O FACHO
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
HOXE, 25 de novembro, conmemórase o Día Internacional da
eliminación da violencia contra as mulleres.
Dende o noso centro desenvolvemos accións de sensibilización e prevención co alumnado.
Por iso concenciamos dende idades temperás do que realmente é o AMOR e a NON VIOLENCIA.
O AMOR non son mentiras, celos, control, insultos, bágoas, manipulación, nin golpes.
O AMOR é sinceridade, liberdade, respecto, ledicia e confianza.
DÍ NON Á VIOLENCIA!
Aquí vos deixamos algúns recursos, para traballar na aula:
*Canción "CHEA VIDA" de Gaudi Galego:
https://www.youtube.com/watch?v=6K8imYXul4c
*Vídeo contra a Violencia de Xénero:
https://www.youtube.com/watch?v=cVsyqlZYbvE
*Genially con diversas actividades para distintos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria:
CORRELINGUA 20
#VinteCoaLingua
O correlingua fai 20 anos
Ao non poder saír as rúas en maio para celebralo. Neste mes de novembro podemos interactuar
por medio da rede e ser protagonistas dos streaming do correlingua. Podemos seguir o
correlingua e participar nas diferentes actividades dende o noso centro a través da rede.
Toda a festa, toda a troula e toda a lingua na seguinte ligazón:
https://youtu.be/FOKEpVQwLpI
ACTIVIDADES:
PONTEVEDRA | 18 de novembro 2020
12:00h CEIP de Xeve
Luís O Caruncho e Cuarta Xusta (gañador de Cantalingua)
https://youtu.be/d-PGBR5ye-4
O MORRAZO (MOAÑA) | 19 de novembro 2020
11:30h Centro sociocultural Daniel Castelao (Quintela)
Isabel Risco e A Gramola Gominola
https://youtu.be/Yzbpdkr1RhY
A MARIÑA (XOVE) | 20 de novembro 2020
13:00h CEIP Caselle Roldan
Paco Nogueiras
https://youtu.be/w1A4kxbQiQ0
POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO
"Polo San Martiño trompos ao camiño, polo San Antón trompos ao caixón"
Sabedes que significa este refrán?
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse
nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu
protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o trompo, peón, buxaina,
peonza...
Con este refrán e con este xogo tradicional damos inicio a celebración do
MAGOSTO
Aquí vos achegamos uns enlaces para trabllar o magosto de forma interactiva:
https://view.genial.ly/5fa180ba0752360ce286c5ca/presentation-contamos-no-magosto
https://view.genial.ly/5f88b95901a73210ef11699a/game-breakout-magosto
https://view.genial.ly/5e27094cab06d104232325e9/presentation-boom-do-magosto
https://view.genial.ly/5f82e5ddb925a10d68ce4cf0/game-breakout-magosto-2020-2021
PETISCOS DO NOSO SAMAÍN
Un ano máis festexamos o Samaín no noso centro, aínda que este curso dun xeito diferente
por mor das circunstancias especiais nas que nos atopamos.
Grazas a todo o alumando e mestres/as pola súa participación
Aquí vos deixamos un collage de fotos coas creacións monstruosas dos nenos/as de Nazaret.
CANCIÓNS DO SAMAÍN E DO MAGOSTO
Ola chavalada!
Achegámosvos un Genially con unha selección de cancións do Samaín e do Magosto.
Este magnífico recursos interactivo foi elaborado por Olga Abeixón, mestra do CEIP Pío XII.
A mover o esqueleto!
Apertas!
XOGOS : RICARDO CARVALHO CALERO e INTERDISCIPLINAR
Enviado por AnaG o Xov, 21/05/2020 - 18:53
Ola a tod@s:
Achegámosvos dous xogos moi amenos e instructivos elaborados por profesorado do
CEIP Ben-Cho-Shey, de Pereiro de Aguiar, de Ourense por se os queredes utilizar .
O primeiro Genially está dirixido a nenos e nenas de Ed. Primaria.
As actividades son un resumo da biografía de Ricardo Carvalho Calero e está feito por María José
Pato Fernández, mestra de Ed. Primaria.
https://view.genial.ly/5eb980e444b29c0d09298472/horizontal-infographic-timeline-genially-sin-titulo
O segundo son actividades interactivas e interdisciplinares que teñen como finalidade que
LETRAS GALEGAS 2020
Enviado por Susana o Sáb, 16/05/2020 - 23:08BOS DÍAS:
AQUÍ ESTÁ O TRABALLO DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL 5 ANOS PARA CELEBRAR
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020, ANIMÁMOSVOS A VELO.
Canto sabes do Día das Letras Galegas?
Enviado por Sonia o Sáb, 16/05/2020 - 10:13Letras Galegas
As profes de 5º de primaria creamos un Genialy con todo o que debedes saber sobre o Día das Letas Galegas.
Ao final hai un reto que nos propoñen unhas profes doutro cole.
Serás quen de conseguilo?
Entrade dando clic no enlace:
https://view.genial.ly/5ebd23994a81770d9df4b236/presentation-letras-galegas-2020
PREGUNTOIRO MUSICAL RICARDO CARBALHO CALERO
Enviado por AnaReli o Ven, 15/05/2020 - 20:40BOAS RAPAZADA:
Como xa sabesdes cada 17 de Maio celebrase en Galicia o Dia das Letras Galegas.
Este ano o autor homenaxeado é Ricardo Carballo Calero.
Para coñecer un pouco mais a este autor deixovos un video ou preguntoiro musical sobre él.
(premede na imaxe e veredes o video)
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
