Skip to main content

Animación á lectura

Exposicións deste mes!

Fai uns días vos ensinamos a exposición de libros de Rosalía e, nesta ocasión, queremos contarvos outras dúas exposicións que temos este mes! Por un lado, no noso polbo, temos unha pequena escolla de libros sobre mulleres relevantes, có motivo do Día internacional da muller (e que en breves se completará có libro que vos anunciamos aquí!!) e, na estantería, xa podedes ver materiais sobre poesía xa que o 21 de marzo conmemórase o Día mundial da poesía.

 

Experiencias viaxeiras en 5 anos

  

   Nas aulas de 5 anos retomaron fai pouco unha dinámica moi chula. Cada semana, un par de alumnos ou alumnas leva en préstamo durante uns días para a súa casa unha mochila que contén un conto pero tamén algún material pensado especialmente para completar a experiencia lectora coa familia. Así, a través desta acividade achéganse á lectura e crece a motivación cara os libros e as boas historias. E, por suposto, unha vez a traen de volta e pasan uns días de corentena, a mochila volve a viaxar!

24 Febreiro: Día de Rosalía


 

Os libros na biblioteca pódense atopar nos andeis pero tamén contamos con unha zona de exposicións temporais onde temos unha pequena selección de libros arredor das diferentes datas especiais que van sucedéndose ao longo do curso. Neste caso, vos ensinamos obras relacionadas con Rosalía escollidas polo equipo da biblioteca para axudar e acompañar as aulas no traballo o día de Rosalía que tivo lugar o 24 de febreiro (e sabemos que houbo actividades ben chulas!) co gallo do nacemento da autora.

A biblioteca entra nas aulas!


No espazo da biblio do noso cole pódense facer múltiples actividades (lectura, préstamos, obradoiros de cociña, costura, robótica...) pero a función deste espazo chega máis aló das paredes da propia biblio e, moitas veces, achégase as aulas para apoiar con materiais e fondos do catálogo, os proxectos que se están a traballar.

 

Neste caso, a rapazada de 3 anos A está empezando a traballar sobre os dinosaurios e, no seu recuncho do proxecto, teñen unha pequena selección de libros informativos, contos e materiais da biblioteca cós que desfrutan un montón e se inician na búsqueda de información e no marabilloso mundo das letras!

Lendo a Antía Yáñez

A rapazada de 6º de Primaria, despois de botar un ollo ás recomendacións que se fixeron polo día das Escritoras, decidiron aproveitar a hora de ler para empezar có libro de Antía Yáñez titulado Plan de rescate, gañador do premio Agustín Fernández Paz pola igualdade en 2019! E mirade que concentrados están!

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos o día das bibliotecas escolares (24 de outubro) coa creación do novo espazo de cociña na nosa biblioteca creativa que nos permita unha aprendizaxe competencial moi significativa. Realizamos un obradoiro de galletas e decoración inspirado nos cómics. Completamos o traballo coa elaboración das receitas e cómics, abarcando así unha serie de aspectos curriculares importantes de varias áreas: matemáticas, linguas, ciencias... A nosa biblioteca segue crecendo!!!

 

DÍA DAS ESCRITORAS

O luns 19 de outubro celebramos o Día das Escritoras na nosa Biblioteca escolar 

 

CREA BANDA DESEÑADA CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Que vos parece convertir en banda deseñada o conto de Percebiño?

Podedes utilizar os debuxos orixinais de Diego Cheda e engadirlles diálogos e globos, empregar esas mesmas ilustracións coloreadas por Quique Vázquez e facer a vosa creación a través de ferramentas na rede (ou aplicación para Android), facer as vosas propias historietas...

 

 

 

 

Diego e Quique regaláronnos a súa obra.

Recordade nomealos sempre que a empreguedes.

Hai que respectar sempre os dereitos de autor.

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

VENRES DA SEMANA DO LIBRO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

Desfrutáchedes coas aventuras de Percebiño? Seguro que si.

Moitísimas gracias a Diego e a Quique por tanta creatividade, e a Tonino pola súa colaboración artística a través da música.

No seguinte vídeo podedes ver a semente, de donde naceu a historia da viaxe de Percebiño.

 

 

 

 

 

 

Rematamos a semana xogando.

Si, hai que premer na imaxe.

 

 

 

Permanecede atentas e atentos porque moi prontiño amosaremos os vosos vídeos e as vosas fotos cos libros favoritos.

FELIZ DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR #euquedonacasa #bescoaresgalabertas

 

 

Preme no rectángulo da imaxe situada baixo este pequeno texto para acceder ao conto.

Na parte superior atoparás a imaxe dun libro,

preme e escolle deslizar para poder ir vendo a historia de Percebiño páxina a páxina.

 

 

 

 

 

 

Debaixo destas palabras podes descargar as ilustracións de Percebiño para colorear.

 

FALTA 1 DÍA! #euquedonacasa #besclaresgalabertas

FALTA 1 DÍA!

 

“A ver, a ver…Cantos debuxos ten este conto?”

Cantas veces faríamos iso ao abrir un libro?

E cando lemos un conto aos nenos e nenas na escola…pois cando lemos un conto, sempre hai unha voz miúda polo medio que pregunta: 

-A ver…lo enseñas?

Os ilustradores, eses grandes artistas que poñen imaxes ás palabras. As imaxes…o poder das imaxes…Aquela expresión que di: “Unha imaxe vale máis que mil palabras” ás veces resulta certa. En todo caso hai que saber contar moi ben as cousas para que reflictan exactamente o que queremos decir, e coas imaxes podemos velo con un só golpe de vista. Aí o grande traballo dos ilustradores…facernos ver nun abrir e pechar de ollos exactamente aquilo que din os textos escritos.

Hoxe, terceiro día da nosa Semana do Libro, abriremos as nosas portas virtuais a outro artista: Diego Cheda, debuxante da nosa mascota da biblioteca. Sen dúbida algunha, na súa cabeza hai un espazo ben recollido onde foi gardando centos de imaxes de cómics ao longo da súa vida, imaxes das que bota man cada vez que fai unha das múltiples ilustracións de Percebiño.

Hoxe temos e tedes a sorte de contemplar como é o proceso do traballo que fai. Mirade, tomade nota, aprendede e intentade debuxar…

 

 

Certo que as mans de Diego gozan dun talento especial para facernos ver exactamentente que é o que Percebiño sinte en cada momento.

 

E agora, a proposta de actividade de hoxe: 

Preme na imaxe para xogar.

FALTAN 2 DÍAS #bescolaresgalabertas #euquedonacasa

FALTAN 2 DÍAS!

 

Gracias a todos os que participástedes na actividade de onte, resulta moi agradable ver que vos gustan os contos. Resultou unha maneira divertida de recoller retallos de historias.

E falando de retallos…

Moitas veces atopamos pedaciños nas historias que nos gustan tanto se quedan gravados na nosa memoria, ou mesmo contos enteiros que os nenos e nenas máis pequenos son capaces de lembrar e reproducir sen fallar nin unha soa palabra…

Parece sinxelo, pero…canto tempo lle puido levar ao escritor dese conto, dese libro, desa fábula…escribir ese pedaciño? E canto tempo todo o conto? e…ocorréuselle facilmente, ou por casualidade? Sería se cadra nunha viaxe?…

Hai veces que os contos tamén van acompañados dalgún tema musical. Aquí poderiamos aplicar o mesmo que cos textos. Hai cancións de contos que se nos quedan gravadas e ao escoitalas se nos veñen á cabeza os contos que as conteñen.

Sucederá o mesmo coa música que cos textos?

Amigos e amigas…cada historia é un mundo e cada autor ten os seus, pero nosoutros estes días tivemos unha conversa con Quique Vázquez, e desa conversa saíu este vídeo. Igual nos pode axudar un pouquiño.

 

E agora, a actividade para o día de hoxe:

 

Seredes capaces de adiviñar a que contos pertencen os seguintes fragmentos?

 Pincha na imaxe

Gustaríanos adicar o día de hoxe a todos os artistas das palabras… aqueles que as enfían con tanto agarimo e precisión que fan que sexamos capaces de enfundarnos nas historias coma nun traxe perfectamente cosido e rematado.

FALTAN 3 DÍAS! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

 FALTAN 3 DÍAS…

 

Seguro que a moitos vos gusta o recendo a libro novo…

É posible que alguén dos que estades lendo este blog algunha vez mercárades, ou vos regalaran, ou vos trouxeran os reis un libro. Pode ser que abrírades ese libro, que lle botárades unha ollada e despois tomárades a decisión de poñervos a ler, ou pedir que volo leran. Que lindo atopar historias novas!… Historias das que roubar palabras para facer outras historias…a veces incluso esas historias pasan a formar parte das nosas vidas, e contámolas, ou puidera ser que ata as cantáramos. 

Pode ser que algunha vez aquel libro novo pasara a ser o noso libro preferido…

 Puidera ser…

 

 Hoxe, por ser o primeiro día da Semana do Libro e os dereitos de autor, a nosa proposta é a seguinte:

 

Seguramente a Percebiño lle guste saber cales son as vosas preferencias para adquirir fondos para a biblioteca e por iso nos gustaría que nolas fixérades chegar.

 

 Cómo?

  • Facendo unha fotografía co libro que máis vos guste, caracterizados coma o voso personaxe favorito.
  • Facendo un pequeno vídeo no que representedes a vosa escena preferida.

 

Deixamos varios exemplos: 

 

 

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

Gracias

FALTAN 6 DÍAS! #EuQuedoNaCasa #bescolaesgalAbertas

FALTAN 6 DÍAS…

 

Estes días recibimos un díptico da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, no que se convidaba a celebrar o Día do Libro.

 

Dende a biblioteca escolar “Carlos Labraña” queremos dar a esta celebración unha importancia especial, porque temos algo moi importante que publicar este ano o 23 de abril…

 

E pensando todo isto, pasóusenos pola cabeza aquilo de decir cal é o noso libro preferido, se é que temos un…ou varios. Pero non só iso, ás veces a ese libro marabilloso que descubrimos un día por casualidade, adicámoslle unha foto. Seguimos pensando…cantas persoas andan detrás deses libros marabillosos que fotografamos nunha instantánea o Día do Libro? 

Despois de moito pensar, chegamos a unha conclusión:

Non nos valía facer unha foto, e o certo é que non nos chegaba un día de celebración, por iso este ano imos adicar a semana enteira a vindicar algunhas das profesións que están dentro deses libros marabillosos. Así, a vindeira semana faremos un espacio especial no noso blog para aquelas persoas que se adican a escribir, a darlle mil voltas ás súas letras antes de deixalas nun libro e para aqueles ilustradores e ilustradoras que pintan e borran e repintan antes de que as imaxes fagan visible o significado daquelas palabras.

 

Día a día propoñeremos actividades nas que todos e todas estades convidados a participar.

A biblioteca queda na casa, pero abre a súa porta virtual para quen queira entrar. Non tedes que chamar…sodes sempre benvidos…

Gracias

 

2 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

 

http://www.galix.org/2020/02/adhesions-celebracion-do-dia.html

 

Bibliotecas Escolares de Galicia

 

 

Libros online da man da editorial Anaya:

 

  

 


 

 

No país das bolboretas

  

 

Día da poesía. Aulas no aire

 

 

García Teijeiro

 

 

Inventando historias con Rodari

   

 

Carlos Labraña felicítanos neste día!

Vídeo conferencia dos Vagalumes de 4º A comentando lecturas para

celebrar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil.

PROXECTO "Contra o cambio... eu cambio. E ti?" #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

A proposta de hoxe vai adicada a complementar o noso proxecto "Contra o cambio...eu cambio. E ti?"

Hoxe queremos propoñer lectura.

Son dous contos fermosos, un para rapazada máis grande e outra para máis pequena.

Con axuda, todos poden chegar ás dúas.

Ao final, ofrecemos un xogo de entretemento.

Estes días tan duros para os humanos son os mellores que están vivindo moitas especies.

Baixaron os niveis de contaminación e se asomas á ventá es capaz de ver e escoitar moitas aves.

Que de todo isto, permaneza o mellor de nós.

A equipa de biblioteca quere mandarvos moitos, moito bicos, de caramelos, de chocolate, de fresas...

 Clica nos pdf para ler os contos.

Clica aquí para entreterte co xogo.

 

 

CÁNTALLE A ROSALÍA #EuQuedoNaCasa

#EuQuedoNaCasa

Este luns tiñamos xa organizado o noso karaoke a Rosalía de Castro nos recreos da biblio.

E se cantamos desde casa? Cantade baixiño, a berros pola ventá, en parellas, con coreografía...

E se queredes compartilo:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

Aí van as nosas propostas!

 

 

 

 

 

 

 

 

Tertulias dialóxicas

Os Vagalumes xa están moi adiantados na lectura de "A increible historia da avoa ganster" de David Wallies.

 

Os nosos moderadores Miguel (aluno) e Diego (familiar adulto) darán remate á ultima tertulia dialóxica por este libro o luns 9 de marzo.

De seguro aparecerán unha manchea de novas proposta de lectura para dialogar, gozar e debater.

Agradecer ás familias a súa implicación.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - NADAL

AQUÍ TEMOS UNHA SELECCIÓN PARA LER, XOGAR E ARGALLAR SÓS OU EN FAMILIA.

 

 

TERTULIAS DIALÓXICAS

OS VAGALUMES CONTINÚAN COAS SÚAS TERTULIAS.

UNHA ACTIVIDADE INCLUSIVA NA QUE TODOS SOMOS IGUAIS E ESTAMOS NO MESMO NIVEL.

DIVERSIDADE DE ALUMNADO E DIVERSIDADE DE ADULTOS.

PRIMEIRO DEBATERON DIFERENTES PROPOSTAS E OLLARON UNHA VARIEDADE DE LIBROS PROPOSTOS POLO ALUMNADO, FAMILIAS E MESTRA.

O MÁIS VOTADO FOI "A INCREÍBLE HISTORIA DA AVOA GÁNSTER" DE DAVID WALLIES.

ESTE CURSO SERÁN MODERADORES DIEGO (ADULTO) E MIGUEL (ALUMNO).

 

A LER, REFLEXIONAR, CONVERSAR, RIR, DEBATIR, GOZAR, VIAXAR, DISFRUTAR, INVENTAR...


 

Distribuir contido