Skip to Content

Monthly archive

FINAIS E RESULTADOS DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 10 de maio de 2017

O pasado  mércores día 10 de maio,  tivo lugar a Xornada Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Felicitar a todos os participantes do noso cole polos grandes resultados acadados.

Aquí vos deixamos as clasificacións e fotos da xornada.

Para ver as clasificacións preme aqui

Pelicula recomendada.

                                                               Pelicula recomendada. 

 Dragon ball súper una historia dun home con súper poderes. A vida na terra era normal ata que chegan super villanos cada vez mais fortes, pero el e os seus amigos axúdanno a vencelos.

ANDAINA POLOS MUIÑOS DO FURNIA

IV Andaina Muiños do Río Furnia

Sábado 21 de Outubro 2017

17:00h 

O pasado, sábado 21 de outubro ás 17:00h, tivo lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.

Foi  unha tarde estupenda de sol para facer a camiñada en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h, onde tanto grandes como pequenos deixaron voar a súa imaxinación nun entorno natural e máxico, onde ademáis disfrutamos de teatro, castañas, xogos, gaitas, baile e moita festa.

 Do noso centro participaron moitos alumn@s e as súas familias, que nos fixeron chegar fotos do moito que disfrutaron e o ben que o pasaron. Moitas gracias as familias de Diego, Lía, Brais, Roque, Ada,  Arantxa, Lara, Carmen, Martina, Diego etc.. e a todos os antigos alumnos do cole que se animaron a participar Gonzalo, Iago, Borja, Nico, Adri etc..

Actividades de Nadal en Tui

Actividades de Nadal en Tui

 

O próximo martes, 26 de decembro, comezan as actividades de dinamización infantil de Nadal e Reis promovidas pola concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui.

 

Por unha banda no Cárcere Vello, na rúa Sanz, haberá obradoiros infantís cuxo obxectivo é que os nenos redescubran a cidade histórica. Optouse por este emprazamento por tratarse dun espazo que reúne unha serie de características que o fan apto para os xogos e disfrute da infancia, de xeito que os cativos participantes asuman valores de respecto e recoñecemento cara el. Desenvolveranse actividades nas que os nenos se poidan achegar dun xeito ameno ao coñecemento das formas arquitectónicas dese espazo e que despois poidan trasladar ao debuxo ou modelado, xunto outro tipo de actividades como obradoiro de chapas, adornos de nadal con diferentes materiais, creación de tarxetas ou disfraces, karaoke, etc. Outras actividades previstas será a visita ás exposicións de Beléns na Catedral ou mesmo a interpretación dalgunha peza cun instrumento musical medieval.

 

Por outra parte a Sala Xacobeo na Área Panorámica acollerá outros obradoiros infantís que permitirán aos cativos coñecer de preto a fisionomía e características de diferentes

especies de réptiles e anfibios que, xunto cunha didáctica amena, proporcionarán ao nenos unha serie de valores de respecto cara a vida animal. Levaran a cabo actividades de debuxo e modelado das especies que poden observar para despois crear unha pequena exposición.

 

Os obradoiros terá lugar o martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29 de decembro, así coma o martes 2,mércores 3, xoves 4 e venres 5 de xaneiro en horario de 10.30h a 13.30h. 

Máis información en :http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=4096

 

DAKAR 2017

 

Dakar 2017

 Estase a levar a cabo durante o mes de xaneiro de 2017 a proba do Dakar. Esta é unha competición extrema e fora do común que consigue transformar o espiritu aventureiro dos participantes. Os participantes teñen oportunidade de viaxar nos seus vehículos de competicións por paisaxes extraordinarios, pero teñen que ter grandes aptitudes deportivas, fisicas e mentais.

Este ano a proba estase a levar a cabo no continente sudamericano, coa participación de grandes corredores españois e de todo o mundo... e unha proba de excepción que vos invitamos a seguir na web e na televisión.

 Unha das noticias que nos causou máis impacto este ano foi o abandono de Calor Sains polo aparatoso acccidente sufrido nun barranco, cando estaba a piques de rematar a cuarta etapa da proba. Unha mágoa para este gran corredor que se perfilaba como un dos favoritos.

 Podedes atopar máis información da proba sobre os resultados dos e das participantes na seguinte web: http://www.dakar.com/dakar/2017/es/recorrido.html

 

 

 

COPA DO REI

O Celta de Vigo eliminou ao Real Madrid nos cuartos de final da copa do Rei. Despois dun 1-2 no Bernabeu o equipo branco visitaba Balaidos coa premura de remontar ese resultado adverso.

O clube celeste animado por unha aficción de campionato mantivo a raia as embestidas dos merengues logrando o pase as semifinais cun empate a dous. No estadio de Balaidos volveu soar a "Rianxeira" e os vigueses soñan con facer algo grande nesta competición.

Hala Celta campión!!!!!

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 18 de Febreiro contra o equipo do Novás, no Rosal.

Os parciais foron:

C.B. Novás- C.B. Tui: 5-7//6-6//8-3//8-7

Neste equipo que xogan vari@s alumn@s do noso cole: Alvaro, Yosra, Uxía e Lía, e un equipo moi novo e que está a xogar moi ben, mellorando moito en moi pouco tempo. Noraboa equipo!

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DE TURISMO EN TUI

Actividades deportivas e de turismo en Tui.

 O Concello de Tui ven de presentar un folleto turístico de actividades a poder levar a cabo en Tui.

Na proposta aparece as posibilidades que nos ofrece:

·        O Monte Aloia, con taxis lanzadeira para facer a baixada polas sendas do Monte Aloia.

·         O Turismo polas rúas históricas de Tui, con rutas guiadas ao casco histórico e ao Tui Xudio

·         E paseos en barco polo Río Miño. Dende o vindeiro mes de abril un barco percorrerá o río Miño cunha duración de duas horas, sendo os horarios previstos ás 11:00h e as 19:00h.

Actividades en familia que vos animamos a realizar e a disfrutar en Tui.

 

FLIC FLAC VIGO

 O Club Flic Flac de Vigo acada 15 medallas no Campionato de España de Ximnasia acrobática.

 O Club de ximnasia acrobática Flic Flac de Vigo, obtivo 15 medallas no campionato de España que tivo lugar en Guadalaxara o nas datas previas ao 18 de maio.

 69 Ximnastas estiveron no campionato, acompañados polo seu adestrador Jorge Méndez, dos cales case a metade subiron ao podium.

 A ximnasia acrobática que está conseguindo grandes éxitos grazas ao gran traballo que está a realizar este gran club.

 Se algunha persoa lle apetece prácticar este deporte, non dubidedes en contactar por whasapp ao teléfono: 698125731

 Ademáis podedes ver videos interesantes do clube nos seguintes enlaces.

 https://www.youtube.com/watch?v=df-WWlDuoUU

 https://www.youtube.com/watch?v=_YqwV302AGU

 Noraboa!

 

PARQUE PENA AVENTURA

Deporte de aventura en Familia

Pena aventura Portugal.

Da man do profe Mateo, mestre de música no colexio, e dos nenos do seu colexio de Fisterra, descubrimos o parque de aventura de Portugal  “Pena Aventura”.

El PENA AVENTURA PARK é un parque de actividades lúdicas e deportes de aventura na Ribeira da Pena, no distrito de Vila Real, na zona Norte de Portugal. É un parque para todas as idades, cunha gran variedade de actividades na natureza, coa tirolina máis grande de Europa.

Aquí vos deixamos a súa web por se é do seu interese:http://www.penaaventura.com.pt/



by Dr. Radut