Título | Resumo |
---|---|
OBRADOIRO DE MÁSCARAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Dúas alumnas de 3º, Vega e Martina, deleitaron a un gran público co seu obradoiro de máscaras de entroido. Purpurina, risas e ganas de festa ao redor dun gran taller creativo. O alumnado empoderado! Parabéns rapazas!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - SEXTO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
II RUTA INTERXENERACIONAL #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Convidamos a toda a veciñanza e á comunidade educativa á II Ruta Interxeneracional (calquera persoa de calquera idade) pola Fraga dos Casás. Nela, Toñito do Barqueiro - Antonio Martínez Pernas, ofertará unha documentación sobre especies da nosa contorna. Recoméndase traer cámara fotográfica e prismáticos (en caso de ter) e a rapazada un caderno de campo. Podedes visitar o seu blog: Cousas do Norte Nesta ocasión o lugar de encontro será a Pizzeria "O Tropezón", pero logo iremos un pedaciño en coche ata preto da Fraga, onde aparcaremos e xa visitaremos andando. Este roteiro pertence ao proxecto "Aprendendo, naturalmente!", esta é unha das actividades voluntarias fóra do horario escolar.
|
INSTALACIÓN "O PODER DAS PALABRAS" #Infancia #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #LIA #Lectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha instalaciónción para que a infancia poña palabras aos seus sentimentos, unha provocación para non deixar a ninguén indiferente. Provocación que parte da lectura e escoita do libro de Fabiana Ottaviani e Cristina Petit e ao que o alumnado de primeiro pon voz. Coa intención incitar, estimular, suscitar, mover, desafiar... e non deixar a ninguén sen palabras a biblioteca abre un espazo de arte, cultura e xogo para toda a comunidade educativa, que xunta crea, xoga, escribe e inventa novos relatos. Grazas por encher a biblioteca de palabras!
|
VOLUNTARIADO |
Recén saída a convocatoria para o voluntariado na biblioteca informámos ao noso alumnado sobre os dereitos e os deberes que conleva colaborar nesta tarefa. Este ano escolar, por mor da Covid19, poderá participar tamén o alumnado de 3º e 4º.
|
APRENDENDO CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA |
NA NOSA BIBLIOTECA APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS. NESTA OCASIÓN VISITOUNOS ANDRÉS (o papá de Irene) PARA AMOSARNOS COMO FUNCIONAN OS IMÁNS E DEIXARNOS TOCAR, PROBAR, EXPERIMENTAR... |
BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" |
Hoxe tivo lugar a inauguración da biblioteca escolar; xa é a Biblioteca "Carlos Labraña"!!! Nesta xornada tan especial estivemos moi ben acompañados: pola mañá acudiron diversas personalidades locais e do ámbito educativo (o inspector de educación, o alcalde, concelleiros, bibliotecarias municipais, asesora do CFR, responsable da biblioteca do IES Punta Candieira, representante da ANPA Picapeixe, Quique, Fusa, familia Labraña...) e pola tarde o cole encheuse de familias. E durante todo o día estivo con nós o noso protagonista CARLOS LABRAÑA a quen só lle podemos dar as GRAZAS.
Fotos: Andrés Brañas |
LECTURAS COMPARTIDAS DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #3dec #DiaInternacionalDeLaDiscapacidad #discapacidade |
O alumnado de 6º e 1º de primaria xúntanse para ler lecturas inclusivas.
|
NOVAS ADQUISICIÓNS - FONDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Pasade a coller novidades. Algunhas delas lecturas imprescindibles!
|
8 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Poema do libro “Poemar o mar” de Antonio García Teijeiro
“A saúde dos océanos é fundamental para sustentar a vida na Terra” (Ban Ki-Moon, secretario Xeral da ONU dende o ano 2007 ao 2016)
Os océanos son os pulmóns do noso planeta, e ao mesmo tempo son o fogar de milleiros de especies de animais e plantas. Nun curso escolar coma o presente, preocupado especialmente por todas as actividades relacionadas co coidado do medio, o día de hoxe non podía pasar desapercibido. 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos. Unha das actividades que se fixeron nas aulas da escola, foi a seguinte:
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
VISITA ANDREA MACEIRAS |
|
ANTROIDO 4 ANOS |
|
COLECCIONISTAS DE PALABRAS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
COMEZA A SEMANA ADICADA ÁS LETRAS GALEGAS.
Hoxe imos coleccionar palabras. Si, si... está ben, non son cromos, nin chapas, nin pegatinas da froita... PALABRAS Unha vez estando nun congreso de profesorado, escoitámoslle a un Maestro que "Saber é saber palabras"; nesa mesma xuntanza, nunha sala chea de mestres de toda Galicia, un poeta comezou a súa exposición declarando que o que el facía era "roubar palabras nos libros cada día" para poder escribir... Pois si, amiguiños e amiguiñas, unha das cousas máis importantes que tedes que aprender son PALABRAS. Moitas! Palabras grandes, palabras pequenas, palabras brillantes, palabras para a noite, palabras para rir e palabras para cando un está máis triste... O caso é saber que palabras queremos decir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas. A biblioteca da escola está chea de libros e palabras, pero con esta actividade gustaríanos encher a nosa biblioteca virtual coma se fora un saco... Se as gardamos aquí, asegurámosvos que ninguén nolas vai poder quitar, e así poderemos collelas cando queiramos. Será o noso tesouro e sempre o podemos abrir cando non saibamos que dicir... Andivemos apañando palabras para esta actividade.
Agora é a vosa quenda: A actividade de hoxe consiste en escoller unha palabra que vos guste moito en galego e escribila soa ou metela nunha frase, e mesmo gravar un vídeo. Cada un o que máis lle guste.
Que as palabras voen dende as vosas casas á nosa biblioteca virtual!
Só por participar poderedes recibir un agasallo de Percebiño. Diego e Quique estanlle axudando a crear fotos personalizadas. Mirade
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
Achegade tamén as vosas fotos para poder agasallarvos.
|
ASEMBLEAS DA INFANCIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois da primeira reunión de delegadas e delegados das aulas, volvemos a reunirnos para debatir os resultados da primeira reunión. Todo o alumnado está representado e tamén tódolos equipos da escola. CONVOCATORIA
|
Día do Libro. Infantil. Cita a cegas!!! |
Outra das actividades para celebrar o Día do Libro neste caso en Educación Infantil, foi a lectura dun libro sorpresa que chegou a cada clase... |
CREA BANDA DESEÑADA CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece convertir en banda deseñada o conto de Percebiño? Podedes utilizar os debuxos orixinais de Diego Cheda e engadirlles diálogos e globos, empregar esas mesmas ilustracións coloreadas por Quique Vázquez e facer a vosa creación a través de ferramentas na rede (ou aplicación para Android), facer as vosas propias historietas...
Diego e Quique regaláronnos a súa obra. Recordade nomealos sempre que a empreguedes. Hai que respectar sempre os dereitos de autor.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE NA HORTA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
OBRADOIRO DE CALCETA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Carmen, Basma, Candela e Sabela, alumnas de sexto, levan varios días impartindo un obradoiro de calceta.
Motricidade fina, coordinación, orientación espacial, lateralidade... habilidades todas necesarias para a lectoescritura. Realizan unha peza artesá, pero é moito máis que iso o beneficio que están ofrecendo. Gracias rapazada por ofertar calidade, patrimonio e tradición.
|
LECTURA E FAMILIAS CARLOTA PICOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #Nadal #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos tivo unha visita especial, a de Carlota Picos, a mamá de David. Con ela realizaron un obradoiro de árbores de Nadal de milfollas. Boa parte quedou nas fontes e foi ao forno, outra a levaron posta. De seguro foi unha mañá máis que doce e divertida! Esta é unha actividade enmarcada na Biblioteca Humana/Polos Creativos, no programa "Lectura e familas" da Asesoría de Bibliotecas.
|
"UN MAR DE MUIÑEIRAS" |
"Un mar de muiñeiras" una actividade organizado polo CFR de Ferrol e o Grupo de traballo de danza tradicional en prol do baile na escola. Navantia puxo o teito, a Banda das Crechas a música e Rafael López Loureiro foi o mestre de ceremonias. Ledos, "porque para que a xente sexa feliz ten que bailar" Mario Bereijo Piñón, 3º A. Ceip Nicolás del Río. "A danza da vida" RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO Danzan os átomos unha incesante baila radiante. Danzan as flores co vento, as bolboretas coas flores e o vento coas bolboretas. Danza a moza en romería con brincos de ledo aturuxo. Danza o amor namorado con lazos de abrazos. Danza o meniño no berce: pernas arriba, pernas abaixo, brazos ao aire, gaitiña ao vento. Danzan coas lapas do lume as lembranzas na lareira. Danza o río que pasa, o vento que arrola, a nube que se apomba, o paxaro que ves, o peixe que sinúa, a choiva que chove, a folla que revoa. Vivimos porque danzamos. Danzas tí, danzo eu, danza ela, danzamos nós, danzades vos, danzan elas. Danzamos todos. A danza é vida. Só a morte das estatuas non danza. |
Representando obras |
Seguimos traballando con grandes textos de escritoras galegas... neste caso, a aula de 4ºC acudiu á biblioteca na hora de ler para representar "A casa de había unha vez" escrito por Ana María Fernández.
|
CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocan. Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey. Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar. De seguro sacará máis dun sorriso!
|
COSTURA FAMILIAS #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Familias e mestres se afanan na costura de entroido! Os recursos do espazo argalleiro e polos creativos fan o seu traballo.
|
Benvida biblioteca escolar "Carlos Labraña" |
Benvida dende a "Biblioteca Carlos Labraña" para este novo curso 2020/21. Ola, dende o equipo de dinamización da biblioteca escolar damos a benvida a todo a comunidade educativa do noso centro educativo. Neste curso tan complicado, marcado polas adaptacións ao protocoloco do Covid-19, queremos compartir unas pautas xerais reflexadas no noso protocolo da biblioteca. Un saúdo e vémonos neste blog, no facebook e no twitter da nosa biblioteca. |
CLUBES DE 5º #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os dous clubes de 5º de primaria seguen sorprendendo coa súa autonomía e bo facer. Neste trimestre, utilizan os foros creados pola biblioteca para organizar as súas actividades e contactar co resto do alumnado que non pertence á súa aula. Agora, están cos ensaios dunha obra de teatro, creación de monicreques e marcapáxinas. Admirados ante o traballo de Club "I love animals" e "Silvanian Families"!
|