Skip to Content

Blogues

BÚSQUEDA DO TESOURO

BOS DÍAS NENOS E NENAS, XA ESTAMOS DE VOLTA E HOXE PROPOMOS FACER UNHA ACTIVIDADE PARA TRABALLAR A ATENCIÓN

 

UNHA BÚSQUEDA DO TESOURO

PARA LEVALO A CABO OS VOSOS PAIS DEBEN PREPARAR UNHAS PISTAS QUE TERÁN QUE AGACHAR POLA CASA.

PARA QUE SEXA UN POUQUIÑO MAIS DIVERTIDO PODEDES USAR ESTES CÓDIGOS SECRETOS QUE TEREDES QUE DESCIFRAR.

QUE TEÑADES SORTE COA BÚSQUEDA ¡¡¡ 

A PASALO MOI BEN¡¡¡

Variado con títeres!

Ola familias!

Quixeramos antes de nada felicitarvos unha vez máis a cada un de vós (nen@s, nais, pais, avoas, tíos, ....) polo incalculable esforzo que estades facendo cada día nas vosas casas...Moitos ánimos, forza e paciencia a tod@s !!

Que tal van as propostas de traballo que vos ofrecemos? (Proxectos de investigación, fichas, visualización das curtametraxes, experimentos, obras plásticas (Victor Nunes), maxia, recetas de cociña, plantación de sementes, ...)

Lembrade sacar fotos, gravar videos, facer lapbooks, presentar en powerpoint ou o que vós consideredes para poder visualizar todo o traballo que estades facendo.

 

A maiores, para estes días propoñémosvos estas cousiñas :

- http://contenidos.educarex.es/mci/2007/29/   Un parchis moi especial para poder practicar as regras ortográficas dun xeito divertido coa túa familia.

- https://www.mundoprimaria.com/lecturas-para-ninos-primaria/el-extrano-ornitorrinco   Unha lectura comprensiva sobre o ornitorrinco, cun xogo para comprobar a vosa atención (aparece con bastante publicidade na páxina web).

 

- A última actividade proposta sería crear un pequeno teatro de sombras para poder inventar imaxinativas historias e os seus personaxes :

https://alasombrita.com/2017/03/07/el-teatro-de-sombras-como-herramienta-educativa-en-la-escuela/

https://www.pequeocio.com/manualidades-ninos-teatro-sombras/

https://www.youtube.com/watch?v=_BCJ4fOVgLQ

 

Tamén podedes probar a contar as vosas historias facendo títeres con calcetíns se vos resulta máis cómodo ou ambas as dúas opcións.

Deixámosvos algúns exemplos para facelos :

https://www.youtube.com/watch?v=i5Q-JDjUItc

https://www.youtube.com/watch?v=1ko2e0eFlJA

https://www.youtube.com/watch?v=30R2DnzumqM

 

Intentade se non tedes todos os materiais, reciclar ou utilizar outros compoñentes parecidos que teñades por casa.

Despois, sería moi interesante que con eses personaxes, creárades unha pequena historia (improvisada ou non) e a gravarades con fotos ou videos.

Seguro que ides facer cousas superchulas!!

 

Seguimos en contacto familias!

Moitas apertas e bicos!!

FICHAS

Bo día!!

Pásovos unha ficha de números  e unha de comprensión lectora.

Biquiños!!

 

VISITA A UN MUSEO I

Moi boas, 

O museo The Getty Museum invítanos a facer unha visita virtual pola súa páxina e participar no seu reto: Recrear cadros de diferentes pintores.

Vós sabedes quen é Vermmer? E coñecedes o seu cadro "A XOVEN DA PERLA"?

Pois a familia de Raúl animouse a recrear este  cadro de Vemmer chamado "A xoven da perla" pero tamén  cadro é coñecido coma "A Monalisa holandesa".    

La joven de la perla - Wikipedia, la enciclopedia libre

Como vedes nós tamén temos unha "Xoven canguesa da perla", noraboa familia!!!

Animádevos a disfrutar coa arte, aquí podedes ver máis recreacións de outros cadros:

https://www.sadanduseless.com/recreated-art/

AS PLANTAS. LAPBOOK (LIBRO DESPLEGABLE)

OLA FAMILIAS.

 MÁNDOVOS ALGO DE TRABALLIÑO

 PARA FACER DE POUCO EN POUQUIÑO.

IMOS FACER UN LAPBOOK (UN LIBRO DESPLEGABLE) SOBRE AS PLANTAS (NA CLASE XA COMENZARAMOS A FACER UN SOBRE OS ANIMAIS).

 MÁNDOVOS INFORMACIÓN DE COMO SE CREA E PÁXINAS DE REFERENCIA. CALQUERA DÚBIDA, ME PREGUNTADES.

EMPEZASTES PLANTANDO UNHA SEMENTE E AGORA IMOS DESENROLAR O TRABALLO SOBRE A VIDA DUNHA PLANTA.

BICOS ENORMES, MOITO ÁNIMO QUE O ESTADES FACENDO MOI BEN!!!!

 

EASTER DECORATIONS

Hello, everyone!!! Ola a tod@s!!!

Here I am going to show us some of the Easter decorations made by your classmates. Thank you very much Manuel, Uxío and María Lagoa!!!

Aquí vouvos ensinar algunhas das manualidades de Pascua feitas polos vosos compañeiros. Moitas grazas Manuel, Uxío e María Lagoa!!!

 

 

 

QUEDAMOS NA CASA

OLA RAPACES

 

O PROMETIDO É DÉBEDA, AQUÍ TENDES O ENLACE PARA O VÍDEO

QUE MONTAMOS COAS FOTOS QUE ENVIASTES O NOSO CORREO.

 

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

 

ÁNIMO, XA QUEDA MENOS PARA ESTAR XUNTOS¡¡¡

PLANTA UNHAS SEMENTES

Ola amiguiños e amiguiñas!!!

Se tedes un tempiño, que vos apeteza adicarlle a plantar unhas sementes. Facede a proba!

Besiños!!

COMO PLANTAR 1 SEMENTE:

https://www.youtube.com/watch?v=EV6oQCPfnhw

 

ALLOS (vale con que fagades a proba con 2 ou 3)

https://www.youtube.com/watch?v=2c1b4eTF6CM

 

ENGLISH 5 e 6

     Bos días a tod@s!

     Tedes a vosa disposición o acceso dixital ao Class Book de "All about us" co que estamos a traballar 

na clase. Os pasos que tedes que seguir son moi sinxelos:

     1.- Rexistrádevos na páxina web ou na app de Blinklearning no seguinte enlace      https://www.blinklearning.com/home    

     2.- Introducide o código da vosa clase (fixádevos ben!):

                          

                            Código: CL78913891 .….. 5ºA

                            Código: CL66943194 …… 5ºB

                     Código: CL14446467 …… 6ºA

                     Código: CL72952542 …… 6ºB

 

    3.- Agardade a que eu vos dea a miña conformidade.

 

    Unha vez feito, ademais do Class Book, teredes tamén acceso a outros tres libros cun montón de actividades moi variadas.

Aconséllovos ler e escoitar o eReader durante estes días de vacacións.

    Espero que esteades todos ben de saúde e que xuntos, en familia, sexades capaces de levar esta encerrona do mellor 

xeito posible. Unha aperta enorme!

 

                                                                         

    

 

Distribuir contido



by Dr. Radut