Skip to Content

Familias

FAMILIAS

PREME NAS IMAXES PARA IR AOS SEGUINTES APARTADOS

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025 (PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES)

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

 

AGARDÁMOSVOS

DO 1 AO 20 DE MARZO

 

ACCEDE A TODA A INFORMACIÓN QUE NECESITAS PREMENDO NESTA IMAXE

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025 (CONSIDERACIÓNS PREVIAS)

CUESTIÓNS A TER EN CONTA ANTE A PROXIMIDADE DO INICIO DO PERÍODO DE

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

 

  1. O alumnado que xa está actualmente no centro NON ten que facer ningún trámite para seguir matriculado con nós o vindeiro curso (paso de infantil a primaria tampouco).
  2. O prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITIDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO será do 1 ao 20 de marzo.
  3.  Este ano AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS SERÁN OS DÍAS 27 DE FEBREIRO E 5 DE MARZO (de 16 a 17 h). As familias interesadas en matricular aos seus fillos ou fillas no noso colexio poderán visitarnos e coñecernos mellor nestas datas.
  4. Desde hoxe, e durante o período de presentación de solicitudes, teremos publicada na nosa páxina web máis información sobre o funcionamento e as características do noso centro (ver tríptico).
  5. Ademais tentaremos contestar telefónicamente todas as vosas preguntas ou dúbidas durante o horario lectivo do colexio (de 9:00 a 14:00 h).

 

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO VÍDEO E UN TRÍPTICO INFORMATIVO DO CENTRO

(Preme nas imaxes) 

                     

HORARIOS E PORTAIS DE ENTRADA E SAÍDA (CURSO 2023-24)

ENTRADAS

Desde as 8:55 o alumnado poderá entrar no centro por calquera dos tres portais dispoñibles:

1.Portal Barrio de Nazaret     2.Portal Rúa Real     3.Portal Rúa Paz

Ao entrar no recinto, as nenas e nenos dirixiranse ás súas portas de acceso para subir ás aulas onde os agardarán as súas mestras e mestres:

- 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: Edificio vello, portas 2 e 3

- Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria: Edificio novo, patio cuberto.

Ás 9:05 pecharanse os tres portais e só se permitirá o acceso do alumnado polo portal do Barrio de Nazaret. Entrada atendida polo conserxe.

 

SAÍDAS

PORTAL DA RÚA REAL (SAÍDA DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA)

Ás 13:50 abrirase o portal para que entren as familias do alumnado de educación infantil e recollan aos seus fillos e fillas. Adultos, nenos e nenas sairán por este portal. Se alguén precisa recoller a un irmán maior agardará nesa zona para que cando chegue o/a neno/a poidan saír todos polo portal da Rúa Real.

Ás 14:00 entrarán as familias do alumnado de 1º e 2º de educación primaria para recoller aos seus fillos e fillas. Adultos, nenos e nenas sairán por ese portal. Se alguén precisa recoller a un irmán maior agardará nesa zona para que cando chegue o/a neno/a poidan saír todos polo portal da Rúa Real.

PORTAL DO BARRIO DE NAZARET (SAÍDA DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA)

Ás 14:00 abrirase este portal para que o profesorado entregue ás súas familias ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Lembrade que os nenos e nenas de 5º e 6º, se os seus país/nais o autorizan, poderán marcharse sós/soas polo portal que precisen.

PORTAL DA RÚA PAZ

Ás 14:00 abrirase este portal para que saian os nenos e nenas que van á Gardería Caracol. Ademais, o profesorado de garda entregará ás súas familias ao alumnado de varios cursos que conste anotado nun listado na secretaría do centro (interesados/as falade coas titoras).

 

RESERVA DE PLAZA NO NOSO CENTRO ADSCRITO

Solicitude de reserva de praza no

IES María Soliño

 

Aberto o prazo de solicitude de reserva: do 15 de xaneiro  ao 4 de febreiro de 2023.

As familias que queiran que os seus fillos/as cursen os estudos da ESO no centro adscrito IES María Soliño deben de cubrir e entregar asinado o formulario ED550A no CEIP Nazaret.

 

O formulario tamén estará dispoñible na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.

 

En galego:

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf

En castelán:

https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-C.pdf

 

Tamén se pode presentar en Sede Electrónica dispoñendo de Certificado dixital.

Entregar no CEIP Nazaret sempre e cando teñan intención de reservar praza no IES María Soliño.

O alumnado que queira solicitar praza en calquera outro centro de secundaria deberá presentar unha solicitude entre o 1 e o 20 de marzo no centro que escolla.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-23 (LISTAS DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO)

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO PARA O VINDEIRO CURSO.

 

PODEDES COMPROBAR A LISTAXE DE DOUS XEITOS:

PRESENCIALMENTE: NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO COLEXIO

(POR PROTECCIÓN DE DATOS NON SE PODE PUBLICAR NA WEB DO CENTRO).

TELEMATICAMENTE: NA APLICACIÓN ADMISIONALUMNADO EMPREGANDO A CHAVE 365 OU O CERTIFICADO DIXITAL

 

ADIANTAMOS QUE TODO O ALUMNADO QUE O SOLICITOU OBTIVO PLAZA NO NOSO CENTRO.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-23 (LISTAS PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO)

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO COLEXIO.

 

A consulta das listaxes provisionais polas familias só se poderá realizar de forma:

a) Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior

do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección

de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de

publicación.

b) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado

empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e

Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos

persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.

 

DE TODOS XEITOS, QUEREMOS COMUNICARVOS QUE TODOS/AS ALUMNOS/AS QUE SOLICITARON PRAZA NO NOSO CENTRO DISPORÁN DESA PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO.

A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA FARASE EN XUÑO.

Distribuir contido



by Dr. Radut