Skip to Content

Monthly archive

ACTIVIDADES DEPORTIVAS EUROCIDADE TUI-VALENÇA PARA O ANO 2017

 

Actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença para o ano 2017

 

Unha trintena de actividades de 18 modalidades deportivas conforman o programa que

para este ano 2017 oferta a Eurocidade Tui Valença no ámbito deportivo.

 

  • VI Eurocidade BTT que terá lugar en marzo.

  • 22/04/2017 I Copa San Telmo en fútbol.

  • Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade,

  • 8-10/04/17 III Torneo Baloncesto.

  • 11/06/17 VI Eurocidade 10 de atletismo.

  • 17-18/06/17 III Torneo de Judo.

  • 25/06/17 IV Campionato de Kung.

  • VII Travesía a Nado (xuño).

  • II Festival Aéreo (xullo).

  • II Descenso en Boias (xullo).

  • VI Torneo de Balonmán (agosto).

  • IV Trofeo de Hoquei (setembro).

  • II Campionato de Xadrez (setembro).

  • IV Torneo de Tenis (setembro e outubro).

  • 13-15/10/17 II Rallie Eurocidade.

  • IV Torneo de Baile Deportivo (novembro).

  • 25/11/17 II Urban Trail Night.

  • I Liga de Padel (anual)

Animamos a todos os nenos e nenas do noso centro así como ás súas familiasadisfrutar do

deporte na eurocidade.

 



 

GUSTAVO RODRÍGUEZ CAMPIÓN DE TRIATLÓN

Gustavo Rodríguez Campión do Triatlón Illa de Madeira Portugal

O pasado domingo, 26 de marzo tivo lugar en, na illa de Madeira en Portugal a proba de Triatlón, onde o tudense Gustavo Rodríguez se proclamou vencedor do mesmo.

Noraboa Tavo!!

 

PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 20 de maio de 2017

O vindeiro,  sábado día 20 de maio,  vai ter lugar o Campionato Provincial da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Nesta xornada non haberá autobús, pois os participantes van coas súas familias. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio e chandal do mesmo.. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

pasatempos

                                                            

 

EQUIPO ALEVÍN DO CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana contra o Galicia Social. Os parciais foron de 2-4//1-4//0-9//2-9 afavor do equipo tudense no que xogan varios alumn@s do noso cole.

Noraboa por esta nova victoria.

CALENDARIO CEAPA 2018

CALENDARIO PARA O DESENVOLVEMENTO

DE COMPETENCIAS CLAVE

 

 

Para ter acceso a este calendario preme aquí 

CAMPIONATO DE EUROPA DE ATLETISMO EN PISTA CUBERTA

Campeonato de Europa de Atletismo en pista cuberta

Belgrado (Serbia) 3-5 marzo de 2017

Dende o 3 ata o 5 de Marzo tivo lugar en Belgrado ( Serbia), o campionato de Europa de Atletismo en pista cuberta, no Kombank Arena da capital serbia.

Moitos foron os atletas masculinos e femininos que pasaron por estas instalación, e catro foron os que acadaron medaias:

Medaia de Bronce na proba de 800m para Alvaro de Arriba.

Medaia de Ouro na proba de 3000m para Adel Mechaal.

Medaia de Prata na proba de heptalón para Jorge Ureña.

Medaia de Prata na proba de salto de altura para Ruth Beitia.

A galega Ana Peleteiro foi quinta na proba de triple salto.

Atoparedes máis información sobre este campeonato nos seguintes enlaces:

http://www.rtve.es/deportes/20170305/campeonatos-europa-atletismo-pista-cubierta-teledeporte-rtvees/1498701.shtml

http://www.sport.es/es/noticias/campeonato-europa-atletismo-2017/ana-peleteiro-quinta-de-europa-y-a-11-centimetros-del-bronce-5876501

https://es.wikipedia.org/wiki/Campeonato_Europeo_de_Atletismo_en_Pista_Cubierta_de_2017

 

LECTURAS DEPORTIVAS

Nas clases de Educación Física seguimos promovendo a lectura como deporte para exercitar a nosa mente. Hoxe fio unha alumna de 6ºB que trouxo unha guía para manternos en forma.

Dende o equipo de Deprote Escolar seguimos animando ao alumnado que faga deporte e a que tamén se aficcionen á lectura.

FINAL PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

 Final Provincial de Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

20 de maio de 2017

O pasado, sábado día 20 de maio, tivo lugar o Campionato Provincial da Competición Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 9:30h a 14:00h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada.

Xornada na que participaron Paula Russell de 6ºC que foi terceira clasificada, Telmo Portela de 5ºB e Claudia Estevez de 4ºA que foron quintos respectivamente, nas súas categorías.

A nosa noraboa a estes grandes campións.



by Dr. Radut