Skip to Content

blogue deSonia

MOVILízate por la selva

Boas!!

A aula de 6ºB participamos na campaña "MOVILízate por la selva" do Instituto Jane Goodall. Trátase dunha campaña de reciclaxe de móbiles para a protección dos ecosistemas africanos: recollida de fondos para axudar ós chimpancés do Centro de Rehabilitación de Tchimpounga (Congo), proxectos locais en centro escolares de nenos mutilados ou con necesiddes espaciais ou creación de postos de traballo, entre moitas outras accións.

Durante o mes de outubro levamos a cabo a recollida de teléfonos móbiles en desuso. O noso obxectivo era recoller polo menos 30 teléfonos xa que a fundación premiaríanos co apadrinamento dun primate durante un ano. Fainos moita ilusión poder axudar así que puxémonos a traballar:  estudamos ben as características da campaña, elaboramos carteis e explicámola por diferentes aulas e nas nosas casas.

As nosas familias, amigos e mestres colaboraron donando teléfonos e....

 

CONSEGUIMOS  31 MÓBILES!!!!!

 

Nos próximos días levaremos a cabo o apadriñamento oficialmente, estamos moi ilusionados!

 

Se vós tamén queredes colaborar, non é preciso recoller moitos teléfonos, un é suficiente!

Deixámosvos o enlace con toda a información :   https://mobilitzatperlaselva.org/es/como.html

 

 

Ruta por Cangas con afillados

O martes 3 de novembro o alumnado de 6ºB fixemos unha ruta por Cangas para coñecer o pasado da nosa vila.

Acompañáronnos os nosos afillados de 2ºA cos que pasamos un rato xenial.

 

Aprendemos un montón de cousas sobre como era a vida en Cangas no pasado: como vivían, como eran as súas casas e costumes. 

Tamén viaxamos a 1617 para coñecer como os e as canguesas defenderon a vila do ataque dos piratas e cales foron as consecuencias para algunhas mulleres como María Soliño.

 

Dámoslle as gracias a Óscar da Asociación Illa dos Ratos por as súas explicacións e chistes. Foi un rato moi divertido!

Canto sabes do Día das Letras Galegas?

Letras Galegas

 

As profes de 5º de primaria  creamos un Genialy con todo o que debedes saber sobre o Día das Letas Galegas.

Ao final hai un reto que nos propoñen unhas profes doutro cole.

 

Serás quen de conseguilo?

Entrade dando clic no enlace:

https://view.genial.ly/5ebd23994a81770d9df4b236/presentation-letras-galegas-2020

XORNAL O FACHO

O FACHO

Nova entrega!

Esta semana os encargados do TEMPO foron os nenos e nenas de 5 anos B que ademáis do calendario decoraron cos elementos do clima que fixo durante a semana. Uns artistas!

A sección de NOVAS foi elaborada por 6ºA sobre temas como os resultados do Celta, o Coronavirus ou a migración de peixes polo quentamento do mar.

O alumnado de 3ºB encargouse das CURIOSIDADES sobre o balonmán, o coronavirus ou o primeiro partido de baloncesto.

Seguide así!

O FACHO

O FACHO

Nova entrega do noso xornal

Esta semana os encargados do TEMPO foron os nenos e nenas de 5 anos A que manteñennos ao tanto do tempo cada día.

A sección de NOVAS foi responsabilidade de 6ºA que adicaron a sección a falar sobre o pulmón verde de Cangas, o coronavirus ou o Asperger. Uns traballos moi interesantes!

As CURIOSIDADES foron elaboradas por 3ºA e adicáronllas enteiramente a Rosalía de Castro coincidindo co 24 de febreiro data de conmemoración da poeta.

Moi bo traballo seguide asi!

XORNAL O FACHO

  

Aquí está a Nova entrega do Facho, o noso xornal!.

Esta semana os encargados do TEMPO foron os nenos e nenas de 4 anos B que ademais de dicirnos se chove ou vai sol, fixeron un termómetro para contarnos que temperaturas tivemos estes días.

O apartado de NOVAS estivo adicado a aspectos da actualidade como a morte dunha exestrela de baloncesto, a publicación do libro dunha exalumna.... As alumnas e alumnos de 4º B traballaron moitísimo! Bo traballo!

O apartado de CURIOSIDADES que elaboraron os rapaces e rapazas de 5ºB adicouse á curiosidades sobre a tregua que se fixo durante a guerra para poder celebrar as olimpiadas, e tamén nos contaron cousiñas sobre valores relacionados coa paz.

Bo traballo a todas e todos!

 

XORNAL O FACHO

XORNAL O FACHO

Nova entrega do noso xornal.

Esta semana os encargados do TEMPO foron os alumnos os nenos e nenas de 4 anos A que tamén nos informaron do tempo empregando debuxos.

O apartado de NOVAS estivo adicado aspectos da actualidade como o filme "O que arde", o día de Rosalía de Castro ou os xogos olímpicos. As alumnas e alumnos de 2º A traballaron moitísimo! Bo traballo!

O apartado de CURIOSIDADES que elaboraron os rapaces e rapazas de 5ºA adicouse á curiosidades sobre os animais xa que atópanse en pleno estudo deles. Moi interesante ler como se comportan algúns.

Bo traballo a todas e todos!

XORNAL O FACHO

XORNAL O FACHO

 

Esta semana os encargados do TEMPO foron a aula de 5 anos B que decoraron cos elementos do tempo ca data de cada día.

O apartado de NOVAS non puido levarse a cabo. Estaremos espectantes á semana que vén.

As CURIOSIDADES correron a cargo do alumnado de 6ºB sobre os deportes olímpicos e paralímpicos.

 

Bo traballo! Seguide así!

Deportistas en Nazaret

OS NOSOS DEPORTISTAS

O mes de DECEMBRO estivo adicado á danza, ballet, ximnasia e similares.

Cantos e cantas participantes! Mesmo se colou algunha mestra!

 

Lembrade que febreiro será o mes adicado ós deportes de raqueta (tenis, pádel, tenis de mesa, bádminton).

 

 

Traede as vosas medallas, equipacións ou fotos para poder expoñelas no

taboleiro!

Xornal O Facho

XORNAL O FACHO

Semana 7 do xornal do cole

Xa levamos 7 semanas e somos xa uns profesionais.

Esta semana os encargados da sección do TEMPO foron os alumnos e alumnas de 5 anos A que de cada un dos 5 días da semana colocaron unha tabla co tempo coloreado.

A sección de NOVAS elaborada por 3ºA está adicada a novas sobre o inverno. Moi variadas e interesantes.

O alumnado de 6ºA adicou a súa seción de CURIOSIDADES a temas variados como o pelo dos osos polares, os fallos en Chernobyl ou os novos automóbiles.

 

BO TRABALLO E A POLA SEGUINTE SEMANA!

Distribuir contido



by Dr. Radut