Skip to main content

ALUMNADO

INICIACIÓN AO BIMBIO #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Da man da Asociación Lugares Comúns, este venres 24 de febreiro,

gozaremos dun obradoiro de Iniciación ao bimbio coa experta Geraldine Jones.

O alumnado realizará unha peza de artesanía con este material.

Dende a biblioteca escolar queremos promover e recuperar oficios tradicionais.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Recordamos que este sábado 25 realizarase o intercambio de sementes

e a actuación teatral, por parte de dita asociación.

 

 

 

 

 

 

 

ESCRITURA MÁXICA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O obradoiro introdúcese cunha pequena historia de Enola Holmes,

gran detective, contándolles como con pequenos experimentos (que parecen máxicos) resolve crimes.

 

A rapazada xa está enganchada aos cómics de Enola de Serena Blasco

(podedes collelos na biblioteca) e xa teñen tamén versión cinematográfica.

 

Xa dentro da historia, só queda participar, escriben algo nun papel con auga e

bicarbonato, o deixan secar e cun pouquiño de zume de uva,

chachán vemos a mensaxe secreta.

 

 

 

 

VOLUNTARIADO CON INICIATIVA #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As funcións do voluntariado son extensas, ter un grupo de alumnado

con grandes dotes para a organización e colaboración fan que as tarefas

parezan máis sinxelas (non que o sexan).

Elas e eles encargáronse de colocar os expositores con novos fondos para

o proxecto de flora e fauna "Aprendendo, naturalmente!", a exposición de

poesía para o Día de Rosalía, estiveron atentos aos obradoiros que se celebraron

durante os recreos, colocaron na CDU, fixeron empréstito e devolución no Meiga,

recolleron as enquisas sobre étimos, estiveron pendentes do alumnado que necesitou

do seu asesoramento, do espazo argalleiro...

Sempre coa supervisión das mestras guías, que saben que estamos sempre para axudalos

e acompañalos, pero tamén deixándoos facer.

Agradecer o traballo desta mocidade que adica o seu tempo a compartilo cos demáis.

Gracias rapazada!

 

 

 

 

OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos.

Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo

amosando unha coordinación e preparación do taller excelente.

Bravas! Moitos parabéns!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE BAILE DIRIXIDO POLO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este un de febreiro catro alumnas de 4º impartiron unha sesión de baile.

Primeiro apuntáronse na folla de adscripción e cubriron tódolos seus apartadas,

corrixindo e pasando a limpo. Posteriormente deseñaron o seu cartaz en Canva e

dada a data polo equipo de biblioteca, pasamos un tempo agradable bailando.

Ata que... a luz xogounos unha mala pasada e apagouse todo.

Quedou o obradoiro a medias, pero en breves recuperamos a sesión de baile.

 

 

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL #LecturasRecomendadas #recomendaciónslectoras #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Xa chegan as vacacións e ler é unha actividade de ocio ben divertida.

Quen quere viaxar coa imaxinación?

Aquí as recomendacións lectoras da BE Carlos Labraña.

Ilustración de Diego Cheda.

CREA O TEU OBRADOIRO OU FALADOIRO! #bibliotecainclusiva #Axenda2030 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabedores do voso potencial, xa o tedes amosado en moitas ocasións,

queremos propoñervos que deseñedes os vosos propios obradoiros ou faladoiros.

Seguro que sabedes facer algo de marabilla: lettering, unha manualidade,

un experimento, un actividade de costura, reciclados...

Ou falar, diso tamén temos constancia, pero hai temas dos que sabedes a moreas

e quedamos pasmados escoitándovos: un animal, un fenómeno físico, unha lenda,

o mar, un conto, a recomendación dun libro...

Pasade pola biblioteca e apuntádevos!

Vos estamos esperando! Todos temos algo que contar!


 

 

 

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Para protexer as culturas, os patrimonios, as identidades,

da man do equipo de Dinamización da Lingua Galega,

todos e todas sumamos para protexer a nosa lingua nai. 

Coñecemos e xogamos tamén con  palabras, da man das nenas

e nenos que doutros lugares viñeron.

 

Podes ver a exposición de libros na BE "Carlos Labraña".

 

 

 

 

ABRIMOS AS PORTAS!

Benvidas e benvidos, persoas, proxectos, críticas constructivas e milleiros de ideas!

O verán trae consigo novos proxectos e deixou medrar outros.

Aquí temos as sementes, que veñen bulir todo e dar unha boa colleita.

Namentres, o equipo de biblioteca está preparando e argallando o entramado.

Aprendede gozando, rapazada!

 

INSTRUCCIÓNS PARA A ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR. CURSO 2022/2023

 

 

 

FALADOIRO, CAL SERÁ O NOVO COMBUSTIBLE? #Axenda2030 #bibliotecacreativa #UnhaSoaTerra #bescolaresgal #bescolartesgalabertas

 

Efrén, Xabi e Raúl solicitan un faladoiro.

Primeiro se documentan e len sobre os novos combustibles,

como funcionarán os coches cando quedemos sen petróleo?

Así comeza unha tertulia que leva esta rapazada de 4º e na que

participou todo o alumnado que se apuntou.

Parabéns mociños! Rapazada con preocupacións, buscando solucións!

 

 

 

O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 3º B estrenara o próximo 20 de xuño a súa obra

"O casamento da pulga e do piollo" na aula de teatro.

Aquí os vemos nuns ensaios.

 

 

 

 

PROTOCOLO MEDIO AMBIENTE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Dende fai uns anos seguimos un Protocolo do Medio Ambiente

creado polo alumnado: apagar luces e traballar a ser posible con luz natural,

reducir, reutilizar e reciclar todo cando podemos, utlilizar o composteiro,

o plástico está fóra das compras, fotocopiar por ambas caras...


 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE #DiaMundialDoMedioAmbiente2022 #UnhaSoaTerra #bescolaresgal #bescolartesgalabertas

 

No universo hai miles de millóns de galaxias,

na nosa galaxia hai miles de millóns de planetas,

pero só hai unha Terra.

Día Mundial do Medio Ambiente. Nacións Unidas.

 

 

 

MARES DE CEDEIRA - TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O venres 3 de xuño o alumnado de 2º de primaria representou

"Mares de Cedeira" unha obra inédita de Carlos Labraña.

Realizada con especial agarimo durante o curso escolar,

un texto que foi revisado e corrixido en diversas reunións e

tendo en conta a voz da rapazada. Ese pracer e bo facer, non é algo habitual.

 

 

Infinitamente agradecidos a Carlos Labraña por permitirnos mergullarnos no

seu mundo creativo. A toda a rapazada, profesorado, familias e xente da vila

que arroupou a obra e aos seus protagonistas. A Andy Brañas e Pili por encargarse

da fotografía. Á biblioteca por ser espazo de ensaio, aínda que non foi o único,

pois patios e aula de teatro tamén o foron.

E posteriormente chegaron os ensaios no Auditorio, gracias Quique Vázquez.

 


 

Non hai verbas para felicitar ás actrices e actores, son inmensas e inmensos.

Só recordar, que hai un gran traballo detrás. Moita organización, dramatización,

ensaios, conversas, resolucións de conflictos... días mellores e días peores, hai vida.

O proceso é espectacular, iniciaron de cero e remataron a mil!

Parabéns rapazada!!

 

 

 

Unhas fotografías, mostra dunha das invitacións (todas diferentes e con debuxos do

alumnado) e o tríptico realizado para a data. Pois hai que engadir, que todo está feito

polas nenas e nenos: atrezzo, invitacións, disfraces... Un gran proxecto!!

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE CALCETA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Carmen, Basma, Candela e Sabela, alumnas de sexto,

levan varios días impartindo un obradoiro de calceta.

 

 

 

Motricidade fina, coordinación, orientación espacial, lateralidade...

habilidades todas necesarias para a lectoescritura.

Realizan unha peza artesá, pero é moito máis que iso o beneficio que están ofrecendo.

Gracias rapazada por ofertar calidade, patrimonio e tradición.

 

 

 

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS E FALADOIROS DO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Aldara e Carmen sacaron adiante un novo obradoiro do alumnado.

Fixeron o cartaz, a lista da compra, reuniron os produtos, fixeron unha proba

e a semana pasada o alumnado apuntado dispúxose a facer un obradoiro de slime.

 

 

 

Saíu todo tan ben que encheron os botes de cristal para xogar co slime creado.

 

 

 

Estamos moi ledos/as de como salvaron os pequenos atrancos que puideron ter

duranto o desenvolvemento do obradoiro, correción de activación, pequenos

roces pois quería participar máis xente da apuntada,...

Ao final, a palabra todo o salva e con acordos e conversa xurdiú o consenso.

 

 

Parabéns rapazada!

 

 

 

 

IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega

 

A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns!

O programa, Poemas Crioulos, presentado ao concurso de Radio na Biblio,

polas Letras Galegas, resultou gañador na convocatoria.

O podcast será difundido pola Radio Galega a  través da  páxina do Diario Cultural;

así mesmo, será difundido a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Chegado o momento será compartido no blog da BE "Carlos Labraña".

Moitos parabéns!!

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido