Skip to main content

COMUNIDADE EDUCATIVA

Día de Rosalía #DíaDeRosalía24 #Cedeira #poéticasdiversas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Conmemoramos o día de Rosalia de Castro de formas moi diferentes, aquí tedes todas as acividades que fixemos. 

NOVIDADES FONDOS FEBREIRO #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Novidades en fondos. Ven a coller o teu preferido!

 

 

 

 

 

 

 

VISITA FAMILIAS - PORTAS ABERTAS - FORMACIÓN USUARIOS ADULTOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado da biblioteca escolar, específicamente os de sexto curso,

fixeron unha presentación a través da aplicación Canva, para explicar o

funcionamento dos diversos espazos da biblioteca e da escola.

Posteriormente, realizaron unha visita guiada por toda a escola

para explicar e amosar as instalacións e recursos.

 

Sempre contaron coa axuda e supervisión do profesorado da

biblioteca escolar e do coordinador de Polos Creativos.

 

 

 

RADIO EXPERIMENTAL - NOVO ESPAZO #Radionabiblio #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Presentamos a extensión da Radio Experimental,

un segundo espazo máis amplo, para realizar moitos podcast.

Deste xeito a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" invirte o premio

gañado no Concurso de podcasts de Radio na bliblio.

Animádevos a mantelo dinamizado!

 

 

 

 

VISITA FAMILIAS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agradecemos a participación da comunidade educativa.

Podedes vir vistitar á biblioteca e realizar unha visita

co alumnado voluntario de 6º de E.P.,

o próximo 29 de xaneiro ás 10:00h.

 

 

 

 

 

 

CONVOCATORIA PARA AS FAMILIAS - FORMACIÓN DE USUARIOS #Formacióndeusuarios #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Agora é a quenda da comunidade educativa e os diferentes axentes sociais.

O vindeiro 15 de decembro, o voluntariado de 6º de primaria levará a cabo

unha formación de usuarios para as familias. Para realizar esta visita agradecemos

que vos apuntedes seguindo as indicacións do cartaz,

aínda que non queremos que ninguén quede sen facer a visita,

se é que pode vir no último momento.

A rapazada vos guiará pola Biblioteca Lía a través dunha presentación,

vos explicará que é a CDU, fará un mini xogo e vos acompañará a unha

visita guiada polas instalacións. A formación durará aproximadamente unha hora.

Esta formación é algo necesario e importante, as portas da biblioteca e da escola

ábrense ese día para que as familias coñezades un espazo cheo de recursos,

que alberga múltiples proxectos. Un espazo que é da rapazada pero tamén do pobo.

Esperamos vervos o 15 de decembro ás 12:30h. na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña".

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE XADREZ #bibliotecacreativa #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Durante a semana pasado o alumnado tivo a

oportunidade de xogar ao xadrez nos recreos na biblioteca.

Da man do profe Juan, e con diversos taboleiros e

pezas xigantes, xogamos ao xadrez, pensamos,

razonamos... convertémonos en pezas vivintes.

 

Benvidos os xogos de mesa! Gracias

Juan por unhas xornadas tan estupendas!

 

 

 

 

 

 

BENVIDOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

CURTAMETRAXE "PEQUENOS PERO MAIORES" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de primeiro realiza unha curtametraxe

sobre a realidade das aulas galegas con alumnado extranxeiro. 

O fai coa axuda das familias que tamén participan en diversos ámbitos,

tanto na actuación como na música.

Agradecer a colaboración de todos eles, en especial de Antonio Rodríguez Bustabad.

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - MEY LIN APAC RIVERA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O pasado 28 de maio celebramos unha xornada da Biblioteca Humana

con Mey Lin Apac Rivera, co seu libro "Caminos para reconocer tu título universitario".

Atracou na nosa biblioteca da man da súa autora.

Historia que perdurará en audio, no noso catálogo Meiga,

para escoitar sempre que se desexe.

A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

Hoxe podemos compartir o seu libro con todos vos!

Agasallando verbas!

 

 

 

 

XINCANA COAS FAMILIAS PRAIA DA MAGDALENA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

A piques de rematar o curso gozamos dunha xincana sobre o noso PDI,

pola praia e coas familias. En grupos de 3 ou 4 nenas e nenos, cun adulto

responsable, reunímonos na biblioteca para explicar as probas do padlet.

Unha aplicación coa que queremos experimentar. Os adultos levaban un

móbil e, compartida a ligazón, obtiñan as 13 probas propostas. Probas de busca,

de creacion con cunchas, identificación, escoita de sons, escritura, xogo, mapas,

baño, recollida de lixo e invasoras... Dende o móbil, gravaban sons ou fotografaban

as actividadades. Para ser o noso primeiro intento, todos o fixeron moi ben.

Quen non foi quen de mandalo ao padlet o fixo por medio dun Whatsapp.

O mellor foi a convivencia, o respecto, o pasar unha mañá xuntos.

Amosamos o resultado no PADLET.

 

Se non o ves ben, podes acceder clicando aquí! 

 

E animarte a facela xincana.

 

 
 
 
 
 
 
Feito con Padlet

NAVEGANTES FOTOGRAFÍA LUISA PACHECO #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O día da estrea de Navegantes contamos coa presencia de

Luisa Pacheco Painceira, que inmortalizou os momentos

máis emblemáticos da estrea. Colgamos aquí un pequeno collage,

pásanos tamén Luisa e Alicia un ficheiro zip, para compartir

coa comunidade educativa para que, quen o desexe,

manteña ese recordo. Gracias Luisa Pacheco Painceira por atrapar a felicidade!



 

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA E DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Despedimos o curso escolar cunha xornada de convivencia

entre o voluntariado escolar, as súas familias e o profesorado

do Ceip Nicolás del Río. Un intre para conversar, valorar e felicitar

polo traballo ben feito. Parabéns rapazada!

 

 

 

 

 

NAVEGANTES #voluntariadonaBE #AliciaFreire #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ledos de compartir coa comunidade educativa, que onte non colleu

no Auditorio, o filme de Alicia Freire e a rapazada do voluntariado escolar,

esas mociñas e mociños que agasallan co seu tempo libre a outro alumnado.

Convidando a ler, organizando andeis, aconsellando xogos, lecturas, axudando a investigar...

Gracias Alicia, por ser como es, unha artista de pes a cabeza pero cunha sensibilidade

especial. Fuches quen de escoitar á rapazada e facer que a súa palabra tomase decisións!

Parabéns por esta fermosa curtametraxe!

Preparade panos!

 

 

 

 

 

 

"LECTURA E FAMILIAS" CON ANTÓN CORTIZAS #LecturaeFamilias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE

O 31 de maio foi un día para xogar coas palabras,

as de Antón Cortizas, mestre (xubilado) pero coa mesma alma,

escritor dunha manchea de libros e gran defensor do xogo tradicional,

ese que realizamos co corpo, coas verbas,

con moita imaxinación e algún material de refugallo.

Pola mañá, o alumnado de 4 anos realizou actividades ao redor do conto

"Sopra por este furadiño" e o de 5 ao redor de "Os dez animais".

Pola tarde, portas abertas a tódalas familias para ferrallar

e recuperar o xogo tradicional, unha tarde de creación extraordinaria.

 

 

 

 

 

PREMIO AO VOLUNTARIADO ESCOLAR #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ledos de compartir coa comunidade educativa a noticia

de que o voluntariado escolar resultou premiado

pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Moitos parabéns rapazada!

Sodes inmensos!

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido