Skip to Content

Monthly archive

COPA DO MUNDO DE PIRAGÜISMO

Brais Casás,  Roi Rodríguez e Manu Garrido, padeeiros do Club Kayak Tudense participarán na Copa do Mundo de Szeged ( Hungría).

 

Varios padeeiros do Club Kayak Tudense, participaran na Copa do Mundo que terá lugar en Szeged ( Hungría). Algúns deles xa estiveron presentes na Copa do Mundo que tivo lugar en Montemor Velho a pasada fin de semana do 20-21 de maio de 2017.

Dende o noso equipo de Deporte no 2, desexarlles moita sorte.

Podedes atopar máis información en: http://www.infominho.com/index.php/id/54/objeto/33680/claves/Los%20palistas%20del%20Kayak%20Tudense%20Brais%20Cas%C3%A1s%20y%20Roi%20Rodr%C3%ADguez-en%20la%20Copa%20del%20Mundo%20de%20Szeged%20Hungr%C3%ADa

NOTA DEPORTE ESCOLAR

NOTA INFORMATIVA DO MATERIAL NECESARIO PARA EDUCACIÓN FÍSICA2017-18

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

 Volei Curso 17-18

O Mércores día 29 de Novembro,  terá lugar a 2ª xornada de Volei, no Pavillón do Ceip Randufe. Esta será a última xornada. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

CAMPIONATO DE BALONCESTO BENXAMÍN C.B TUI

Campeonato de Baloncesto Benxamín CB.Tui .

14 /01/17

O equipo Benxamín do club Baloncesto Tui, está a levar a cabo a liga regular da categoría Benxamín de Baloncesto. Cada fin de semana un xogador é o protagonista do cartel que informa do partido da xornada.

A fin de semana do 14 de Xaneiro de 2017, os protagonistas foron 2 grandes xogadores do noso colexio.

Hector de 3ºB foi o protagonista do equipo Benxamín A.

E Diego de 3ºB  foi o protagonista do equipo Benxamín B.

Aquí vos deixamos boa mostra dos fantásticos carteis dos nosos compañeiros. Felicidades aos dous e aos vosos equipos.

Información facilitada pola familia de Diego de 3ºB. Moitísimas gracias Carmen.

A PAZ

AÍNDA QUE TÓDOLOS DÍAS TRABALLAMOS PARA A PAZ... HAI UNHA SEMANA QUE SE FESTEXA MÁIS, E SEMPRE FACEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

ESTE ANO A ANPA INVITOUNOS Á ÁREA PANORÁMICA A VER UNHA OBRA DE TEATRO, DA TROPA DE TRAPO. TAMÉN VIMOS O VIDEO DO MANEQUEEN CHALLENGE QUE SE FIXO POR TODO O COLE... A VERDADE TODOS O FIXEMOS ESTUPENDAMENTE.

 

   
   

 

 

PERO ADEMÁIS... ESTE ANO VEUNOS A VISITAR UN ARTISTA AO COLE, O CAL DECOROU UNHA DAS PAREDES, E DEIXOUNA PRECIOSA. ISO SI... OS NENOS DE INFANTIL TIVEMOS QUE AXUDARLLE A CREAR ALGÚNS DISEÑOS... ASÍ QUE PUXÉMONOS NUNHA CARTOLINA MANS Á OBRA, E DESEÑAMOS UNS DEBUXOS MOI BONITOS CON MOTIVO DO DÍA DA PAZ, QUE DESPOIS EL PINTOU NA PAREDE. A VERDADE É UN VERDADEIRO ARTISTA, E OS NENOS DO 2 ESTAMOS MOI CONTENTOS DE QUE NOS PUXESE O COLE TAN BONITO!

 

 
   
   

 

 

 

CONTOS DEPORTIVOS

CONTOS DEPORTIVO

Seguimos aproveitando as clases de Educación Fisica para promover a lectura, como deporte que exercita o noso cerebro, a imaxinación e o pensamento.

Esta vez son os nenos e nenas de 3ºA que trouxeron uns contos da colección de "Teo" que teñen que ver con facer deporte.

Moitas gracias a todos e seguide buscando e investigando libros e contos deportivos.

 

 

FINAIS E RESULTADOS DE TENIS DE MESA

Tenis de Mesa 16-17.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 10 de maio de 2017

O pasado  mércores día 10 de maio,  tivo lugar a Xornada Final da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 16-17 no Pavillón de Sobrada. Felicitar a todos os participantes do noso cole polos grandes resultados acadados.

Aquí vos deixamos as clasificacións e fotos da xornada.

Para ver as clasificacións preme aqui

Pelicula recomendada.

                                                               Pelicula recomendada. 

 Dragon ball súper una historia dun home con súper poderes. A vida na terra era normal ata que chegan super villanos cada vez mais fortes, pero el e os seus amigos axúdanno a vencelos.

ANDAINA POLOS MUIÑOS DO FURNIA

IV Andaina Muiños do Río Furnia

Sábado 21 de Outubro 2017

17:00h 

O pasado, sábado 21 de outubro ás 17:00h, tivo lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.

Foi  unha tarde estupenda de sol para facer a camiñada en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h, onde tanto grandes como pequenos deixaron voar a súa imaxinación nun entorno natural e máxico, onde ademáis disfrutamos de teatro, castañas, xogos, gaitas, baile e moita festa.

 Do noso centro participaron moitos alumn@s e as súas familias, que nos fixeron chegar fotos do moito que disfrutaron e o ben que o pasaron. Moitas gracias as familias de Diego, Lía, Brais, Roque, Ada,  Arantxa, Lara, Carmen, Martina, Diego etc.. e a todos os antigos alumnos do cole que se animaron a participar Gonzalo, Iago, Borja, Nico, Adri etc..

Actividades de Nadal en Tui

Actividades de Nadal en Tui

 

O próximo martes, 26 de decembro, comezan as actividades de dinamización infantil de Nadal e Reis promovidas pola concellería de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente do Concello de Tui.

 

Por unha banda no Cárcere Vello, na rúa Sanz, haberá obradoiros infantís cuxo obxectivo é que os nenos redescubran a cidade histórica. Optouse por este emprazamento por tratarse dun espazo que reúne unha serie de características que o fan apto para os xogos e disfrute da infancia, de xeito que os cativos participantes asuman valores de respecto e recoñecemento cara el. Desenvolveranse actividades nas que os nenos se poidan achegar dun xeito ameno ao coñecemento das formas arquitectónicas dese espazo e que despois poidan trasladar ao debuxo ou modelado, xunto outro tipo de actividades como obradoiro de chapas, adornos de nadal con diferentes materiais, creación de tarxetas ou disfraces, karaoke, etc. Outras actividades previstas será a visita ás exposicións de Beléns na Catedral ou mesmo a interpretación dalgunha peza cun instrumento musical medieval.

 

Por outra parte a Sala Xacobeo na Área Panorámica acollerá outros obradoiros infantís que permitirán aos cativos coñecer de preto a fisionomía e características de diferentes

especies de réptiles e anfibios que, xunto cunha didáctica amena, proporcionarán ao nenos unha serie de valores de respecto cara a vida animal. Levaran a cabo actividades de debuxo e modelado das especies que poden observar para despois crear unha pequena exposición.

 

Os obradoiros terá lugar o martes 26, mércores 27, xoves 28 e venres 29 de decembro, así coma o martes 2,mércores 3, xoves 4 e venres 5 de xaneiro en horario de 10.30h a 13.30h. 

Máis información en :http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=4096

 



by Dr. Radut