Título | Resumo |
---|---|
RADIO NA BIBLIO - FORMACIÓN ALUMNADO CON SOLEDAD FELLOZA #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O venres 21 o alumnado de 3º de primaria recibiu formación de radio na biblio,
a cargo de Soledad Felloza, quen comezou cunha explicación sobre a posición corporal
e do micrófono, para obter unha boa sinal auditiva na radio.
Tamén comentou como afectan os ruídos externos e as posturas da cabeza no son. Posteriormente amosou e executou algúns exemplos para amosarlles os comentados nunha gravación. Continuo con práctica de presentación e lectura de contos e remataron con baile grupal e actividades de relaxación para traballar as cordas bucais. Unha xornada de formación completa que de seguro se notará en posteriores programas.
|
EXPERIMENTOS - BIBLIOTECA CREATIVA #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Experimentando coa densidade e as burbullas de aire no xeo. O alumnado de 6º segue os pasos do método científico para chegar ás conclusións.
|
CADERNO DE LAPELAS PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Os Vagalumes de 1ºC concentran o traballo realizado para o proxecto "Aprendendo, naturalmente!" nun caderno de lapelas a modo de maletín. Nel recollen varios ciclos, a costura dunha folla, un caderno de campo, a paisaxe da costeira da nosa contorna, a flora e fauna que a rodea, o álbum cos cromos realizado pola biblioteca (fotografía de Rafael López Loureiro e subvencionado polo Concello de Cedeira) e as fichas do trimestre, moitas delas versan sobre a flora e a fauna. Libro convertido en xogo que de seguro será mirado e remirado durante o verán. Un recordo bonito e moi educativo dun curso escolar.
Agradecer a colaboración de Carmen Lorenzo e @mestraCris en algunha das pezas.
|
ESPAZOS SEGUROS PARA A INFANCIA 5 - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #educaciónafectivosexual #bescolaresgal |
Coa intención de crear espazos seguros para a infancia, traballar a educación afectivo sexual e a prevención do abuso nos menores; compartimos coas familias (nesta ocasión) unha serie de vídeos. Trátase dun material pedagóxico realizado por Pantallas Amigas, consta de seis vídeos de animacións para informar ás familias. Aquí temos o inicio da súa información:
¿Tu hijo ve porno? o mejor, de formaclara y directa ¡Tu hijo ve porno!El acceso circunstancial a la pornografía se puede producir desde los 8 años. Su consumo por parte de chicos adolescentes comienza a normalizarse a partir de los 13 años. Tu hijo probablemente está en este grupo, con la mayoría, y lo consume desde el ordenador de su habitación o desde cualquier lugar usando su móvil. La facilidad de acceso, el “anonimato” y la gratuidad están de su lado. El contenido pornográfico está dirigido a personas adultas y su consumo no es recomendable para menores de edad porque se considera que no tienen la madurez suficiente para afrontarlo de forma positiva. Por otro lado, el consumo habitual del porno más popular puede tener consecuencias negativas para cualquier persona, pero especialmente para los chicos adolescentes como él. Puede tener efectos negativos para la salud y bienestar de tu hijo, pero también para el de las chicas adolescentes con las que se relaciona y el de las mujeres en general. Aquí temos a primeira animación, entrando podes visualizar o resto.
|
Petos novos!!!! |
Os petos dos encargados substituíronse polos novos petos, son moi bonitos!
TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA) |
VISITA DE RAFAEL USERO |
O cronista oficial do noso Concello, Rafael Usero, visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º, para ensinarnos entre outras cousas, a situar as catro portas das antigas murallas de Cedeira datadas no século XII. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Cedeira é unha vila".
|
V FEIRA DOS LIBROS |
MARTES 19 INAUGURACIÓN DA V FEIRA DOS LIBROS Non vos perdades esta Feira dos libros. Estade atentos porque semana a semana iremos anunciando o programa de cada martes. Horario: os martes de 17 a 18:30 horas. |
GUÍA DE LECTURA DO DÍA DA PAZ |
|
SOLIDARIEDADE NA BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA |
A SOLIDARIEDADE INUNDOU O IES PUNTA CANDIEIRA CUN "MERCADILLO" SOLIDARIO A PROL DOS REFUXIADOS, ACTIVIDADE PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA E QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA. RECIBIRON MOITÍSIMAS DOAZÓNS DE LIBROS E PELÍCULAS, XOGOS... E AQUELAS DESTINADAS A UN PÚBLICO MÁIS INFANTIL DECIDIRON ACHEGALAS Á NOSA BIBLIOTECA. MOITAS GRAZAS! E NORABOA!!! |
DÍA DA ÁRBORE, DA POESÍA E INICIO DA PRIMAVERA! |
|
"UN MAR DE MUIÑEIRAS" |
"Un mar de muiñeiras" una actividade organizado polo CFR de Ferrol e o Grupo de traballo de danza tradicional en prol do baile na escola. Navantia puxo o teito, a Banda das Crechas a música e Rafael López Loureiro foi o mestre de ceremonias. Ledos, "porque para que a xente sexa feliz ten que bailar" Mario Bereijo Piñón, 3º A. Ceip Nicolás del Río. "A danza da vida" RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO Danzan os átomos unha incesante baila radiante. Danzan as flores co vento, as bolboretas coas flores e o vento coas bolboretas. Danza a moza en romería con brincos de ledo aturuxo. Danza o amor namorado con lazos de abrazos. Danza o meniño no berce: pernas arriba, pernas abaixo, brazos ao aire, gaitiña ao vento. Danzan coas lapas do lume as lembranzas na lareira. Danza o río que pasa, o vento que arrola, a nube que se apomba, o paxaro que ves, o peixe que sinúa, a choiva que chove, a folla que revoa. Vivimos porque danzamos. Danzas tí, danzo eu, danza ela, danzamos nós, danzades vos, danzan elas. Danzamos todos. A danza é vida. Só a morte das estatuas non danza. |
LECTURAS VIAXEIRAS |
O ALUMNADO DE 3 ANOS DE E.I. LEVA TODO O CURSO VIAXANDO CUNHAS PEQUENAS MOCHILAS DE LECTURAS AO SEU FOGAR. A LECTURA A AGARDAN CON AGARIMO, É UN AGASALLO. |
CREA BANDA DESEÑADA CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece convertir en banda deseñada o conto de Percebiño? Podedes utilizar os debuxos orixinais de Diego Cheda e engadirlles diálogos e globos, empregar esas mesmas ilustracións coloreadas por Quique Vázquez e facer a vosa creación a través de ferramentas na rede (ou aplicación para Android), facer as vosas propias historietas...
Diego e Quique regaláronnos a súa obra. Recordade nomealos sempre que a empreguedes. Hai que respectar sempre os dereitos de autor.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
VERBAS DE CEDEIRA - PROXECTO INTERCENTROS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Antes do confinamento o alumnado de 1º de bacherelato de Antropoloxía e Cuci, xunto cos Vagalumes de 4º A estaban realizando unha recollida de verbas, palabras da nosa vila. Unha actividade integrada no Proxecto Intercentros que o estado de alarma non puido parar. Continuaron este traballo nas casas, escoitando ás familias, solicitando a colaboración de todo o pobo a través do Facebook e en especial de Andrés Toxeiro e Cris Bustabad, quenes compartiron un pequeno esbozo da súa recollida con eles. Esta é a súa colleita, unha colleita de verbas que arrecende a mar, a xente, a vila.
Gracias por pronunciar as cousas polo seu nome. Que as verbas perduren igual que no texto de Pablo Neruda
PALABRAS …Todo lo que usted quiera, sí señor, pero son las palabras las que cantan, las que suben y bajan. Me posterno ante ellas… Las amo, las adhiero, las persigo, las muerdo, las derrito… Amo todas las palabras. Las inesperadas… Las que glotonamente se esperan, se escuchan, hasta que de pronto caen… Vocablos amados. Brillan como piedras de colores, saltan como platinados peces, son espuma, hilo, metal, rocío… Persigo algunas palabras… Son tan hermosas que las quiero poner en mi poema. Las agarro al vuelo cuando van zumbando, y las atrapo, las limpio, las pelo, me preparo frente al plato, las siento cristalinas, ebúrneas, vegetales, aceitosas, como frutas, como algas, como ágatas, como aceitunas… Y entonces, las revuelvo, las agito, me las bebo, las trituro, las libero, las emperejilo… Las dejo como estalactitas en mi poema, como pedacitos de madera bruñida, como carbón, como restos de naufragio, regalos de la ola. Todo está en la palabra. Una idea entera se cambia porque una palabra se trasladó de sitio, o porque otra se colocó dentro de una frase que no la esperaba… Tienen sombra, transparencia, peso, plumas. Tienen todo lo que se les fue agregando de tanto rodar por el río, de tanto trasmigrar de patria, de tanto ser raíces… Son antiquísimas y recientísimas. Viven en el féretro escondido y en la flor apenas comenzada… Qué buen idioma el mío, qué buena lengua heredamos de los conquistadores torvos. Estos andaban a zancadas por las tremendas cordilleras, por las Américas encrespadas, buscando patatas, tabaco negro, oro, maíz con un apetito voraz. Todo se lo tragaban, con religiones, pirámides, tribus, idolatrías… Pero a los conquistadores se les caían de las botas, de las barbas, de los yelmos, como piedrecitas, las palabras luminosas que se quedaron aquí, resplandecientes… el idioma. Salimos perdiendo… salimos ganando. Se llevaron el oro y nos dejaron el oro. Se llevaron mucho y nos dejaron mucho… Nos dejaron las palabras. “La palabra”, Confieso que he vivido,Pablo Neruda (Buenos Aires, Losada, 1974)
|
Día Mundial da Radio: entrevista a Antía Yáñez. |
Celebramos o Día Mundial da Radio (13 de febreiro) cunha entrevista á escritora Antía Yáñez, autora do libro "Plan de rescate" gañador do premio "Agustín Fernández Paz" pola igualdade, do cal adquirimos 20 exemplares para a nosa Biblioteca Escolar. O equipo de dinamización da Lingua Galega en coordinación co resto de equipos, ideou esta fantástica actividade que non vos podedes perder! Queremos agradecer a Antía Yáñez a súa amabilidade e dispoñibilidade , e a nosa veciña Guadi Galego por ofrecernos sempre as súas fermosas cancións para as nosas publicacións.
|
CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia e de compartir xuntos as emocións que neles provocaron. Agora comezan con "El Palacio de los Tres Ojos" De Joan Manuel Gisbert e Chata Lucini.
|
DA HORTA Á COCIÑA - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
"COMA CABRAS" POR NOA LÓPEZ VIDAL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 20 de xuño ás 17:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
Unha historia de saúde mental, sen que asuste. Porque é un mundo do que hai que falar.
|
XORNADA BIBLIOTECAS ESCOLARES #XBEGA22 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xornada de formación
|
VISITA BIÓLOGAS - ARCE #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A través da Asociación Arce, recibimos a visita de Victorina Rey Quintiana, Mari Carmen Rodríguez Tizón e María José Leira Ambrós biólogas coas que contactou Camilo. Elas aportaron unha inmensa documentación ao proxecto, sobre a flora e a fauna da nosa contorna, no que estamos inmersos. Biólogas, alumnado e mestras conversaron sobre: cadeas tróficas, o paseo do Condomiñas, o bosque de galería, a flora autóctona, as invasoras... Adobiaron a conversa cunha presentación e un vídeo que quedou para uso do alumnado e que consideramos de gran valor documental.
Agora con esa documentación e o tríptico realizado por elas e enviado polo Concello de Cedeira, poderán realizar un percorrido para atopar as especies estudadas. Agradecer a todos os implicados a súa colaboración!
|
FONDOS NOVIDADES #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CONTACONTOS INTERNIVEIS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nesta ocasión Julia, Analú e Xabier tiñan preparado un contacontos para o alumnado de tres anos, pero apareceu un grupo de primeiro para ensaiar teatro. Como vos anfitrións os convidaron, e o grupo duplicouse, pero esta rapazada xa ten táboas e soubo facerse con todos, enganchalos e levalos a "Contín, Contón", un libro de Antón Cortizas, ilustrado por Leandro Lamas. Canto disfrutaron, rapazada e mestras!
|
ENSAIOS DE TEATRO NO AUDITORIO #teatro #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes xa levan varios ensaios no Auditorio, agora xa están na última fase, probando son, atrezzo e afacéndose ao novo espazo. En breves, estrea! Estades todos e todas convidados.
|
OBRADOIRO AUDIOVISUAL 6º #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 12 de xuño o voluntariado escolar de 6º gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.
Ademáis o alumnado sacou tódalas fotografías, seguido as indicacións de Alicia, en canto a planos, luz... Podedes descargar o ficheiro zip con todas. Aquí unha pequena mostra do que fixeron.
|
SE QUERES FALAR DE LIBROS, APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA! #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »