Skip to Content

Educación Física

PROPOSTA FINAL de EDUCACIÓN FÍSICA

Ola, smiley

Estas últimas semanas non imos poñer novos contidos como propostas de traballo.

Soamente vos invitamos a repasar e repetir as que subimos ao longo destes últimos meses

Yoga para nenos/as, percusión corporal, Bailes, Zumba, Atletismo, Oca de Ed. Física,  Malabares, Xogos populares....

Gustaríanos rematar o curso doutro xeito, todos xuntos, pero non vai poder ser.

Pronto imos estar todos xuntos novamente.

Non vos esquezades!!! Para non perder o contacto, seguide mandándonos as vosas actividades físicas.

Moito ánimo neste treito final!!! cool

 

 

 

A qué estarán xogando estes nenos da foto?

PROPOSTA DE TRABALLO DO 1 AO 7 DE XUÑO: SCAPE ROOM

ESTA SEMANA NON TEDES EXCUSA QUE VALGA PARA FACER ALGUNHA DAS PROPOSTAS!

A ÚLTIMA É UN "SCAPE ROOM" DE EDUCACIÓN FÍSICA SOBRE OS XOGOS OLÍMPICOS!!

A VER QUEN O CONSEGUE SOLICITANDO POUCAS PISTAS E SUPERANDO TODAS AS PROBAS!!!

FAI CLIC NA IMAXE E QUE COMECE A DIVERSIÓN!!!!

(Despois de mirar os vídeos e realizar os retos, vai ata o final da páxina para avanzar)

 

PROPOSTA DE TRABALLO DO 1 AO 7 DE XUÑO: COREOGRAFÍA 5º E 6º

ESTAS SON AS COREOGRAFÍAS PARA OS MAIORES OU...

PARA TODOS/AS QUE VOS ATREVADES!!!

QUEREMOS QUE NOS ENVIEDES OS VOSOS VÍDEOS BAILANDO (10-15 SEGUNDOS)

AO NOSO CORREO OU AO DA VOSA TITORA.

 

Álvaro Soler: Sofía

 

Jonas Brothers: What a man gotta do

 

PROPOSTA DE TRABALLO DO 1 AO 7 DE XUÑO: COREOGRAFÍA DE 1º A 4º

SEGUIMOS CO BAILE!!!

XA QUE PARECE QUE VOS GUSTARON AS DA SEMANA PASADA...

NESTES DOUS PEQUENOS VÍDEOS DEIXÁMOSVOS UNHAS COREOGRAFÍAS TAMÉN MOI SINXELAS PARA OS MÁIS PEQUENOS (INFANTIL, 1º, 2º, 3º, 4º)

QUEREMOS QUE VOS ANIMEDES E NOS ENVIEDES ALGÚN PEQUENO VÍDEO (10/15 SEGUNDOS) AOS NOSOS CORREOS OU AO DA TITORA

 

 

 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA SEMANA DO 1 AO 7 DE XUÑO: MALABARES

PROPOSTA DE TRABALLO PARA SEMANA DO 1 AO 7 DE XUÑO: MALABARES

Bo día, unha semana máis (ou menos, depende como se mire wink),

Esta semana propoñémosvos MALABARES. Así descansamos un pouco dos deportes.

Durante o curso fixemos algunha cousiña relacionada con actividades circenses, como foron os zancos (de bote e os largos de pau), e algo de coordinación, (como saltar á corda, que podedes seguir practicando)enlightened, por exemplo.

Agora imos traballar un pouco coas mans.

IMPORTANTE PARA OS MALABARES, NON RENDIRSE e PRACTICAR MOITO (pero non todo o mesmo día, senón,  todos os días). Parécese un pouco a aprender a leer, ao principio costa moito e non sae, pero pouco a pouco vaise conseguindo.

Os videos desta vez son un pouco longos, pero merece a pena velos enteiros antes de comezar a traballar. Son dunha mestra de EF, e están moi ben.

Ánimo!!!

PRIMEIRO CON PANOS

Progresión con panos ou bolsas plásticas

Se non temos panos lixeiros, que caen lentamente, podemos utilizar bolsas plásticas do super

Nivel experto. Agora comenza o difícil, con tres bolsas. blush

 

SEGUNDO PELOTAS PEQUENAS

Pasamos a pelotas

Imos necesitar pelotas pequenas e un pouco pesadas. As de tenis poden servir, pero vannos quedar un pouco grandes. 

Déixovos un vídeo dunha manualidade de como facer unhas bolas de malabares con arroz e uns globos.

A progresión ou os pasos a seguir estarían nestes vídeos

A cousa complícase.

Nesta familia de distintas idades, están todos a traballar xuntos. yes

Nada máis, ánimo e a practicar!!

O longo desta semana subiremos as fotos é videos que nos ides enviando co voso traballo.

PARABÉNS A TODOS/AS POLO TRABALLO QUE ESTADES A FACER.!!

PROPOSTA DE TRABALLO DO 25 AO 31 DE MAIO: COREOGRAFÍA

Esta semana tamén temos proposta de: BAILE!!!

Animádevos con estas COREOGRAFÍAS.

Propoñemos unha máis sinxela  para os cursos ata 4º de primaria e outra para 5º e 6º.

Pero recomendamos intentar as dúas… E repetilas varias veces!!!

Xa veredes como a partir da terceira vez xa vos sae mellor!

A DIVERTIRSE MOVÉNDOSE CON RITMO!!!

1º/2º/3º/4º

 

5º/6º

 

 

PROPOSTA DE TRABALLO DO 25 AO 31 DE MAIO: ATLETISMO IV (LANZAMENTOS)

Atletismo IV (LANZAMENTOS)

Ola novamente, esta semana rematamos có Atletismo.

Imos ver pois a última disciplina que son os lanzamentos.

A modo de anécdota debedes saber que os lanzadores son os deportistas mais rápidos, pois deben facer que un obxecto alcance a máxima velocidade nun espazo moi pequeno e no menor tempo. Para facelo teñen que utilizar todos os músculos do seu corpo, pernas e brazos.

IMPORTANTE.- MEDIDAS DE SEGURIDADE

Antes de comezar hai que saber que si queremos practicar lanzamentos debemos facelo con seguridade, non queremos darlle a ninguén co obxecto que lancemos.

- Así que debemos escoller un lugar axeitado e seguro. Amplo e por onde non pase ninguén, nin tampouco onde podamos romper nada.

- A segunda medida é nunca poñerse diante do lanzador, ou na dirección do sentido de lanzamento. Sempre imos poñernos detrás.

- Nunca perder a visión sobre lanzador nin o obxecto lanzado.

- Ter claro que nos lanzamentos buscamos a maior distancia non a puntería.

- O artefacto para o lanzamento non terá punta. Utilizaremos basicamente balóns, ou pelotas de pequeno tamaño.

- Antes de empezar debemos saber cal é o noso brazo dominante. Con que extremidade lanzamos mais lonxe ou estamos mais cómodos para lanzar.

- Para que non exista descompensación entre extremidades, faremos os mesmos exercicios con ambos brazos.

 

Lanzamentos. Explicación xeral

 

 

PESO

Explicación e reglamento

Cómo facer un balón lastrado?

Para os lanzamentos de peso utilizaremos un balón lastrado.

PESO MÁXIMO DE 600 gr MEDIDOS CUNHA BÁSCULA, e para facer exercicios de asimilación non lanzamentos.

No seguinte vídeo podedes ver como facer un “balón medicinal” caseiro feito cunha pelota vella.

 

Execicios o peso.

 

XABALINA

Para este lanzamento imos utilizar pelotas de tenis.Non teñen porque estar lastradas (con area dentro).

O que buscamos é o xesto de lanzamento.

Para practicar a carreira, podemos utilizar un pau de escoba ou pica de madeira.

VORTEX

Para practicar xabalina con seguridade, podemos fabricar un vortex, que é un elemento que se utiliza para iniciarse neste lanzamento.

Exercicios

Antes podíase lanzar xabalina doutro xeito. O mellor lanzador e record mundial nese estilo era un español, Miguel de la Cuadra Salcedo. Se queredes investigar un pouco, buscade información sobre este estilo, que se prohibiu porque era moi perigoso.

 

DISCO

Tanto no disco como no martelo, os lanzamentos fanse dentro dunha “xaula” cunha rede de protección e con unha única zona de saída do artefacto. Dentro da xaula soamente pode estar o lanzador

Para estes lanzamentos necesitamos unha instalación apropiada. Así que non fagades lanzamentos, pero si podedes facer os exercicios de asimilación.

Para practicar podemos utilizar un disco de frisbee ou un prato de plástico duro.

MARTELO

Nesta proba ata fai poucos anos non podian participar as mulleres.

Animo!! Seguide a facer exercicio, e mandarnos as vosas actividades para que poidamos valoralas e subilas ao noso blog.

Saúdos.

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 18 AO 24 DE MAIO: XOGOS POPULARES

COMO O DOMINGO PASADO FOI O DÍA DAS LETRAS GALEGAS...

ESTA SEMANA, ADEMAIS DO EXERCICIO FÍSICO QUE REALICEDES COAS OUTRAS PROPOSTAS, QUEREMOS QUE FAGADES UN PEQUENO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE UN XOGO POPULAR QUE ELIXADES.

TEREDES QUE CUBRIR ESTA FICHA COS DATOS DALGÚN DOS XOGOS AOS QUE XOGABAN OS VOSOS PAIS/NAIS OU AVÓS/AVOAS.

FICHA: XOGOS POPULARES

NOME DO XOGO:

Nº DE XOGADORES:

TERREO DE XOGO:

MATERIAL EMPREGADO:

OBXECTIVO DO XOGO:

DESCRICIÓN DO XOGO:

VARIANTES (OUTROS XEITOS DE XOGAR):

DEBUXO:

 

DEIXOVOS AQUÍ ALGÚNS EXEMPLOS, PERO SEGURO QUE COA AXUDA DAS VOSAS FAMILIAS, DESCUBRIDES OUTROS XOGOS MOI INTERESANTES E DIVERTIDOS.

EXEMPLOS: A MARIQUITILLA, O PANO, OS PELOUROS, O BRILÉ, A PETANCA, AS CATRO ESQUINAS, A ESTORNELA

SE ADEMAIS PRACTICADES ALGO ESES XOGOS E ENVIADES UNHA FOTO AO MEU CORREO OU A ACHEGADES NA TAREFA DESTA SEMANA DA ÁREA DE EDUC. FÍSICA DA PLATAFORMA E-DIXGAL (5º E 6º)

 MISIÓN CUMPRIDA!!!        SEGURO QUE SE NOTA NA NOTA!!!wink

 

PROPOSTA DE TRABALLO SEMANA DO 18 AO 25 DE MAIO: ATLETISMO III (SALTOS)

ATLETISMO III (Saltos)

Saúdos novamente!

Nesta semana seguimos coa proposta de Atletismo, desta vez cambiamos para os saltos. Como é unha disciplina que para ser traballada con seguiridade require unha serie de material específico; imos a vela un pouco "polo aire".wink

Propostas:

- Así que as propostas de actividedes van a estar dirixidas ao traballo nun areal, o ideal sería facelo en calqueira das praias do Concello. cool. Vos animamos a que practiquedes saltos e caídas na area. Para o quecemento podedes repasar algúns dos xogos que fixemos de loita, (por exemplo, dar a volta a tortilla, pelexa de galos, duelo de lagartijas...)

- Outra das actividades desta semana é Matemática,crying. Non vos preocupades. Trátase de coller un metro e medir as lonxitudes dos records do mundo. Ides alucinar co que foron capaces de saltar estas superMulleres e superHomes.

Arrancamos!!!

SALTO DE LONXITUDE

 

Estes son uns poucos exercicios que podedes facer.

 

 

RECORD MUNDO

Collede un metro e marcade no chan estas lonxitudes.

É alucinante. Vos imaxinades como tiveron que "voar" para saltar estes metros?

Hombres   8,95 m       Mike Powell (1991)

Mujeres     7,52 m       Galina Chistiakova (1988)

Podedes calcular cantos anos pasaron dende que conseguiron estes records. Aínda ninguen foi capaz de superalos!!!!

 

TRIPLE SALTO

Unha das mellores saltadoras de triple do mundo é galega, chamase Ana Peleteiro. A semana pasada, co galo das Letras Galegas vos deixamos un video dela.

 

Aínda que está en italiano, soamente tedes que intentar facer algún destes exercicios.

 

Agora os records do mundo.

O pasillo de casa non chega para medir estas lonxitudes blush,  ides ter que sair a rúa.

Hombres   18,43 m     Jonathan Edwards (1995)

Mujeres     15,50 m    Inessa Kravets (1995)

Seguen a ser records do século pasado.

 

SALTO DE ALTURA

Non sempre se saltou de costas e nunha colchoneta. Antes o salto de altura facíase doutra forma, (tedes que investigar indecision, e buscar como saltaban antes)

Este sistema de saltar de costas, empezou a facelo un atleta chamado Dick Fosbury, e quedoulle o seu nome a este estilo. "Fosbury"

IMPORTANTE NA CASA NON PRACTICAR, PORQUE PODEMOS MARCARNOS.

 

Explicación de las fases do estilo Fosbury

Par facer salto de altura necesitaríamos moitos elementos para facer exercicios con seguridade.

Pero cun pouco de un pouco de imaxinación podemos traballar na casa (tede coidado)

Records do mundo

Para medir imos ter que utilizar unha parede e unha escaleira. Que barbaridad!!!

Hombres   2,45     Javier Sotomayor     (Salamanca, 1993)

Mujeres     2,09     Stefka Kostadinova  (1987)

Seguen a ser marcas de fai moitos anos.

 

SALTO CON PÉRTIGA ou GARROCHA.

Este salto no o imos traballar.

Soamente é para que saibades que existe. Se nunca vistedes unha competición de pértiga vos invito a que o fagades algunha vez. É expectacular. Parece increible que poidan alcanzar esas alturas.

Deixovos os tres mellores saltos masculinos de todos os tempos.

O último record do mundo foi superado poco antes del confinamiento en 2020. Son records de este século cheeky

O atleta sueco Armand Duplantis salta 6.17 metros e supera nun centrimetro a marca lograda polo francés Renaud Lavillenie en 2014.

 

O salto con pértiga femenino non existía ata fai poucos anos, empezouse a competir ao redor do ano 2000

Record mundo femenino

Yelena Isinbáyeva 5,06 (2009)heart

 

Animámosvos a seguir prácticando calqueira deporte e a facer exercicio. Seguide a facernos chegar as vosas fotos

Adiante campións!!!

SUPERATLETA GALEGA

ORGULLO GALEGO

Como estamos a tratar o Atletismo, e en Galicia temos a unha MULLER  das MELLORES atletas do MUNDO no triple salto, Campiona do mundo Sub-20, e actual Capiona de Europa en pista cuberta.

Se o mesturamos todo con esta semana na que imos celebrar as Letras Galegas, pois podemos ter algo tan bonito como isto.

Distribuir contido



by Dr. Radut