ATURUXOS

NOVAS

Prezadas/os compañeiras/os

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á nosa disposición unha

importante selección de materiais relacionados coas festividades destas datas e que

nos poden ser útiles nesta situación de confinamento.

Entre outros, destacan os relacionados coa celebración do Día do Libro

(videocreacións, booktrailers, booktubers…).

Témolos en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-

lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Dia_do_Libro/

https://www.cultura.gal/gl/aculturasegue

Neste mesmo espazo do Portal da Lingua tamén atoparemos unha gran variedade de

recursos educativos e lúdicos para divulgar a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero,

autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2020 (unidades didácticas, audiovisuais,

pasatempos, xogos…).

Mirade en: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

 

Outras iniciativas dinamizadoras nas que pode participar o alumnado dende a casa, mesmo coa

colaboración das súas familias: 

- Contádenos o voso Día das Letras: un certame convocado pola RAG para promover

entre os nenos e as nenas de infantil e primaria o desenvolvemento de actividades

sobre Carvalho Calero.

O prazo para envialas remata o 30 de xuño.

Bases en: http://primaveradasletras.gal/certame-contadenos-o-voso-dias-das-

letras/

Saúdos cordiais e moito ánimo para tod@s

XORNAL O FACHO

O FACHO

Nova entrega!

Esta semana os encargados do TEMPO foron os nenos e nenas de 5 anos B que ademáis do calendario decoraron cos elementos do clima que fixo durante a semana. Uns artistas!

A sección de NOVAS foi elaborada por 6ºA sobre temas como os resultados do Celta, o Coronavirus ou a migración de peixes polo quentamento do mar.

O alumnado de 3ºB encargouse das CURIOSIDADES sobre o balonmán, o coronavirus ou o primeiro partido de baloncesto.

Seguide así!

O FACHO

O FACHO

Nova entrega do noso xornal

Esta semana os encargados do TEMPO foron os nenos e nenas de 5 anos A que manteñennos ao tanto do tempo cada día.

A sección de NOVAS foi responsabilidade de 6ºA que adicaron a sección a falar sobre o pulmón verde de Cangas, o coronavirus ou o Asperger. Uns traballos moi interesantes!

As CURIOSIDADES foron elaboradas por 3ºA e adicáronllas enteiramente a Rosalía de Castro coincidindo co 24 de febreiro data de conmemoración da poeta.

Moi bo traballo seguide asi!

XORNAL O FACHO

  

Aquí está a Nova entrega do Facho, o noso xornal!.

Esta semana os encargados do TEMPO foron os nenos e nenas de 4 anos B que ademais de dicirnos se chove ou vai sol, fixeron un termómetro para contarnos que temperaturas tivemos estes días.

O apartado de NOVAS estivo adicado a aspectos da actualidade como a morte dunha exestrela de baloncesto, a publicación do libro dunha exalumna.... As alumnas e alumnos de 4º B traballaron moitísimo! Bo traballo!

O apartado de CURIOSIDADES que elaboraron os rapaces e rapazas de 5ºB adicouse á curiosidades sobre a tregua que se fixo durante a guerra para poder celebrar as olimpiadas, e tamén nos contaron cousiñas sobre valores relacionados coa paz.

Bo traballo a todas e todos!

 

XORNAL O FACHO

XORNAL O FACHO

Nova entrega do noso xornal.

Esta semana os encargados do TEMPO foron os alumnos os nenos e nenas de 4 anos A que tamén nos informaron do tempo empregando debuxos.

O apartado de NOVAS estivo adicado aspectos da actualidade como o filme "O que arde", o día de Rosalía de Castro ou os xogos olímpicos. As alumnas e alumnos de 2º A traballaron moitísimo! Bo traballo!

O apartado de CURIOSIDADES que elaboraron os rapaces e rapazas de 5ºA adicouse á curiosidades sobre os animais xa que atópanse en pleno estudo deles. Moi interesante ler como se comportan algúns.

Bo traballo a todas e todos!

XORNAL O FACHO

XORNAL O FACHO

 

Esta semana os encargados do TEMPO foron a aula de 5 anos B que decoraron cos elementos do tempo ca data de cada día.

O apartado de NOVAS non puido levarse a cabo. Estaremos espectantes á semana que vén.

As CURIOSIDADES correron a cargo do alumnado de 6ºB sobre os deportes olímpicos e paralímpicos.

 

Bo traballo! Seguide así!

Deportistas en Nazaret

OS NOSOS DEPORTISTAS

O mes de DECEMBRO estivo adicado á danza, ballet, ximnasia e similares.

Cantos e cantas participantes! Mesmo se colou algunha mestra!

 

Lembrade que febreiro será o mes adicado ós deportes de raqueta (tenis, pádel, tenis de mesa, bádminton).

 

 

Traede as vosas medallas, equipacións ou fotos para poder expoñelas no

taboleiro!

Xornal O Facho

XORNAL O FACHO

Semana 7 do xornal do cole

Xa levamos 7 semanas e somos xa uns profesionais.

Esta semana os encargados da sección do TEMPO foron os alumnos e alumnas de 5 anos A que de cada un dos 5 días da semana colocaron unha tabla co tempo coloreado.

A sección de NOVAS elaborada por 3ºA está adicada a novas sobre o inverno. Moi variadas e interesantes.

O alumnado de 6ºA adicou a súa seción de CURIOSIDADES a temas variados como o pelo dos osos polares, os fallos en Chernobyl ou os novos automóbiles.

 

BO TRABALLO E A POLA SEGUINTE SEMANA!

Xornal O Facho

XORNAL O FACHO

Nova entrega do noso xornal.

Esta semana os encargados da sección do TEMPO foron os alumnos e alumnas de 3 anos B que decoraron con refráns, follas e imaxes. Uns artistas!

Esta semana non contamos con sección NOVAS, pero para a semana que vén retomaremos o seu funcionamento.

O alumnado de 1ºB adicou a súa seción de CURIOSIDADES a súa visita ao Museo do mar de Vigo. Colocaron fotos e explicación de todo o que fixeron.

 

BO TRABALLO A TODAS E TODOS OS XORNALISTAS!

Xornal O Facho

Xornal O FACHO

5ª semana do noso xornal!

Os encargados da sección do TEMPO de esta semana foi a aula de 3anos A que ademais de indicarnos o tempo de todo o mes engadiron imaxes e ata un refrán! Menudos profesionais!

A sección de NOVAS correu a cargo da aula de 4ºA que centraronse na actualidade: deportes, violencia de xénero, contaminación, o submarino de Aldán... Temas do seu interese e sobre os que traballaron moito para elaborar esas cartulinas tan rechamantes.

As CURIOSIDADES de esta semana están centradas nos aspectos particulares dos deportes. A aula de 1ºA traballou moito esta semana para elaborar esas pequenas tarxetas informativas.

 

NORABOA REPORTEIRAS E REPORTEIROS!!

Distribuir contido