Skip to main content

APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS

COLOFÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Como colofón do proxecto levado a cabo durante todo o curso escolar,

toda a comunidade do CEIP Nicolás del Río, queremos convidar ás nosas

xentes, á nosa vila a participar cantando "A praia do Varadeiro". Esta é

só unha de toda a inmensidade musical que coñecemos e traballamos

este ano, foi a canción que nos cantaron as avoas: Josefa Leonardo Díaz,

Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García (Meni), Estrella Leonardo

Martínez e Josefa López Rey. Ide practicando, que este venres 14 de xuño,

ás 9:20h, vémonos no muro da praia da Madalena, con ou sen instrumento

para cantar todos e todas xuntas.

Deixámosvos, abaixo en ficheiros adxuntos, o mp3 coa versión que cantaremos.

Se clicades arrriba veredes o vídeo coas estrofas que estamos ensaiando.

Repetiremos a canción dúas ou tres veces para gravar e quedarnos coa mellor versión.

Un proxecto de toda unha vila!

 

 

 

 

 

 

ENTREVISTA A MARI LUZ LORENZO - RADIO NA BIBLIO - DOCUMENTACIÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Tivemos o gran pracer de pasar varios xoves con Mari Luz Lorenzo

e deixou pegada na rapazada e na que non é tan peque. Mestras,

antigas alumnas da súa escola de baile, de regueifas e aturuxos...

Tempo de escoitar, bailar, cantar, ver fotografías e aprender que se

tiramos do fío...cantas cousas aprendemos, cantos agasallos en verbas,

contos, imaxes... aprendemos a coñecernos, saber de onde vimos e ver

a nosa herdanza. Gracias Mari Luz polo agasallo de terte, nesta escola

que é a túa ti espallaches cultura galega! Unha lección de amor

á terra e ás súas xentes!

De fondo as voces máis bonitas, a dunha rapazada xa medrada,

o coro escolar "Cascarriola" do CEIP Nicolás del Río, ano 2009.

 

 

 

 

 

 

 

 

RICARDO FREIRE NA VOZ DE ALICIA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental

 
Unha nova gravación vén a documentarnos no noso proxecto "Música, Maestro!"
 
Cedeira é un pobo de artistas musicais, que incluso na emigración chegaron ao máis alto.
 
Hoxe na voz de Alicia Freire, a súa filla, rendímoslle homenaxe a unha figura musical que
 
chegou a Uruguay e volveu para agasallarnos co máis bonito que tiña, os acordes da súa guitarra.
 

 

 

 

 

GRUPO CANDIEIRA #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #RadioExperimental

Entrevistamos a Tiano Labraña e Charo do Pinzón, dous dos compoñentes do grupo musical

"Candieira". Grupo que este ano fai os seus 50 anos! Falaron de música, de reinvindicación,

da lingua e dunha época, unha entrevista para escoitar e cantar!

Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!

 

 

 

 

XEOPARQUE CABO ORTEGAL - XEOBRADOIROS #XeoparqueCaboOrtegal #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O Xeoparque Cabo Ortegal ofreceunos unha charla

sobre os diferentes minerais que podemos atopar na

nosa contorna. Rexistramos tódolos nomes, pois estamos

certos que será unha aprendizaxe a longo prazo, das importantes

e necesarias. Coñecer e valorar o que temos e o punto de partida.

 

 

 

 

A MÚSICA DO XOGO E DO MAR #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Nunha vila mariñeira como a nosa o simple son do mar é

música para os nosos oídos. Aproveitando un recurso mariñeiro,

Mari Luz Lorenzo, ensínanos a tocar as cunchas e unha morea de

xogos para ter vivos na vida e na memoria. Así, xeración tras

xeración manterá asegurada as nosas tradicións.

Gracias Mari Luz!

 

 

 

 

 

 

CANCIÓNS DE CORRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Aprendemos dúas cancións para xogar en corro coa axuda de Mari Luz Lorenzo.

Que ben o pasamos e canto rimos! Novos xogos para o patio!

 

 

 

 

 

DANZA DE AROS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Contounos Mari Luz Lorenzo que na vila só bailaron a Danza de Aros,

dúas ou tres veces, pois realmente era cos aros das nasas e só o bailaban

as nenas vestidas de branco e azul. A ela ensinóullela Pupé e como non tiñan gaiteros

que souberan a peza a bailaban co "Antigo Reino de Galicia", que era o máis parecido.

Era un baile fermoso, pero custoso e selectivo,

hoxe os tempos mudaron. Quixemos retomar este baile, que Mari Luz acubilla con

tanto amor cando fala del, pero adaptándoo aos nosos tempos, así que aquí

bailamos todos. A verdade leva o seu tempo aprendelo, pero cando tiñan tódolos

pasos traballados as caras enchíanse de felicidade, ao ver o que conseguiran.

Quizais, sexa esta nova rapazada a que lle de mil voltas á Danza de Aros. 

 

 

 

 

 

DESDE CÓRDOBA A SEVILLA - MARI LUZ LORENZO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Mari Luz Lorenzo amosounos unha morea de cancións e xogos

que foron transmitidos de xeito oral de avos/as a netos/as e

hoxe perduran no tempo, pero cada vez están menos presentes

no tempo de lecer da rapazada. Coa intención de facer que as tradicións

perduren, refresquemos a memoria e poñamos en marcha música e xogo!

 

 

 

 

BANDA DE GAITAS ROBALEIRA - #Radionabiblio #Dinamización Lingua Galega Candieira #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #OndaDiscalza #RadioExperimental

Unha entrevista entrañable que aporta documentación

sobre a Banda de Gaitas Robaleira. Tivemos connosco a

José Antonio García e Antonio Rodríguez, dous antigos

directores da Banda. 

As radios unidas nun proxecto común

para darlle voz ás nosas xentes e documentarnos!

Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!

 

 

 

 

 

 

 

VELADAS POÉTICAS - PREMIO PODCAST LETRAS GALEGAS @RadioGalega #Radionabiblio #LetrasGalegas24 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Xa podemos escoitar o podcats premiado no concurso organizado

pola Asesoria de Bibliotecas Escolares. O alumnado de 2º de primaria

presentou "Luisa Villalta - Veladas poéticas", un programa onde

poderedes escoitar decenas de voces da nosa rapazada  e das

familias e diferentes axentes sociais. Todo aderezado coa música

de Bach soando de fondo, dúas pezas tocadas tamén por un papá.

Estes minutos que ides escoitar son o final dun proxecto onde

investigamos, pedimos colaboración das xentes da vila, aprendemos

a diferenciar o rúido do silencio e a darlle espazo para concentrarnos

nas pezas musicais traballadas, escribimos poesía e traballamos figuras

literarias, escribimos e dramatizamos teatro para levar a voz de Luísa ao

podcast. Son uns breves minutos pero que foron meses de traballo do

alumnado e do profesorado para que esas voces produciran tan inmenso

traballo de escrita, lectura e pronunciación.

Gracias a todas e todos os que o fixeron posible!

Tamén podedes escoitar o seu podcast e o de outros premiado

(de diferentes idades) na Radio Galega. Neste domingo tamén emitirán

unha entrevista sobre o noso podcast premiado.

 

 

 

 

 

 

 

AS AVOAS NA RADIO - "MÚSICA, MAESTRO" #Radionabiblio #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hoxe podemos escoitar ás avoas: Josefa Leonardo Díaz ,Victorina Garrote Garrote,

Consuelo Quintana García, Estrella Leonardo Martínez e Josefa López Rey,

nas Radios da vila (Onda Discalza e Experimental). As radios unidas nun proxecto común

para darlle voz ás nosas xentes e documentarnos!

Proxecto "Música, Maestro". Gozade da súa escoita!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido