Skip to Content

HORARIOS E PORTAIS DE ENTRADA E SAÍDA (CURSO 2023-24)

ENTRADAS

Desde as 8:55 o alumnado poderá entrar no centro por calquera dos tres portais dispoñibles:

1.Portal Barrio de Nazaret     2.Portal Rúa Real     3.Portal Rúa Paz

Ao entrar no recinto, as nenas e nenos dirixiranse ás súas portas de acceso para subir ás aulas onde os agardarán as súas mestras e mestres:

- 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: Edificio vello, portas 2 e 3

- Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria: Edificio novo, patio cuberto.

Ás 9:05 pecharanse os tres portais e só se permitirá o acceso do alumnado polo portal do Barrio de Nazaret. Entrada atendida polo conserxe.

 

SAÍDAS

PORTAL DA RÚA REAL (SAÍDA DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA)

Ás 13:50 abrirase o portal para que entren as familias do alumnado de educación infantil e recollan aos seus fillos e fillas. Adultos, nenos e nenas sairán por este portal. Se alguén precisa recoller a un irmán maior agardará nesa zona para que cando chegue o/a neno/a poidan saír todos polo portal da Rúa Real.

Ás 14:00 entrarán as familias do alumnado de 1º e 2º de educación primaria para recoller aos seus fillos e fillas. Adultos, nenos e nenas sairán por ese portal. Se alguén precisa recoller a un irmán maior agardará nesa zona para que cando chegue o/a neno/a poidan saír todos polo portal da Rúa Real.

PORTAL DO BARRIO DE NAZARET (SAÍDA DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA)

Ás 14:00 abrirase este portal para que o profesorado entregue ás súas familias ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º. Lembrade que os nenos e nenas de 5º e 6º, se os seus país/nais o autorizan, poderán marcharse sós/soas polo portal que precisen.

PORTAL DA RÚA PAZ

Ás 14:00 abrirase este portal para que saian os nenos e nenas que van á Gardería Caracol. Ademais, o profesorado de garda entregará ás súas familias ao alumnado de varios cursos que conste anotado nun listado na secretaría do centro (interesados/as falade coas titoras).

 



story | by Dr. Radut