo de este curso 21-22 no Programa Xogade)  terán que traer: Chándal ( o do cole se tiveran), equipaxe deportiva do mesmo, gorra, mochila e merenda.

    Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios.

     Atoparedes información detallada da proba, na web de Agrudebam.

Actividades no Medio Natural

 Viaxe as Illas Cíes.

 Alumnado de 4º

14-06-22

O alumnado de 4º do CEIP Nº2 de Tui, tivo oportunidade de visitar as Illas Cíes, dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Unha excursión fascinante en barco, con Ginkana e paseo pola illa, para descubrir cousas fascinantes sobre a súa fauna e flora.

 

 



by Dr. Radut