Skip to main content

VALORES

XOGOS DE MESA - ESPAZO ARGALLEIRO #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

No espazo argalleiro temos unha inmensidade de xogos,

tanto para xogo libre como para levar en empréstito.

É unha actividade que promove valores, aprendizaxe de

habilidades sociais, lectura de instrucións, xogo en equipo

ou colaborativo. Moitas destrezas e motivación.

 

 

 

 

 

"LULA PERDEU A LUZ" - ENSAIOS #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ídevos preparando que os Vagalumes xa están a piques de

estrenar a súa obra "Lula perdeu a luz". Será este venres 31

en dous pases de mañá e tarde. Entradas reservadas con invitación.

Aquí podedes velos nun ensaio no Auditorio de Cedeira, ao que temos

que agradecer o seu espazo. E por suposto a Quique Vázquez

a súa implicación, bos consellos e control da parte técnica.

 

 

 

 

 

8 M - ACTIVIDADE DE REFLEXIÓN #8M #igualdade #Radionabiblio #bescolaresgal #8M #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas

Dentro das actividades deseñadas para conmemorar o Día da Muller,

o mirar de fronte e reflexionar é máis que necesario.

 

Propónse unha actividade onde se lle pide á rapazada que divida

o folio en dous e copien e lean unhas palabras,

que podedes ver nas fotografías. Posteriormente, se lles di que debuxen

unha persoa en cada espazo. Temos aquí os resultados. Está claro que

hai moito que traballar e conversar, escoitar

e reflexionar foi a segunda parte da actividade.

 Actividade inspirada pola mestra @la.clase.de.lore

 

 

 

 

 

Distribuir contido