Skip to Content

Monthly archive

Aloiada 17

Aloiada 17

O Ceip Nº1, Ceip Pazos de Reis, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Rebordáns, Ceip Guillarei, e Cpr Sta María Maristas, levaron a cabo a Aloiada 17 disfrutaron de dous días de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia,

Dita actividade estivo destinada os/as 250 alumnos/as de 6º de Educación Primaria de seis centros educativos.

1ª Xornada: O día 15 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

2ª Xornada: O día 16 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubriremos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

Unha nova aventura na que disfrutamos moito cos novos colexios participantes que esperamos repetir o vindeiro curso. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos.

Moitas grazas a todas ao Concello de Tui e a todas as entidadades que fixeron que esta actividade fose posible.

     
     
     
     

 

 

Campo a Través Zonal 17-18. O Borralliño-Soutelo ( Salceda de Caselas ) 18 Nov 2017

 Campo a Través Zonal 17-18.

O Borralliño-Soutelo ( Salceda de Caselas )

18 Nov 2017     

            O Vindeiro Sábado día 18 de Novembro vai ter lugar a Cross Zonal da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións deportivas do Borralliño en Soutelo ( Salceda de Caselas). Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º, gustaríamos contar con un gran número de participantes de Tui. Os/as nenos/as que queiran participar en dita xornada deberán traer esta notiña asinada antes do vindeiro venres día 10 de Novembro.

 

Aquí tedes a folla de Inscripción que podedes descargar.

Atoparedes máis información en Agrudebam.

A saída do bus para tódolos nenos/as que participan nesta competición será: ás 8:45h nas paradas de Areas, Rotonda e Rafi, ás 8:55h do C.E.I.P. Nº 2 de Tui. Prégase puntualidade porque a esta hora sairá o bus sen retraso.

 

O Regreso do bus será aproximadamente entre as 13:45h.

Para as familias que se van desprazar en coche poden acceder ao circuito, dende a Nac 550 en Guillarei, desviándose á dereita  a altura do Hotel Alfonso I en Guillarei, subir por Sobredo pola estrada comarcal que une Guillarei e Soutelo.

A competición dará comezo ás 10:30h para a categoría Benxamín Feminina (2º,3º), ás 10:40h para a categoría Banxamín masculina (2º,3º), ás 10:55h para a categoría Alevín Feminino (4º,5º), ás 11:10h para a categoría Alevín Masculina(4º,5º),  ás 11:25h para a categoría Infantil Feminino ( 6º) e ás 11:40h para a categoría Infantil Masculino ( 6º).

Todos os participantes terán que estar no circuito 15 min antes de que comece a súa proba para que se lle entregue o dorsal. Haberá unha carpa co nome do Ceip Nº2 de Tui no Campo de fútbol, lugar de encontro para todos os participantes do noso colexio e onde as mestras  lle entregarán o dorsal da carreira.

            Tódolos nenos/as teñen que traer chándal( o do cole se o tiveran),  a equipación do colexio ( camiseta e pantalón), tenis e roupa de abrigo por mor do frío.

            ¡¡¡IMPORTANTE!!! A roupa do colexio será devolta antes do Mércores día 22 de Novembro.

            Aquí poden atopar máis información da proba (información de como chegar ao circuito, as animacións das carreiras, distancias, horarios…).

 

            Para calquera dúbida poden chamar ao tlfno 650602161.

APADRIÑA UN CAN

 Apadriñar un can unha forma de disfrutar en familia.

Aloia Protectora de animais de Tui.

 

O pasado fin de semana do 15 de Xaneiro, Lucas de 6ºB, Paula de 4ºB e Pablo de 6ºA, estiveron facendo unha actividade moi especial coas súas familias.

A eles encántanlle os animais, así que decidiron colaborar coa protectora de animais de Tui e sacaron a pasear a Lúa a negra, a Lobito o grande e a Loquillo ao que lle puxeron nome porque non tiña.

Na protectora de animais de Tui viven moitos animais que son abandonados ou que perderon ao seu dono.

O certo é que Lucas nos contaba con moita ilusión o moito que disfrutaron cos seus amigos. Decíanos que non tes porque levarte aos cans para a túa casa, podes ir de visita e disfrutar da súa compañía alí, de un paseo con eles....

Para poder disfrutar de esta actividade podedes acudir á Tenda de Dulces Tui e alí vos dan toda a información necesaria ou na web: https://es-es.facebook.com/protectoradeanimaisALOIA/

Sabemos que podemos axudar de varias maneiras:

  1. Sendo socio da protectora que ten unha aportación anual de 15€.

  2. Apadriñar un can que ten unha aportación mensual de 5€.

Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o pasaron e para que vos animedes a participar nesta actividade solidaria cos mellores amigos do home, os animais.

Información facilitada polas familias de Pablo, Lucas e Paula...Moitísimas gracias por compartila con nós.

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo do Cisne. Os parciais foron de 3-2//3-2//3-3//3-3 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Noraboa equipo!

Información facilitada por Lucía Méndez de 6ºC. Moitas gracias

 

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 4 de Febreiro contra o equipo do Porriño. Os parciais foron de 9-3//7-6//6-4//7-3 a favor do equipo tudense no que xogan vari@s alumn@s do noso cole. Noraboa equipo!

Información facilitada por Uxía Soliño de 3ºA. Moitas gracias

KAYAK TUDENSE

O Kayak Tudense, Campeón galego de Inverno.

O Club Kayak Tudense proclamouse campión galego de inverno, na categoría senior esta fin de semana do 5 marzo, no embalse de Belesar, no concello de Taboada en Lugo, onde todas as regatas se levaron a cabo na distancia de 5000 m. Noraboa a todo o equipo e a todos os participantes. Gran traballo de este  equipo tudense.

Podedes atopar máis información en:

https://www.vigoe.es/deportes/polideportivo/item/15706-el-kayak-tudense-campeon-gallego-de-invierno.

 

 

CARREIRA DE SAN TELMO 2017

Carreira Popular de San Telmo 17.

Dom 23 de Abril 2017 (Tui ) 

O pasado Domingo de San Telmo, día 23 de Abril pola mañá, tivo lugar a Carreira de San Telmo 2017, na Corredeira de Tui. Unha xornada estupenda, onde os nenos e nenas inscritas do noso centro disfrutaron correndo e cos seus amigos…aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ven que o pasaron.

Podedes atopar as clasificacións e máis fotos da proba en: www. Atletismotui.com. 

 

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui xogou esta fin de semana do 20 de maio contra o equipo do Cañiza.

Os parciais foron: CAÑIZA- C.B.TUI: 12-4/7-9/9-4/9-2

 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

PROMOCIÓN DE REMO

 

PROMOCIÓN DE REMO

O pasado Xoves 14 de setembro , estiveron con nós Sonia e Diego do Club Remo Tui. Con eles disfrutamos de moita información sobre os barcos de remo e a súa paixón polo río. Tamén poidemos probar os remoergómetros e nos invitaron a visitar as instalacións do centro interfederado para adestrar e ver os distintos tipos de embarcacións. Moitas gracias.

 

Volei Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Volei Curso 17-18

        Onte, Mércores día 22 de Novembro,  tivo lugar a 1ª xornada de voleibol no Pavillón do Ceip Randufe. Na xornada participaron 2 equipos benxamíns e 2 equipos alevíns do noso centro, xunto aos coles Cep Pedro Caselles de Tomiño e o Ceip de Barrantes de Tomiño.

Foi unha xornada na que o pasamos moi ben e disfrutamos moito, como podedes ver. O vindeiro martes día 29 de Novembro teremos a 2ª e última xornada deste curso.

I TROFEO DE HIP HOP

I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui

O pavillón municipal acollerá este domingo 29 de Xaneiro, a partires das 15:00 horas, o “I Trofeo de Hip Hop Cidade de Tui”.  Máis dun centenar de bailaríns participarán en diferentes coreografías e actuacións en grupo con integrantes dende os 4 anos en diante.

 

 Concurso de graffitis no Pavillón Novo

De xeito paralelo ás 11:00h do Domingo, terá lugar un concurso de graffitis na fachada do novo pavillón municipal.

Atoparedes información máis detallada en: http://www.concellotui.org/php/novas.php?id=3747

Bases do concurso aqui

 



by Dr. Radut