Fai Clic ao Teu Bocata

Fai clic ao teu bocata

 

Esta semana tivemos os talleres de "fai clic ao teu bocata" onde os nenos e nenas de todo o colexio puideron aprender moitas cousas sobre as conservas, a alimentación saudable e distintas receitas para as súas próximas merendas. Ademais pasaron un bo rato de xogos e degustaron un rico bocadillo con leituga, tomate, sardiñas e queixo.