Skip to Content

Monthly archive

PATRULLAS ECOLÓXICAS

As patrullas ecolóxias de 5º e 4º xa están en marcha. Cada unha coas súas responsabilidades. (preme na foto para máis información)

Tenis de Mesa

Gifs Animados de Ping Pong

Tenis de Mesa 22-23.

Gifs Animados de Ping Pong

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

 30 de novembro de 2022.

 O vindeiro, mércores 30 de novembro, terá lugar a 2ª xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, da presente campaña Deportiva 22-23,  en horario de 16:30h a 19:00h, no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 19:30h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e rotonda igrexa Areas. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo e merenda. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

A Milla

 

Deporte na Eurocidade

Raid TT Valença

26 de marzo: Motos

30 de abril: Jeeps.

Para os amantes do mundo do motor, esta fin de semana, o 26 de marzo terá lugar en Valença o Raid TT Valença cunha proba de motos e Quads, xa o vindeiro 30 de abril terá lugar a proba de jeeps. Animádevos a gozar de esta fantástica proba na eurocidade Tui-Valença.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O vindeiro mércores 25 de maio terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asistirá o alumnado clasificado nas xornadas anteriores, de non poder asistir a esta xornada, sería importante comunícalo a maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva.  O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, e Rotonda. A volta será aproximadamente ás 20:30h. Os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo, merenda e auga. @s nen@s que vaian a Tomiño directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se teñen algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Material Escolar

 

 

MATERIAL ESCOLAR ALUMNADO

Para facilitar a vosa organización e  evitar aglomeracións nas librarías os primeiros días de curso, adiantamos as listaxes de material por nivel.

 

Educación Infantil

1º Educación Primaria

2º Educación Primaria

3º Educación Primaria

4º Educación Primaria

5º Educación Primaria

6º Educación Primaria 

 Educación Física

Campo a Través

Campo a Través Zonal 22-23.Gifs de Atletismo

Área Recreativa Ribeira de Caldelas ( Tui)

12 novembro 2022

O Vindeiro Sábado día 12 de novembro de 2022, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva, organizado pola Agrupación Deportiva Baixo Miño en coordinación coa Secretaría Xeral para o Deporte,  nas Instalacións do área Recreativa da Ribeira de Caldelas (Tui). 

 

Pincha aquí para descargar a autorización da proba.

Aliméntate Ben

▷ Fresas: Imágenes Animadas, Gifs y Animaciones ¡100% GRATIS!Plantando amorodos.Gifs Animados de Fresas

O venres 11 de novembro de  2022, o alumnado de 5ºA e de 3ºB estiveron plantando amorodos, na horta. Así, na zona que medran as framboesas, teremos unha zona de froitos vermellos, no que medrarán exquisitos amorodos tamén.

 

Así quedou a nosa plantación, agora a esperar os seus froitos.

Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

CEIP Nº2-CEP Pedro Caselles

Curso 22-23

Mércores día 14 de decembro de 2022

 O vindeiro mércores día 14 de decembro de 2022  terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- CEP Pedro Caselles de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºA, 4ºA. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), equipación do mesmo, mochila de Educación Física e merenda. As familias que queiran asistir, poderan facelo.

Deporte na Escola

Ruta de Orientación na Escola 

1º de Primaria.

O pasado venres 25 de febreiro o alumnado de 1º gozamos de unha xornada de Orientación na escola. As profes faláronnos das balizas, das follas de rexistro, do traballo en equipo e dos mapas de orientación. Pasamos unha maña estupenda na que nos divertimos moito.



by Dr. Radut