ATURUXOS

A FESTA DOS MAIOS...

Aí vén o maio
de frores cuberto ...

Puxéronse á porta
cantándome os nenos.....

(Poema Curros Enríquez)

      Como di o poema chegarón os maios o noso cole, e o noso alumnado creou

verdadeiras obras de arte coas flores que recolleron coas súas familias.

       Aquí vos deixamos as súas creacións..

 

 

 

 

   Dende o equipo queremos dar as gracias a todos: nenos pola súa creatividade, familias 

pola axuda coas flores e compañeiros por seguir adiante coa nosa iniciativa.

 

 

Día de Rosalia de Castro

 

  En primaria  os nosos pequenos aturuxos decoraron as suas portas.....    

 


      

 

Celebrando a Rosalia

Benvidos de novo a una nova publicación dos Auturuxos da Lingua.....

A semana pasada celebramos no noso cole o dia de Rosalía de Castro,

unha das nosas grandes escritoras da cultura Galega.

 

Os mais pequenos deleitaronnos con estas obras de arte:

          Esperamos que vos gusten os seus traballos.

 

 

 

 

UN SAMAIN TE-RRO-RÍ-FI-CO

Boas Rapazada:

Este ano o Samaín do noso cole foi algo TE-RRO-RÍ-FI-CO; pos animástesvos a compartir conos os vosos medos.

Aquí vos deixamos unha selección deles.

 

os nenos de tres anos fixeron estes monstros que nos dan tanto medo

os nenos de cinco  anos contaronnos a que teñen eles medo.

 

 

Os nenos de segundo quixeron que o averiguramos a traves dos seus rostros.

Os nenos de terceiro  fixerono a traves  desta composicións tan chulas.

Esperamos que o pasarades moi ben nesta festa.

Os Aturuxos da Lingua.

SAMAÍN 2021: PREVIO

SAMAÍN 2021

Ante a próxima chegada do Samaín, retomamos un vídeo para achegarvos

ás orixes e características desta antiga celebración.

Fai clic na imaxe e mergúllate na maxia do Samaín!

AQUELA NENA DE SARRIA

AQUELA NENA DE SARRIA

 

O alumando do CEIP NAZARET asistirá esta semana a exposición:

AQUELA NENA DE SARRIA

 

 

Previamente dende as aulas traballouse a súa obra, a través de lecturas, tamén na  elaboración dun mural e na realización dunha liña do tempo coa súa cronoloxía.

Ao longo desta semana na biblioteca, estará exposta a exposición sobre a autora homenaxeada. Con esta mostra achegarémonos máis a vida da autora.

 

A exposición foi elaborada polo Colectivo Egeria co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Sarria e da Real Academia Galega para honrar a Xela Arias no ano en que esta última institución lle dedica o Día das Letras Galegas.

 

PASAPALABRA XELA ARIAS

PASAPALABRA XELA ARIAS

 

Con este Genially imos a comprobar o que aprendimos sobre Xela.

 

Moito ánimo!

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

 

Aquí tedes un vídeo sobre a vida e obra da autora homenaxeada

ACTIVIDADES ROSALÍA

 

blush ACTIVIDADES POLO DÍA DE ROSALÍA blush

 

Este ano para celebrar o día de Rosalía de Castro, decidimos traballar diversos poemas de

Follas Novas empregando distintas técnicas artísticas e a arte en xeral.

O traballo consistiu en recitar un poema e expresalo a través da arte.

 

Aquí vos deixámos uns petiscos das actividades realizadas polos nenos/as de Nazaret.

Recorda premer na ligazón!

 

https://view.genial.ly/604661f7ff2ab30da00dd047/presentation-rosalia-de-castro-24f

VIDEOCLIPS ROSALÍA DE CASTRO

                heart VIDEOCLIPS DE ROSALÍA DE CASTRO heart

 

Ana, a profe de música do CEIP Nazaret, amósanos esta magnífica selección de cancións

basadas en poemas de Rosalía de Castro.

Disfrutaos!

 

 

 

 

Distribuir contido