Skip to Content

23 DE FEBREIRO DE 2022.- DÍA DE ROSALÍA

Queredes ver qué fixemos no 2 este ano para celebrar o día de Rosalía??

Pois aqui tedes unha pequena mostra do gran traballo dos nosos alumnos. Temos de todo un pouco....:

En primeiro ciclo fixeron uns libriños sobre a nosa meirande autora. No segundo ciclo o alumnado fixo e decorou uns abanicos con diferentes cousas relacionadas con esta celebración. No terceiro ciclo os alumnos fixeron uns marcapáxinas de origami coa figura de Rosalía.

Todo o cole, dende infantil a sexto.....escollemos verbas en galego para rosalía coas que logo fixemos unhas nubes de palabras moi bonitas e coas que decoramos as escaleiras do noso centro.

E para rematar, todos fixeron carautas da autora que pintaron e ata incluso disfrazaron pola proximidade do entroido este ano.

Por ter, temos ata unha foliada para Rosalía composta e cantada polo alumnado de 3ºB. Aquí vos deixamos uns vídeos e fotos do que fixemos con tanta ilusión:

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
foliadarosalia(1).mp433.86 MB
rosalia2022.mp416.69 MB


page | by Dr. Radut