Skip to main content

STEAM

O CASAMENTO DO PIOLLO E A PULGA #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 5 anos A leva xa varias representacións de

 "O casamento do piollo e a pulga", unha fábula popular adaptada

por Pepe Carreño. Esta é unha rapazada pequecha pero moi grande en

 expresión. Comezaron pouco a pouco coa decoración, ensaios...

 e máis ensaios, axudando a confeccionar o vestiario, facendo e repartindo

as invitacións e finalmente a representar. Aínda teñen pendentes varias

funcións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada!

 O alumnado de 5 anos A leva a escea "O casamento do piollo e a pulga",

Un traballo de equipo! Parabéns rapazada!!

 

 

 

 

 

 

 

A PRINCESA DO COUREL #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 5 anos B leva xa varias representacións de "A princesa do Courel",

escrita por Javier Solchaga e Marisa Nuñez, incluída en "Os contos do camiño".

Unha rapazada pequecha pero moi grande en expresión, aínda teñen pendentes

varias representacións na aula de teatro. Éxito asegurado! Parabéns rapazada!

 

 

 

 

MÁQUINAS SIMPLES #ciencia #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de sexto experimenta coas pancas e outras

máquinas simples, primeiro son obxectos de reciclaxe e

posteriormente coas máquinas simples de mecánica, de Lego Wedo.

 

 

 

 

 

 

ENSAIOS DE TEATRO NO AUDITORIO #teatro #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os Vagalumes xa levan varios ensaios no Auditorio,

agora xa están na última fase, probando son,

atrezzo e afacéndose ao novo espazo.

En breves, estrea! Estades todos e todas convidados.

 

 

 

 

 

 

INVESTIGANDO OS ANIMAIS EN INGLÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

En terceiro de primaria realizan un traballo de

investigación dos animais na materia de lingua inglesa.

 

 

 

 

 

XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR #arte # teatro bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña

Este 16 de xuño ven ás xornadas de teatro escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

MARES DE CEDEIRA - O LIBRO EN PAPEL #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #carloslabraña #quiquevazquez

Vai un ano a rapazada de 2º de primaria estreaba unha

obra escrita por Carlos Labraña, especialmente para o alumnado

da biblioteca escolar. Versada no Currículo Cedeirés que promove

a biblioteca escolar, conxuga o coidado do medio ambiente,

con sucesos como a marea negra que azotou a vila, coas personaxes

típicas da nosa biblioteca, animais do mar, o peixe, a gaivota Casilda,

o polbo Ataúlfo, a gaivota Casilda e por suposto, Percebiño!

Durante un ano esta obra estivo en proceso de construción,

tanto na escrita como na dramatización. Foi un proceso complexo

e moi enriquecedor, pois foi representada por tres clases á vez

enriba do Auditorio de Cedeira.

Hoxe ve a luz nun libro, que podemos coller, ler, ollar e ulir.

Escrito por Carlos Labraña, ilustrado por Diego Cheda e

Quique Vázquez e publicado polo Concello de Cedeira.

Actores e actrices foron agasallados cada un co seu.

A biblioteca escolar recibiú un bo lote para empréstito

e lectura en sala, podedes vir collelo!

Agradecer a tódolos implicados.

 

O domingo realizouse o acto de presentación, aquí podedes ver algunhas fotos.

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estas son as noticias:

La Voz de Galicia

Diario de Ferrol

Cope

 

 

 

 

NAVEGANTES #voluntariadonaBE #AliciaFreire #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ledos de compartir coa comunidade educativa, que onte non colleu

no Auditorio, o filme de Alicia Freire e a rapazada do voluntariado escolar,

esas mociñas e mociños que agasallan co seu tempo libre a outro alumnado.

Convidando a ler, organizando andeis, aconsellando xogos, lecturas, axudando a investigar...

Gracias Alicia, por ser como es, unha artista de pes a cabeza pero cunha sensibilidade

especial. Fuches quen de escoitar á rapazada e facer que a súa palabra tomase decisións!

Parabéns por esta fermosa curtametraxe!

Preparade panos!

 

 

 

 

 

 

Finalistas do SuperReto Digicraft #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA

O alumnado Digicraft foi finalista do SuperReto e asistiu a un

encontro na Cidade da Cultura para amosar o seu proxecto.

Parabéns polo traballo!!

 

 

 

 

 

 

Proxecto SuperReto Digicraft #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA

O alumnado de 5º de E.P. participante en Digicraft realizou un proxecto

interdisciplinar que vos queren amosar.

Viaxaron polo espazo na procura de recursos sostibles

e atoparon un planeta novo moi especial.

 

 

 

 

 

 

CANTIGAS NO ÁLBUM PROXECTO "NATURALMENTE, APRENDENDO!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O álbum é un xoguete/producto final que segue motivando dia tras día.

Desta volta, os Vagalumes, repasaron algúns dos animais e plantas

traballados con anterioridade, aprenderon unha cantiga e a recitaron

e intercambiaron a segunda entrega de sobres de cromos!

Que divertido e canto están aprendendo e disfrutando.

Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro

(aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou),

o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.

 

 

 

 

 

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS CON PACO VEIGA, ZELTIA LABRAÑA E ANTÓN CORTIZAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A tarde do xoves foi unha tarde de convivencia para toda

a comunidade educativa da escola. Paco Veiga, Zeltia Labraña,

Antón Cortizas e a Asociación do Xogo Tradicional Galego de Melide

agasalláronnos cunha xornada de xogos e a posterior presentación

do seu libro: Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida.

Xogamos moito e tamén conversamos da necesidade de recuperar

na vida diaria o xogo tradicional.

Podedes baixar no Play Store do móbil, a súa app dos Xogos Tradicionais Galegos,

onde irán engadindo xogos. Na biblioteca xa podedes ler o seu libro

ou mercalo nas librerías da vila.

Así mesmo, podedes ver a súa web do Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego,

onde atoparedes unha morea de recursos para o xogo.

Agradecer aos autores/a e á AGXPT por semellante xornada!

Ogallá todas foran así e as crianzas recuperasen espazos e xogos.

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTOS - BIBLIOTECA CREATIVA #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Experimentando coa densidade e as burbullas de aire no xeo.

O alumnado de 6º segue os pasos do método

científico para chegar ás conclusións.


  

 

 

 

 

 

ANTÓN CORTIZAS NO CLUB DE LECTURAS - OBRADOIRO DE VERBAS E XOGOS #Clubsdelectura #EscribiraBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Despois da lectura do Merlo de Ferro e a Merla de Trapo

o alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con Libros"

gozou dun obradoiro con Antón Cortizas o autor de ámbolos dous libros

e dunha morea máis que temos na biblioteca. Antón,

é escritor, sabe xogar coa palabra pero tamén de xogo,

ese que se fai con bugallos, trozos de lata, papeis...

con calquera material que nos proporciona a

natureza ou é de refugallo. Así crearon chifres con sons,

fixeron paxaros en papiroflexia,unha curuxa con bugallos,

leron a poesía musicada "No mundo hai un país"

de Guadi Galego, xogaron coa palabra, fixeron O bico do galo... 

Temos que agradecer á Asociación Arce quen nos puxo en

contacto con Antón, o cal nos agasallou con verbas e xogos.

Gracias Antón Cortizas para facer medrar a nosa lingua!

 

 

 

 

 

 

 

ESTREA NAVEGANTES - ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Alicia Freire Vera e o alumnado voluntario da

Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" teñen o pracer

de convidarvos á estrea de Navegantes.

 

 

 

 

 

 

CICLO DAS LENTELLAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

Amparados no proxecto "Naturalmente, aprendendo!",

o alumnado de sexto puxo a xerminar sementes de lentellas.

Xa están os suficientemente grandes e as pasaron á horta.

Agora engaden titores para guiar ás plantas no seu crecemento.

 

 

 

 

 

GRAVACIÓNS FILME ALICIA FREIRE #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A semana pasada remataron as gravacións do filme que

Alicia Freire está realizando co alumnado voluntario da

biblioteca escolar. A rapazada está moi ilusionada coa rodaxe

e con moitas ganas de ver o producto final. Un traballo árduo

que Alicia Freire afronta día a día. Horas de gravacións, dedicación,

repasando cada unha das tomas, escollendo cada segundo, estabilizando imaxes,

cores, sons... de 53 navegantes. Non serán eles sós os protagonistas

tamén veremos adultos. Xa queda menos para a estrea, estade moi

pendentes ás próximas publicacións.

A Alicia Freire e ao seu Sherpa, Ares, gracias por tanto!

 

 

 

 

Distribuir contido